Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
30.07.2018
DATA: 4 a 15 de agosto LUGAR: PIRENEOS OCCIDENTAIS. SELVA DE OZA. VAL DE HECHO SAÍDA: Día 3 ás 12 da noite. REGRESO: Día 15 ás 21h aprox Podedes consultar as RUTAS PREVISTAS no pdf adxunto que esperamos que sexan so voso interés, ademáis tamén esperamos que teñades iniciativas individuais para aproveitar a zona facendo escalada, espeleoloxía, barrancos, ou calquera outra disciplina que sexa do voso gosto. Non esperes ao último día que xa quedan poucas prazas!!!
17.05.2018
DATAS: 17-20 de maio LUGAR: Posada de Valdeón SAÍDA: Xoves 17 maio ás 7:00 h desde Avda Camelias CHEGADA: domingo 20 maio ás 21:00 a Vigo Saída organizada pola sección de montaña que combina actividades de sendeiros, montaña e vías ferratas Dia 17 Xoves: Saída as 7:00 de Vigo (para chegar en torno ás 14:00 H) Via Ferrata (+/- 4h) Sendeiro: Cueva de Santibaña. Desnivel: 500 m. Duración +/- 5 h Día 18 Venres: Montaña: La Travesona de la Bermeja. Ascensión al Torre Bermeja. Desnivel: 1490 m. duración +/- 7,30 h. (Valle de Valdeón) Sendeiro: Posada de Valdeón-Vega de Llós. Desnivel: 660 m. Duración +/- 6h Nota: Tamén hai opción de facer a garganta do Cares. Día 19 Sábado: Montaña: Torre del Friero por Canal Cavida y Vía Normal. Desnivel 1150m. Duración: +/- 7.30h. (Valle de Valdeón) Sendeiro: circular desde Posada de Valdeón (Posada de Valdeón - Prada de Valdeón - Cabén de Remoña - Puerto de Pandetrave - Santa Marina de Valdeón - Prada de Valdeón - Posada de Valdeón). Desnivel: 650 m. Duración: +/- 7 h Dia 20 Domingo: Montaña/sendeiro: Puerto de Panderrueda - Pico Gildar – Puerto de panderrueda. Desnivel 440 m. Duración +/- 5h Volta a Vigo ás 14:00 (para chegar en torno ás 21:00 h) PREZOS: Aloxamento: albergue la Cuesta. 10 €/persoa. 3 noites 30 €/persoa O albergue non sirve comidas pero ten cociña e comedor. Tamén hai a posibilidade de almorzar e cear en cafeterias/bares de Posada de Valdeón. Bus: Socios: 75 € (65 € anotados e pagado antes do 30 de abril). Non socios: 85 € (75 € anotados e pagado antes do 30 abril) Para as ferratas é necesario utilizar casco, arnés e cinta disipadora dobre. No club pode reservarse casco e arnés, pero a cinta disipadora hai que alugala en Posada de Valdeón. Prezo 6 €. Tamén se pode alugar equipo completo (casco, arnés e disipador) por 18 €. Os que queiran alugar o material teñen que indicalo na folla de inscrición e facer o pago. Prazo de inscrición: 10 de maio Límite de prazas: 35
28.03.2018
DATAS: 28 marzo- 1 abril LUGAR: Sierra Nevada (Granada) SAÍDA: 27 marzo ás 23:00 desde Avda. das Camelias CHEGADA: 1 abril en torno ás 12:00 ACTIVIDADES 28 marzo (mércores): Actividade de sendeiro 29 marzo (xoves); Sendeiro de Vereda de la Estrella Inicio travesía polos cumios de Sierra Nevada (coincidindo o inicio cos do sendeiro), facendo o primeiro vivac na Lagoa das Moscas. 30 de marzo (venres) Sendeiro do Río Maitena Continuación travesía polos cumios de Serra Nevada: Lagoa da Mosca-Collado del Ciervo-Mulhacen-Refuxio de la Caldera. 