Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
02.08.2013
MACIZOS DE BACHIMALA E POSETS (Campo Base "Cámping “Los Vives" Saravillo Huesca) Día 2 de agosto venres Saída de Vigo Ás 0:00 horas cara Saravillo 976,6 Km +/-14 horas de viaxe. Día 3 de agosto sábado Chegada a Saravillo sobre o medio día, montaxe do campamento no cámping. Descansar da viaxe e recoñecemento do terreo ( situar o bar e demais instalacións). Día 4 de agosto domingo Ascensión ao Cotiella (2.912 m) Sarovillo - Refuxio de Lavasar - Ibón de Plan - Circo Ribereta - Cotiella +/- 5 horas. Os sendeiristas subirán ata o Ibón de Plan e volverán polo mesmo sendeiro. Día 5 de agosto luns Ascensión ao Gran Bachimala (3.174 m). Subiremos en autobús ata Plan (6,5 km) Saída de Plan seguindo o val do Cinqueta para rematar no val de la Pez (refuxio de Tebernés. Seguiremos pola conca do torrente do Bachimala ata acadar os seus lagos dos que nos desviaremos para chegar ao cumio do Bachimala +/- 8 horas. Os sendeiristas seguirán polo ruta dos lagos e regreso Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no cámping que nos evitará a pista do Cinqueta. Día 6 de agosto martes Val de Pineta Monte Perdido. Saída en autobús cara Tellasin, Bielsa para rematar no parador de Pineta (34,5 Km.). Desde aquí ascenderemos ata o balcón de Pineta onde ascenderemos ao Monte Perdido (3.355 m) pasando polo seu glaciar. Necesitaremos crampóns, piolet e unha corda. Sairemos de Plan moi cedo. Os sendeiristas subirán ata o balcón de Pineta e descenderán Día 7 de agosto mércores Travesía sendeirista de Plan ata Benasque. Sairemos de San Juan de Plan con intención de tomar unha cervexa en Benasque. Á volta farémola polo mesma ruta ou ben nos recollerá o autobús en Benasque. Día 8 de agosto xoves Ascension ao Posets (3.375 mt). Sairemos de Plan polo val do Cilqueta ata chegar ao refuxio de Viadós, seguiremos ascendendo ata a cabala del Clot. Una vez chegados ao diminuto glaciar acadaremos a Punta Norte e cristeando coroaremos o Posets-Llardana +/-7 horas. Os sendeiristas farán o sendeiro Plan, Ibón Basa La Mora, Collado del Ibón, Plan Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no cámping que nos evitará a pista do Cinqueta. Día 9 de agosto venres Faremos o sendeiro Lafortuna- Ainsa. Sairemos de Saravillo en autobús ata Lafortunada (14 Km) e utilizado a rede de sendeiros de Sobrarbe chegaremos ata Aínsa pasando polos bares de Escalona e Laspuria. O autobús recolleranos en Aínsa para volver a Plan. Deixaremos todo preparado para o día seguinte, xa que sairemos moi de mañanciña. Para rematar iremos cear como Deus manda (con viño e todo). Día 10 de Agosto sobado A poder ser sairemos sobre as 7 a.m. cara Vigo para non chegar moi tarde. CONDICIÓNS DOS PARTICIPANTES: Moitas ganas de pasalo ben Licencia federativa (indispensable nas actividades de montaña) Boas botas, bastóns e chuvasqueiro, ademáis casco, piolet e crampóns para a montaña. Material colectivo, unha corda que porá o Club. Non hai que esquecer o frontal e a pastilla. Boa forma física e mellor sentido do humor. Respeto e responsabilidade ante os demais. PREZO BUS: se pagas antes do 23 de xullo: SOCIOS: 121€ NON SOCIOS: 180€ despois do 23 de xullo: SOCIOS: 145€ NON SOCIOS: 190€
22.06.2013
Día 21 saída ás 23:45h hacia Sta. Marina de Valdeon. Chegaremos sobre as 7:00h e despois de almorzar(tentaremos que nos den café ó almorzo para quen queira no albergue, este almorzo non está incluido no prezo da actividade), Faremos un sendeiro a Vega de Llos en subida constante pero de ben levar con regreso ó albergue máis ou menos 15 km sen dificultade. A esta actividade pódese unir o grupo de sendeirismo. Día 23 é a actividade forte de alta montaña desta saída. Longa e de alta dificultade polo forte desnivel a superar(1.200m). 8h Dende o pobo de Prada subiremos á canal de Pedabejo (2.030m) descendendo á Vega de Liordes (1.868m)para subir de novo pola Colladinas hacia o refuxio de Collado Jermoso (2.046m) e descenderemos pola Canal e Senda de Asotin hata Cordiñanes (860m). Desnivel de 1.200m en constante baixada. Non apta para grupo de sendeiros. O grupo de sendeirismo este día pode facer a Ruta do Cares que anque é todo o longa que se queira facer, non ten dificultade e é bastante chá. Día 24 sendeirismo como despedida entre Sta Maria- Montó en Prada-Sta Maria máis ou menos 4h. Chegada de regreso a Vigo 20:00h aprox. ¡Esperámosvos! Din que o que vai a Picos sempre quere voltar.... Prezo Bus socios: antes del 14 de junio 67 € , si pagas despóis 74€ Bus no socios: antes del 14 de junio 87 €, si pagas despóis 96€ Albergue La Ardilla en Sta. Marina de Valdeón: Pernocta+almorzo+cena 27€/día Total en 2 días 54€ MÁXIMO 26 PLAZAS!!
