Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
03.08.2012
PIRINEOS 2012 Val de Tena – Sallent de Gállego – Aragón Este ano eleximos o Val do Tena , cabeceira do rio Gállego, no norte de Huesca. No seu entorno situánse os tres miles máis occidentales do Pirineo. Somentes neste sector existen 18 tres miles, 11 principales e 7 secundarios, . así como numerosas concas lacustres de orixen glaciar , entre as que destacan os ibóns ( lagos) de Arriel, Respomuso, Bachimaña, ibóns Azuis e Bramatuero. Ascenderemos os principais cumios do sector : Anayet, Vértice do Anayet, Argualas, Algas, Picos do Inferno , Gran Facha, etc. e bordearemos e intentaremos , según condicións e horarios , a ascensión os míticos Midi D´Ossau e Balaïtus . Saída: día 3 de agosto as 24 horas dende avda. Camelias fronte o club,(carga de autobús as 23.30 h.) Regreso : día 11 de agosto, con saída entorno as 8 da mañán para chegar a Vigo entorno as 21 horas, aproximadamente. Precio do autobús: Aloxamento: Camping Escarra – Escarrilla -Sallent de Gállego – Huesca. Precio aloxamento: 6 € persoa / noite e 6 € tenda/noite. Precio bungalow (completo) : 142,56 para 6 persoas e 120,96 €. para catro persoas. O camping dispón de hotel, restaurante-cafetería, supermercado, piscina e zona de cociña . O camping sitúase a escasos metros do pobo de Escarrilla no que existen todo tipo de servicios . Precio de autobús: · SI TE ANOTAS ANTES DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE: SOCIOS: 137€ NON SOCIOS: 168€ · SI TE ANOTAS DESPOIS DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE: SOCIOS: 151€ NON SOCIOS: 185€ INFOMACION TURÍSTICA: www.valledetena.com www. campingescarra.com. CARTOGRAFIA: EDITORIAL ALPINA – SERIE E-25 : MAPAS (2) : VALLE DE CANFRANC E PANTICOSA-FORMIGAL. PROGRAMA PROVISIONAL : Sábado , día 4 de agosto : chegada ó camping entorno o medio dia , montaxe de campamento e tempo libre. Nas proximidades do camping pódese realizar actividade de descenso de barrancos, paseo ata o embalse de Lanuza , pantano de Escarra o agradable ascensión a Punta del Cantero. Domingo: día 5 de agosto. ANAYET E VERTICE DO ANAYET. Saída bus: 8 da mañán. SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús ata a estación de esquí de Formigal. Partindo do coñecido como Corral de las Mulas (1,627m.) , dirixirémonos seguindo a traza do GR-11 ata ó aparcamento de “Anayet” , iniciando a continuación a subida polo barranco de Culibillas ata os Llanos e Ibóns de Anayet (2.227 m). MONTAÑA: Dende os Ibóns de Anayet continuaremos a ascensión ata o collado e do Pico de Anayet (2.574 m) , que presenta trepada fácil (IIº) . Baixando de novo o collado continuaremos con ascensión ó Vértice de Anayet ( Pico El Garmo) ( 2.555 m) . Dende eiqui prolongaremos a saída en travesía ata Pico de Las Arroyetas (2.557 m) e regreso a estación de Formigal. Lúns: día 6 de agosto . Saída bus: 8 da mañán. Autobús ata Balneario de Panticosa. SENDEIROS: Saída dende Baños de Panticosa , refuxio da Casa de Pedra (1,636 m). seguindo o GR-11, subiremos polo “ Cuesta del Fraile” ata os embalses de Bachimaña ( 2,200 m ) , continuando ata os “Ibones Azules” (2,450 m). Descenso a Baños de Panticosa. MONTAÑA: Continuación en ascensión ata collado do Inferno ( 2,721 m) e ascensión os “Picos del Infierno” ( 3,083 m). ( pasos de IIº con importante caída). Descenso a Panticosa. Martes: día 7 de agosto. Saída bus : 8 da mañán. Autobús ata puerto de El Portalet e aparcamento de Araille – Val d´Anéou ( Francia). SENDEIROS E MONTAÑA: 1ª opción: Ascensión polo col de Soum de Pombie ata lago e refuxio de Pombie. 