31 marzo (sábado) Sendeiro de subida al Cerro de Los Machos Finalización travesía: Refuxio de la Caldera-Veleta-Hoya de la Mora Autobús de retorno a Vigo INSCRICIÓN E PAGO: • As persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro teñen desconto no prezo do bus e no bungalow, tendo que facer un pago de 80 € coa inscrición e o resto antes do 27 de febreiro. • As persoas que se inscriban despois do 24 de febreiro teñen que facer un primeiro pago de 90 € coa inscrición e o resto antes do 21 de marzo. PREZOS BUS: • Socios: 105 € (para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 95 €) • Non socios: 124 € (para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 114 €) ALOXAMENTO (Campíng las Lomas- Guejar de la Sierra): • Bungalow (equipados con cociña con menaxe, roupa de cama e baño): Prezo: 63 euros por persoa (3 noites só durmir). Para as persoas que se inscriban antes do 23 de febreiro o prezo é de 60 euros por persoa (3 noites só durmir) Equipados con Cuarto de estar-cociña, cociña con menaxe, frigorífico, microondas, roupa de cama, cuarto de baño con lavabo, w.c, prato de ducha, porche, auga quente, TV e calefacción. • Cámping Tenda ------------------------------------------- 4 € por noite Persoa ------------------------------------------ 7 € por persoa e noite Este cámping está situado en plena natureza a 1.200 metros de altitude, distando 15 km de Granada cidade e 27 km das pistas da estación de esquí de Sierra Nevada. NOTA: • Límite de prazas: 40 • Último día de inscrición: 21 de marzo. AQUELAS PERSOAS QUE QUEIRAN COLLER PRAZA NUN BUNGALOW DEBEN ANOTARSE E PAGAR ANTES DO 13 DE MARZO.
17.03.2018
DATAS: 17-18 marzo LUGAR: Peña Ubiña (León) SAÍDA: venres 16 de marzoa partir das 16:00 CHEGADA: domingo 18 de marzo en torno ás 21:00 Saída de montaña invernal na zona dos Ubiñas en León para a que é necesario ter licenza federativa que cubra actividades de montaña e ter experiencia na utilización de crampóns e piolet. Sairemos o venres pola tarde, empregando coches particulares, para durmir en Huergas de Babia. O sábado subiremos desde Torrebarrio ao Peña Ubiña e de alí dirixirémonos ao refuxio do Meicín, onde pasaremos noite. O refuxio serve cea e almorzo (Prezo: 15 € durmir, 15 € cea e 5 € almorzo). O domingo proseguiremos ruta para rematar en Torrebarrio, onde recolleremos os coches e inciaremos camiño de volta a casa. NOTA: Para o desprazamento organizaremos para que os participantes compartan coche. Número de prazas limitado a 12 persoas. É necesario contar con licenza ou seguro que cubra a actividade de montaña e experiencia no manexo de crampóns e piolet. Ao realizar a inscrición é necesario que digades se colledes cea e almorzo.
02.03.2018
DATA: 2 de marzo HORA: 20:30 LUGAR: local social Montañeiros Celtas Convocamos a todas as persoas que esten anotadas ou interesadas na actividade de semana Santa en Sierra Nevada a unha reunión informativa sobre as actividades a realizar e a organización do aloxamento. Animásvos a participar para poder organizar a actividade dunha maneira máis óptima.
28.12.2017
LUGAR: aparcamento área recreativa do Monte Galiñeiro HORA: 11:30 Un ano máis para comezar o ano montañeiro realizaremos a clásica ascensión ao Monte Galiñeiro para brindarmos por un novo ano. Anímate a participar!!!