17.05.2013
Estaremos no sector de Torre bermeja, no Macizo Occidental (León) ou El Cornión, que é a zona máis extensa de Picos de Europa e onde está representada toda a beleza paisaxística de Picos de Europa. O refuxio de Vegabaño, onde pernoctaremos está a 1.320m nunha fermosa pradería e rodeado de impresionantes fragas de faias que son os maiores que existen en España (Cajigal de Hito). Ao subir ó Puerto de Dobres hacia Posada de Valdeón atravesaremos os enormes faiais. Moi preto do refuxio teremos o río Dobra, atravesaremos pequenas pontes sobre torrentes entre árbores. Emprenderemolo ascenso á prodixiosa fraga de Cuesta Fría por unha nídia senda que serpentea entre faias e pasa ó lado do fornido Roblón (unha gran faia que precisa de varias persoas para poder rodeala). Día 17 Chegada a Soto de Sajambre, onde tenremos dúas opcións: 1ª opción: Quen non queira facer a ruta, pode ir hacia o refuxio de Vegabaño, a unha hora de distancia andando ou ben podemos tratar de ter unha furgoneta que nos transporte o material. 2ª opción: Soto de Sajambre-Canto Cabronero-Peña Beza (1.963m) de dificultade moderada, de 7h cun desnivel de 1.000m aproximadamente cunha pequena mochila de ataque. Día 18 MONTAÑA Vegabaño-Torre Bermeja pasando polos Moledizos-Canal da Travesona- Canal de Pambuches-Posada de Valdeón onde nos recollerá o autobús. Ruta “cañera” SENDEROS Vegabaño-Cajigal del Hito (bosque de hayedos)-Puerto de Dobres-Llampa Luenga (fraga de faias)-Posada de Valdeón onde volveremos todos xuntos en autobús ao refuxio. Día 19 Vegabaño-Puerto de Dobres-Puerto de Panderruedas onde nos agarda o autobús para regresar a casa. Se o tempo non nos permite estas actividades temos outras posibles rutas cortas: Subir ao Pico Jario (1913m) ou a La Cotorra Subir ao Jario y Samaya ¡ANIMADEVOS! Vaivos encantar a zona
19.04.2013
Sairemos o venres pola noite dirección Torrebarrio e alí durmiremos no refuxio da Federación, á hora que poidamos, para arrancar ó día seguinte como moi tarde ás 9h. O bus levarános a Torre de Babia dende onde partiremos para comezala travesía. Dirixirémonos hacia o Montiguero (2187m.) ao que atacaremos dende as Eras del Montiguero, pasando pola Vega Vieja e o collado Correlines ou, opción “b” pola canal que sube directa dende a Laguna de los Verdes. Despois continuaremos pola cordal hacia o Picón, Pena Redonda e continuaremos hacia Los Años e Punta la Sierra, para, logo do Gagucheiro, o último 2000 do día, baixar hacia o Cuetalbo e durmir na súa base, bueno, polo camiño tamén haberá unha paradiña para comer... Ó día seguinte proseguiremos subindo pola directa ao Cuetalbo para seguir cresteando hata a Collada Orniz, para dende alí atacar o Peña Orniz 2191m. De alí baixaremos para pasar entre La Cervata e Peña Congosto e enlazar coa pista que nos levará ás praderas do Treméu e de ahí a Torre Babia, ou se quedamos con ganas e forzas, baixaríamos hacia Torrestío.