2ª opción: continuación e realización do “Tour du Midi” ( volta circular) , pasando polo col e lago de Peyreget , bosque de Arazures, val e lago de Bious Artigues, subida al col Long de Magnabaigt, pla de Quebe, col de Suzón, e refuxio de Pombie, para regresar o aparcamento. 3ª opción: Ascensión o Midi d´Ossau. Realízase con escalada por placas e chimeneas ( IIº e IIIª) ( só para expertos autónomos en ascensións de alta montaña con escalada). Mercores: 8 de agosto Saída bus: 8 de mañán. Autobús ata o embalse de La Sarra ( Sallent de Gállego) SENDEIROS E MONTAÑA: Embalse de la Sarra (1,500 m) – tomaremos o sendeiro GR-11 seguindo polo rio de Aguas Limpias, Paso del Onso – Llano Cheto ata o embalse e refuxio de Respomuso (2,200 m). MONTAÑA: Continuaremos polo Ibón de Campoplano, e seguiremos con forte subida o barranco de Campoplano ata o collado de la Facha ( 2,664 m), dende eiqui ascensión por forte pedrera a Punta Lagardére e Gran Facha ( 3,005 m.). ( ascensión fácil). (Queda en estudio a posibilidade de intentar a ascensión o Balaïtus ( 3,144m), dadas as suas características horarias e de dificultade) Xoves: 9 de agosto. Saída bus: 8 da mañán. Autobús a Baños de Panticosa SENDEIROS: Saíndo de Baños de Panticosa ( 1,636 m) , tomaremos o sendeiro GR-11( dirección Val de Ara), ascensión a Ibones del Brazato, prolongación ata Pico de los Batanes(2,894 m) , Pico Bacias ( 2,760 m.) ou Picos del Brazato (2,701m). MONTAÑA: Saíndo de Baños de Panticosa ascensión polas Mallatas ata Picos de Las Argualas ( 3,046 m) e Garmo Negro ( 3,066 m). Vernes: 10 de agosto Saída bus: 8 da mañán. SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús a embalse de La Sarra, GR-11 ( Aguas Limpias)- Paso del Onso y Pico de Arriel ( 2,822 m) ou alternativa con continuación ata Paso del Pino – Embalses de Arriel , Cuello de Arrémoulit, continuando a Lgos e refuxio d´Arremoulit ( Francia) con descenso a parquink e Caillou de Soques. Debe lembrarse que tóda-las actividades de sendeiros e montaña, son especialmente exixentes debido os fortes desniveis a salvar en cada xornada así como pola dureza salvaxe do terreo , polo que é imprescindible un adecuado estado de forma física. As persoas que carezcan do adecuado estado de forma, características físicas , simple apetencia ou limitar as saidas a un determinado punto ou horario, deberán asumir que realizarán o regreso o punto de inicio da saída polos seus propios medios sen acompañamento organizativo. Recomendable: licencia federativa actualizada en montaña. No relativo a equipo e vestimenta deberá preveerse a posibilidade de mal tempo, choiva e frio, habitual nestas montañas, así como a posibilidade de tormentas , especialmente a hora de levar un adecuado equipo de acampada. Igualmente deberá preveerse un adecuado equipo de protección contra o calor e sol así como sistema de hidratación. Existe a posibilidade de aprovisionarse no camping e pobo, e cada ún deberá proveerse da comida de “ataque” necesaria