05.12.2017
DATA: 8, 9 e 10 de decembro LUGAR: A Seara (O Caurel) SAÍDA: 8:00 H desde Avda. Camelias CHEGADA: 20:00 h O venres subiremos a Formigueiros, pasando pola lagoa de Lucenza. O sábado iremos ao Montouto. O domingo realizaremos o fermoso percorrido entre A Seara e Rugando, pasando polo Mazo e aa devesa do Cervo. En Rugando nos recollerá autobús de volta a Vigo. Máis información na oficina do Club. Non demores a inscrición para poder confirmar canto antes o autobús. Aloxarémonos no refuxio da Federación de Montaña en A Seara. Hai que levar saco de durmir. Animádevos a percorrer as belezas de outono no Caurel!!!
24.09.2017
DATA: 24 de setembro Con motivo do 75 aniversario do Club Montañeiros Celtas propoñémoslle aos socios e socias e aos amantes da montaña unha actividade na que faremos o que máis nos gusta facer: subir montañas. Ascenderemos 11 montes emblemáticos da nosa provincia, que suman máis de 8.000 metros de altitude, en ascensións simultáneas, facendo coincidir o momento de cumio entre as 13:00 e as 15:00 horas. Anótate a unha das seguintes propostas: A Groba (654m), Monte Galiñeiro (709 m), Chan do Rei (954 m), Faro de Avión (1.151 m), Outeiro Vello (1.055 m), Monte Seixo (1.014 m), Monte Paralaia (446 m), Monte San Benito (1.014 m), Peña de Francia (914 m) e Monte das Mámoas (764 m).
12.08.2017
DATAS: 12-20 agosto LUGAR: Bensaque (Huesca) SAÍDA: venres 11 de agosto ás 23:30 h REGRESO: domingo 20 de agosto ás 9:00 h (hora aproximada de chegada a Vigo) Celebrando os 75 anos de historia de Montañeiros Celtas, o Club está organizando un campamento de verán na zona de Benasque, aberto a todas aquelas persoas que queiran disfrutar da montaña no mes de agosto. Poderemos repetir a xesta dos primeiros socios do club, realizando a ascensión ao Aneto e facendo historia coma eles. Haberá sendeiros e montaña a rabear!! O aloxamento será nun albergue de Cerler, onde temos reservadas 30 prazas, no que nos ofertaron un prezo de media pensión (dormida, almorzo e cea) de 25 € por persoa e día. O albergue conta con máis servicios opcionais: aluguer de roupa de cama e preparación de picnic para as actividades diarias. Para o desprazamento a Pirineos empregaremos autobús. PREZOS: Autobús: 125 € socios, 163 € non socios Albergue: 25 € persoa e día, incluíndo (MP: aloxamento con literas en habitación múltiple, almorzo e cea) A QUE AGARDAS!! DATA LÍMITE: 26 DE XULLO
01.08.2017
DATAS: 1-12 agosto LUGAR: Alpes Berneses (SUIZA) XA NON QUEDAN PRAZAS!!! Viaxe en avión: Santiago-Zurich-Santiago. Vigo-Santiago-Vigo e Zurich-Grindelwald-Zurich en autobús Saída: 1 de agosto ás 8,45h dende o Club, para facturar en Lavacolla ás 10,05h. En Grindelwald sobre ás 16h. Regreso: 12 agosto, saída de Grindelwald a media mañán e chegada a Vigo sobre 20,30h. PREZO: Viaxe: socios con licencia polo Club: 325€, Socios con licencia por outro Club 340€ (inclúe desprazamento Vigo-Santiago-Zurich-Grindelwald-Vigo) Aloxamento: Albergue Mountain Hostel e Camping Eigernordwand (distantes entre si 900m aprox) Albergue: Reservados cuartos de 4 e de 6 persoas. Prezo estancia: 434€/persoa (Está incluído o almorzo. Hai que sumar 42€ de imposto municipal por adulto estancia completa). O albergue dispón de lugar e menaxe (tarteiras, …) para cociñar. Máis información no documento adxunto
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net