para viaxes e diferentes xornadas. DADAS AS DIFICULTADES QUE NON PON A DIRECCION DE CAMPING, QUE ESTE ANO NON NOS GARANTIZA UN MINIMO DE ESPACIO , FAISE IMPRESCINDIBLE COORDINAR E AGLUTINAR Ó MAXIMO O NUMERO DE PERSOAS A DORMIR POR TENDA, PREFERIBLEMENTE AGRUPADOS EN 2/3 PERSOAS, ESTANDO CONDICIONADOS A UN MÁXIMO DE 15 TENDAS. IGUALMENTE FAISE NECESARIO DEIXAR O MÁXIMO DE COMODIDADES EN CASA. IMPRESCINDIBLE FACER UNA PREINSCRIPCION VERBAL NO CLUB DE CARA A PODER COORDINAR A TOTALIDADE DE ASPECTOS DA SAIDA ( RESERVA DE CAMPING E AUTOBÚS ) E UNHA INSCRIPCION DEFINITIVA E PAGO EFECTIVO DO IMPORTE DO BUS-CAMPING E BUNGALOWS ENTORNO O 15 DE XULLO. DADAS AS DIFICULTADES QUE NOS PON O CAMPING SI ALGUEN VAI REALIZAR A SAIDA CON VEHÍCULO PROPIO DEBERÁ REALIZAR A SUA RESERVA DE PLAZA NO CAMPING O MARXEN DA ORGANIZACIÓN.
07.07.2012
Saldremos a las 11 desde el club. · Sábado pola tarde temos varias opcións: podedes disfrutar da praia o ir visitar o hórreo de Carnota o tamén hai un pequeno recorrido circular de 4 horas saindo do porto de Quilmás e pasando por Caldebarcos e volta a Porto Quilmás. De aquí voltaremos a Carnota e dormiremos no polideportivo de Carnota (en principio cedido polo ayuntamento) · Domingo: Faremos O Pindo – Ézaro un percorrido circular de dificultade moderada onde veremos veremos a caída da cascada Xallas e de ahí voltaremos a Carnota SE PAGAS ANTES DO 2 DE XULLO O PREZO É: SOCIOS: 19,5€ NON SOCIOS: 29€ SE PAGAS DESPOIS DO 2 DE XULLO O PREZO É: SOCIOS: 21,5€ NON SOCIOS: 32€
17.05.2012
·HORA SAÍDA: MÉRCORES 16 DE MAIO AS 23:00 DENDE CELTAS ·ALOXAMENTO NO REFUXIO VEGA DE ENOL ·O REFUXIO TEN UNICAMENTE 20 PRAZAS DE LITERA QUE SERÁN ASIGNADAS POR ORDEN DE INSCRIPCIÓN, OS RESTANTES OS UBICARAN PARA DORMIR NO SUELO O EN TENDAS ·O PREZO INCLUE BUS + ALBERGUE + CEAS + DESAYUNOS PROGRAMA PREVISTO: Xoves 17 de Maio Actividade: Refuxio dos Pastores, Vegarredonda, Las Barrastrosas, H.ou Santu e regreso polo mesmo camiño. Vernes 18 de Maio Actividade: Dende o refuxio, El Bricial, Vega de Ariu, Picu H.ultayu, Verdilluenga, Conh.utrau, Resecu, Refugio de los Pastores. Sábado 19 de Maio Actividade: Dende o refuxio irase Lago Enol y Ercina, Belbín, Camplengu, Picu H.ascal (regreso polo mesmo camiño) Domingo 20 de Maio, despois do almorzo regreso e chegada a Vigo sobre ás 8 horas Ademais pode haber unha alternativa de: Travesía de 3 días, As persoas que fagan travesía será de forma autonoma. Día 1: Refuxo dos Pastores, Vegarredonda, Las Barrastrosas, H.ou Santu (dormida). Día 2: Caín (aprovisionamiento), Senda del Cares, Culiembru, Ostón (dormida). Día 3: Vega Maor, Picu H.ascal, Camplengu (dormida). Día 4: Belbín, Enol. Alpinismo invernal 2. Refugio de los Pastores, Vegarredonda: Torre del Torco/Peña Santa/Corredor del Marqués… ASPECTOS A TER EN CONTA: 1. Picos é un macizo de alta montaña donde orientarse é o principal problema. Con brétema, un GPS bien usado é o único que te pode salvar de non liala moito. La Editorial Adrados ten un bo mapa do macizo Occidental. 2. En maio pode haber neve e xeo (nas partes máis altas). Perigo de caer en buratos ou despeñarse por salirse dos camiños o sufrir aludes!!! PREZOS: ATA O 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:125€ NON SOCIOS FEDERADOS: 156,2€ NON SOCIOS: 187,5€ A PARTIR DO 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:137€ NON SOCIOS FEDERADOS: 171,8€ NON SOCIOS: 206,2€ OS QUE NON TEÑAN PRAZA EN LITERAS: ATA O 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:110€ NON SOCIOS FEDERADOS: 137,5€ NON SOCIOS: 165€ A PARTIR DO 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:121€ NON SOCIOS FEDERADOS: 151,2€ NON SOCIOS: 181,5€ OS QUE FAGAN TRAVESÍA: ATA O 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:70€ NON SOCIOS FEDERADOS: 87,5€ NON SOCIOS: 105€ A PARTIR DO 10 DE MAIO O PREZO É: SOCIOS:77€ NON SOCIOS FEDERADOS: 96,2€ NON SOCIOS: 115,5€ O ÚLTIMO DÍA PARA ANOTARSE É O 15 DE MAIO
05.04.2012
Aloxamento e pernoctas : en réximen de media pensión na Residencia “ El Arbejal” en Cervera de Pisuerga – Palencia. Precio ½ pensión : 18 €/dia x 3 = 54 €. Desplazamento en autobús: precio: SOCIOS 70€. NON SOCIOS FEDERADOS 87€ NON SOCIOS: 100€ PROGRAMA: Saída, día 5 de abril ( xoves) as 7,30 h. da mañán ( con puntualidade) da avda. das Camelias, frente o club. ( carga do autobús as 7,15 h) . Itinerario: Vigo, León, Osorno, Aguilar de Campoo. Actividade: Percorrido senderista para todos. Inicio no pobo de Mave, percorrendo “La fábrica”, antigua fábrica de fariñas propulsada por agua, canón de “ La Horadada”, e visita ó monumento xeolóxico de “Las Tuerces” para finalizar en Villaescusa de las Torres , onde nos recollerá o autobús para continuar viaxe ata “El Arbejal”. Para a realización desta actividade é necesario ter prevista de casa vestimenta adecuada de senderismo e pequena mochila coa comida do día. Dia, 6 de abril ( vernes). Almorzo e saída en función do servicio . ( hora ideal 8,30 ). Desprazamento en autobús ata Triollo e Vidrieros. MONTAÑA: Ascensión polo “Callejo Grande “ o pico Curavacas. (2.520 m). Ascensión de dificultade media alta, que sólo se permitirá a persoas federadas en montaña con experiencia e autosuficiencia en uso de piolet e crampóns en pendientes de neve dura – xeo – ata 45º. SENDEIROS: Percorrido senderista que partindo do pobo de Vidrieros, disrurre paralelo o rio Carrión bordeando a gran montaña do Curavacas ata a vertente norte, intentando chegar ata o Pozo Curavacas. Dificultade media-baixa. Lonxitude percorrer a gusto dos participantes cunha lonxitude máxima de ida de 15 km. Regreso polo mesmo camiño ata o pobo de Vidrieros. Dia, 7 de abril ( sábado). Almorzo e saída en función do servicio. Desprazamento en autobús ata Cardaño de Abaixo. MONTAÑA: Ascensión polo “ Corredor noroeste” ó pico Espigüete (2.450 m.) Ascensión de dificultade media-alta, ( federados e expertos). SENDEIROS: Percorrido senderista que partindo do aparcamento de Cardaño de Abaixo, pasa por Cardaño de Arriba ata ó Alto e Laguna de las Lomas, baixo o Pico de las Lomas- Alto de Fuentes Carrionas. Dificultade : media. Lonxitude : 10 Km. Tempo ida : aprox. 4 h. Dia 8 de abril ( domingo). A determinar en función de diversos factores a resolver pola Organización. MONTAÑA: Ascensión ó Píco Murcia. (2.341 m). SENDEIROS: Arroyo Mazobres – Sima del Anillo. A alternativa a esta actividade sería a visita conxunta a Espacio natural de Covalagua no termo municipal de Pomar de Valdivia ( Aguilar de Campoo) e visita según posibilidades de admisión a “La Cueva de los Franceses”. Regreso a Vigo.
11.02.2012
Datas: 11-12 de febrero 2.012 Zona: Macizo de Trevinca – vertiente zamorana. Saida, o dia 11 de febrero, sábado, as 7,30 da mañán con puntualidade (carga e embarque as 7,15 h.) da avda. das Camelias fronte o club. Itinerario por carretera ata San Martín de Castañeda – Sanabria. Pernocta do refuxio San Bernardo ( agrupación deportiva zamorana). PROGRAMA: Existen tres opcións: 1ª opción: con pernocta no refuxio. Sábado: sairemos do parking, existente na lagoa “de los Peces” ((*) sempre e cando o autobús chegue ata alí polas condicións da carretera, neve ou xeo.), pasaremos pola lagoa de Cubillas dirixindo os nosos pasos ata a zona alta de La Plana, pasando polas proximidades do cumio coñecido como Riopedro ( 2.000 m), para intentar chegar ata o cumio do Picón ( 2.076m.) regresando dende aquí ata a lagoa “ de los Peces” e refuxio.(*) Domingo: sairemos (*) do parking da lagoa “ de los Peces”, dirixindo os nosos pasos ata as proximidades da lagoa Ventosa e a continuación ata a presa de Vega de Conde. Dende aquí as lagoas de Lacillo e Moncalvos ( 2.044m.) con regreso polo mesmo camino. Imprescindible equipamento de abrigo invernal e recomendable raquetas , crampóns ,en caso de neve. 2ª opción : travesía. Igual percorrido que a opción 1 ata os cumio do Picón, dirixindonos a continuación ata Portilla de Morena Cavada, para pernoctar no circo formado entre os Altos do Valle e Trevincas. Posibilidade de realizar ascensió ó Trevinca Norte e Peñas Negras. Pola mañán continuación da travesía con ascensión ó Trevinca Sur ( 2.124 m.), Alto de Xurbial ( 2.051m) e Piatorta ( 2.024m)., posibilidade de continuar ata Moncalvo e descender polas lagoas de Lacillo ou realizando descenso ata a presa de Vega de Conde, Lagoa Ventosa e parkin de lagoa “de los Peces”. Imprescindible equipo de abrigo e pernocta invernal. Raquetas e crampóns. 3ª opción: excursións autónomas dende o refuxio. Visita ou paseos polas proximidades do refuxio, visitando a lagoa de “Los Peces”, camino de la cueva, Piedra Fincada, San Martín de Castañeda, etc. Importante equipamento de abrigo invernal. PRECIO AUTOBÚS: 25 €. PRECIO REFUXIO: 12 €.
15.01.2012
Sairemos en autobús de Vitrasa ás 9:20h fronte ao pabillón de deportes das Travesas. Dende A Garrida achegarémonos ata Santa María de Vincios e subiremos ao Galiñeiro pola falda Oeste. De camiño visitaremos o petroglifo de Auga da Laxe, e á Muralla Ciclópea do Galiñeiro. Visitaremos o cumio e faremos unha travesía pola súa cresta pasando polo vértice Xeodésico ata Loma de Zorros. Dende aquí, voltaremos ao Coto de Mediodía, Zamáns e Garrida voltando a Vigo en Vitrasa.
10.12.2011
FIN DE SEMANA NO PARQUE BAIXA LIMIA- SERRA DO XURÉS DÍAS 10-11 DE DECEMBRO Saída o sábado ás 7.30 horas de mañá, Sairemos dirección Muiños para coller o sendeiro que, desde a Rectoral de Muiños ascende por bosque ata chegar á Ermida de Clamadoira. Continuaremos por unha zona de monte baixo ata Prado, onde seguiremos pola beira esquerda do río Salas ata chegar ao torrente de Salgueiro , que seguiremos ata o aldea que leva o mesmo nome. Salgueiro foi abandonado a principios do s.XX, sendo mercado pola Xunta de Galicia que ten a idea de restáuralo. Dende Salgueiro continuaremos ata o refuxio que a FGM ten en Alvite. O domingo faremos un sendeiro que desde os Miliarios de Ponte Nova, cerca de Lobios, nos levará a camiñar por unha parte da antigua calzada romana que unía Braga con Astorga. Este camiño únese logo ao sendeiro que sigue á corga da Fecha que seguiremos río arriba, vendo pozas de augas cristalinas, fervenzas… Este último tramo será de ida e volta. Quen non queira facer a subida pola corga da Fecha pode continuar ata as termas ata que chegue o resto do grupo. Non esquezades o bañador. Debedes levar o imprescindible para durmir no refuxio e para facer cea almorzo e cea. O sábado debedes levar preparada a mochila de ataque e outra mochila, co necesario paradurmir e para facer cea e almorzó que deixaredes no autobús e que a organización seencargará de levar ao Refuxio, onde o encontraredes unha vez finalice a actividade Saída apta para todos. Montaña e Sendeiros. Saída o 10 de decembro as 7.30 horas dende Celtas Pararemos a almorzar en Bande, máis ou menos. Tedes que levar unha mochila de ataque e deixar o resto no bús, e a organización encargarase de trasladar todo ao refuxio.É necesario levar saco, cocinilla, e comida para todos os días, (cea sabado, almorzo domingo e comida do domingo)quen queira ir ás termas, levar bañador, toalla, chanclas....etc Animádevos e contamos con vós.
04.11.2011
SAÍDA: Venres día 4 ás 21:00h de Avenida das Camelias (fronte ó clube): Desprazarémonos en autobús, para chegar ao refuxio-albergue do Club Ancares sobre as 02:00 da madrugada. PROGRAMA SENDEIROS: -Sábado 5: Almorzo ás 08:00 para saír sobre as 09:00. Saída cara á Cabana Vella / Pena Rubia / Tres Bispos -Domingo 6: Almorzo ás 08:00 para saír sobre as 09:00. Saída a Piornedo / Mostellar PROGRAMA TRAVESÍA: -Sábado 5: Almorzo ás 08:00 para saír sobre as 09:00. Saída cara ó Tres Bispos / Penedois / Lanzas -Domingo 6: continuación da travesía cara ó Mostellar / Piornedo Regreso a Vigo. PREZOS: -Autobús: 27€ socios, 34 non socios federados, 40€ non socios. -Literas: Federados 5€ Non federados 8€ -Cea : 10€ -Almorzo: 3€ FEDERADOS SOCIOS SENDEIROS: 53€ (bus, 2 noches litera, 2 desayunos e cea) TRAVESÍA: 35€ (bus, 1 noche litera, 1 desayuno) PÁXINAS WEB DE INTERESE: www.albergueancares.com www.ancares.info/web/ www.galinor.es
29.07.2011
Salida 29 de Julio desde el club a las 00:00 horas Regreso: 6 de Agosto al mismo sitio. ZURIZA – VALLES DE ANSÓ Y HECHO ZURIZA – VALLES DE ANSÓ Y ECHO - PROGRAMA E DESCRIPCIONS - Este Pirineo ten unha natureza atractiva e exhuberante e está cuberto por importantes masas arbóreas, denominadas “selvas” entre as que sobresáe o bosque Irati, a segunda mancha verde de Europa, a selva de Oza e outras, con importantes bosques de fallas, abetos e carballos entre as súas principais especies , no que resulta fácil observar especias animais como o cervo, corzo, sarrio, xabarín, etc, coa presencia esporádica do oso nos altos cumios. Os seus habitantes viven fundamentalmente da gandeiría e da riqueza dos bosques. A altitude dos picos oscila entre os 2.000 e os 2.500 metros de altitude exceptuando o Bisaurín, que sobrepasa con creces esa altura. O relevo agreste destas montañas contrasta con montañas de formas suaves e redondeadas . A estancia realizarase en Zuriza , primer enclave pirenaico, situado no oeste da provincia de Huesca. O camping de Zuriza, lugar que será a nosa base durante esta actividade, é algo máis que un simple enclave turístico, xa que está situado nun lugar fantástico, no corazón dun circo de montañas onde é posible realizar innumerables ascensións con itinerarios sinxelos nun ambiente de montaña idílico e de disfrute. Tomando o camping como base e coa utilización oportuna do autobús para levarnos os diferentes puntos de inicio realizaremos ascensións e diversos percorridos as montañas e lugares máis interesantes. As montañas máis importantes da zona e que visitaremos maioritariamente son o Pico de Orhi ( 2.021 m.), Pico de Anie, m.), Ezcaurri ( 2.049m), Chipeta Alto ( 2.189m), Petraficha ( 2.185 m), Petrechema ( 2.360m. ), Chinebral ( 2.312m.), Acherito ( 2.202 m.) , Mesa de los Tres Reyes ou –Hiru Erregen Mahaia ( 2.248 m) , Bisaurin ( (2.670m) e Serra de Alanos. Ó longo desta semán pasaremos por diveros tramos do GR-11 ( senda Pirineica ), barrancos e altos pastos con expléndidos paisaxes. Coñecerémos a Selva de Oza, os ibóns de Acherito e Estanés, e visitaremos diveros restos arqueolóxicos como dólmenes , etc. CARTOGRAFIA RECOMENDABLE: Mapas E-25 – Editorial Alpina – Valles de Anso y Echó e Valles de Belagua e Roncal. PROGRAMA E PRECIOS: Saíremos de Vigo ( Avda. Camelias-plaza Alba Plena, fronte o club ) o vernes 29 de xullo as 24.00 h. Viaxaremos toda a noite e pola mañan realizaremos unha excursión para coñecer a Foz de Lumbier ou Arbayun , cuestión que debera ser tida en conta preveéndo no viaxe comida de ataque e roupa adecuada para unha marcha sinxela. Continuaremos viaxe para chegar ó camping de Zuriza , hacia o medio dia ou primeiras horas da tarde, procedendo a continuación a realizar o montaxe do campamento. O longo dos seguintes días realizaremos as diversas actividades programadas en dous niveis : marchas e ascensiónas as montañas máis significativas da zona e marchas por sendeiros de montaña. Estas últimas discurriran por sendeiros de montaña , non sinalizados e nalgúns casos poden consistir na realización dun sector da saida de montaña con regreso polo mesmo camiño de ida , sen guia – acompañante. A duración estimada das saídas de montaña non baixan das nove horas e as de sendeiros estímanse a lo menos nunha duración de 6-7 horas, polo que é importante e necesario estar nun adecuado estado de forma física. O regreso a Vigo realizárase o sábado 6 de agosto con chegada estimada a Vigo entorno as 9 da noite. Precio do autobús : 130 € (incluye el acceso del bús a zonas de pago) O aloxamento realizarase no camping de Zuriza, baixo a modalidade de camping con tenda e medios propios .O precio do camping é de 4,50 € por persoa e 4,50 tenda/dia. No camping existe restaurante, supermercado e servicio diario de pan, pero non existen pobo nas proximidades, polo que é preciso aprovisionarse do necesario con anterioridade. ( cuestión que se irá facilitando na medida do posible ó regreso dalgunha saída). E de destacar que dado a escasa entidade das vías de aproximación a algúns lugares de saída pode ser necesario realizar aproximacións andando por pista de entre 4-6 kilómetros. PROGRAMA: DOMINGO : dia 31 de xullo. MONTAÑA: saída do camping de Zuriza, sendeiro GR-11 ata Llano de Taxeras, senda polo barranco de Mazandú, collado d´Estribiella, Estribiella ( 2.046 m)., paso de Mazandú, Pico Tortiella ( 1.988 m), Sayestico ( 2.082 m.), Chipeta Alto ( 2.175 m), collado de Petraficha , Petraficha ( (2.188 m), Quimboa Alto ( 2.186 m.), Quimboa Baixo ( 2.064 m), camping. SENDEIROS: saída do camping, sendeiro GR-11, refuxio Taxeras, collado de Petraficha (1.965 m.) Chipeta Alto ( opcional ) , e continuación polo GR-11, ata Dólmenes de Arroyo e pista ( GR65,3,3) ata Puente de Oza ( bus) .( 4h 20min). LUNS: dia 1 de agosto. MONTAÑA: refuxio de Linza, collado de Linza, Foya A Solana, laderas de Budoguia, Mesa de los Tres Reyes ( 2.444m)., volta polo mesmo camiño ou alternativo por Col dÉcoueste, Pico Mouscate, Petrechema ( 2.371m) e Linza. SENDEIROS: ascensión a Mesa de los Tres Reyes ou alternativa, La Paquiza de Linzola ( Ruta 6) ou Mallo Paco Gamueta ( Ruta 10). MARTES, dia 2 de agosto. MONTAÑA: bus ata Puente de Oza, campamento Ramiro el Monje, refuxio do Castillo de Acher, Castillo de Acher (2.384 m), extensión alternativa a Collada de lo Barcal, Achar de los Hombres ( 2.157 m), Secús (2.354 m.), Puerto de Acher, Puente de Oza. SENDEIROS: Puente de Oza, tramo sendeiro-pista GR65.3.3, Dolmenes de Arroyo, Ibón de Acherito ( ruta 1) o al Chipeta Alto ( ruta 3). MERCORES, día 3 de agosto. MONTAÑA: bus ata estación de Abodi, carretera ( 1,5 km ata túnel de Larrau, ascensión o Orhy, travesía cordal este-oeste ata proximidades de La Pierre de St. Martín. SENDEIROS: A determinar en función accesibilidade autobús: Bosque de Irati ou Gargantes de Kakueta - Santa Engrace ( Francia.) XOVES, dia 4 de agosto. Montaña: bus ata Aragües del Puerto, puente de los corralones, pista ata refuxio de Lízara, ascensión ó Bisaurín (2.670 m). polo collado de Lo Foratón. SENDEIROS: Mesmo itinerario ata collado de Lo Foratón e desvio a Puntal Alto de lo Foratón (2.154 m.) ,( Ruta 8) ou alternativa a Valle de Los Sarrios (ruta 2). VENRES: dia 5 de agosto. MONTAÑA E SENDEIROS : bus ata Puente de Oza, tramo sendeiro-pista GR 65.3.3, dólmenes de Arroyo, refuxio da Mina, dólmenes de Las Fitas, dólmenes de Mallo Blanco, dólmen e Achar de Aguas Tuertas, - tramo GR11 -Puerto de Escalé e dolmén , Ibón de Estanés. Cea de confraternidade. SABADO: día 6 de agosto. Recollida de campamento e saida . Regreso a Vigo, para chegar entorno as 9 da tarde.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net