28.03.2013
Este ano aproveitado que o luns é festivo en Vigo, teremos un día máis nestas datas. Aquí tedes máis polo miúdo o programa que temos pensado: Xoves 28 de marzo.- Sairemos as 8:30h da mañá e á metade de camiño faremos unha parada para facer un sendeiro. O rematar iremos cara o Albergue “Espigüete” en Guardo . Venres 29 de marzo.- Montaña.- Ascensión ao Curavacas (2.520 m.),dende Vidrieros. Dificultad e media-alta. Sendeiro.- Saída dende Vidrieron ata o Pozo Curavacas. Percorrido de ida e volta. Dificultade media-baixa. Aprox. 15 km de percorrido. Se hai neve, será unha estupenda actividade para tomar contacto coa neve. Sábado 30 de marzo.- Montaña.- Ascensión a Peña Prieta e Tres Provincias (2.536 m.), un dos cumios máis altos da Cordilleira Cantábrica, iniciando o recorrido dende Cárdaño de Arriba. Sendeiro: Dende Cardaño de Arriba, iremos co grupo de montaña ata a Laguna de las Lombas. Regreso polo mesmo camiño Dificultade media-baixa. Domingo 31  de marzo.- Montaña.- Ascensión ao Pico Espigüete (2.450 m.) que aínda que de menor altura é quizais o pico mais salientable da Montaña Palentina. Sendeiro: partindo con todo o grupo dende Cardaño de Abajo iremos bordeando a base de Espigüete pola súa cara norteasta a Cascada de Mazobres. Dificultade baixa.   IMPORTANTE : a) Debido a época do ano -a finais de marzo-, atoparémonos con bastante neve polo que é imprescindible ter un bo manexo das técnicas de crampóns e piolet. Imprescindible estar federado para subir aos cumios. b) Tede en conta o desenvolvemento do programa estará suxeito as condicións meteorolóxicas, e pode cambiarse se fose preciso. c) Máis información na páxina web e no club O Prezo é de 145€ para socios (lembrade que se vos apuntades antes do 19 de marzo so pagaredes 138€). Para non socios serán 210€ se pagan antes do 19 de marzo e 230€ se pagan despois deste día. O prezo inclúe transporte e aloxamento en réxime de media pensión (pernocta, almorzo e cea).
24.11.2012
O sábado sairemos ás 9:30h de diante do Club. Daremos un paseo pola tarde de máis ou menos 4 horas por distintas aldeas (Voz Queimada, Casteligo, Paracita...) O domingo iremos ó pobo de Zamorela, O Seixo (1707m), Alto do Xistral, alto da Pá, e finalizaremos no pobo de Espasa, onde nos recollerá o autobús. · Dificultade: Media - baixa · Prezo da pernocta: 28€ se vos anotades despois do día 15 de novembro e 25€ se vos anotades antes dese día. Inclúe cea e almorzo. Necesario saco de durmir. Habitacións a compartir. · Prazas limitadas · Prezo do bus: Socios 28€ Non Socios 42€ NOTA IMPORTANTE: se vos anotades antes do 15 de Novembro o prezo será de Socios 25€ Non socios 38€
03.11.2012
· Saída o 3 de novembro as 09:30 horas dende o Club · Chegada o 4 de novembro sobre as 20:00 horas aprox · Albergue: da FGM prezo: federados 3€ non federados 10€ · Dificultade baixa aunque o día 4 a saída e longa. · DÍA 3: Pola tarde faremos un pequeno sendeiro ata a cascada de Vieiros DÍA 4: Sairemos as 09:00 da mañán hacio o Pía Páxaro (1610 metros) alí comeremos e descansaremos para despois baixar ata Pobo do Folgoso onde colleremos o autobús para retonar a Vigo
03.08.2012
PIRINEOS 2012 Val de Tena – Sallent de Gállego – Aragón Este ano eleximos o Val do Tena , cabeceira do rio Gállego, no norte de Huesca. No seu entorno situánse os tres miles máis occidentales do Pirineo. Somentes neste sector existen 18 tres miles, 11 principales e 7 secundarios, . así como numerosas concas lacustres de orixen glaciar , entre as que destacan os ibóns ( lagos) de Arriel, Respomuso, Bachimaña, ibóns Azuis e Bramatuero. Ascenderemos os principais cumios do sector : Anayet, Vértice do Anayet, Argualas, Algas, Picos do Inferno , Gran Facha, etc. e bordearemos e intentaremos , según condicións e horarios , a ascensión os míticos Midi D´Ossau e Balaïtus . Saída: día 3 de agosto as 24 horas dende avda. Camelias fronte o club,(carga de autobús as 23.30 h.) Regreso : día 11 de agosto, con saída entorno as 8 da mañán para chegar a Vigo entorno as 21 horas, aproximadamente. Precio do autobús: Aloxamento: Camping Escarra – Escarrilla -Sallent de Gállego – Huesca. Precio aloxamento: 6 € persoa / noite e 6 € tenda/noite. Precio bungalow (completo) : 142,56 para 6 persoas e 120,96 €. para catro persoas. O camping dispón de hotel, restaurante-cafetería, supermercado, piscina e zona de cociña . O camping sitúase a escasos metros do pobo de Escarrilla no que existen todo tipo de servicios . Precio de autobús: · SI TE ANOTAS ANTES DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE: SOCIOS: 137€ NON SOCIOS: 168€ · SI TE ANOTAS DESPOIS DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE: SOCIOS: 151€ NON SOCIOS: 185€ INFOMACION TURÍSTICA: www.valledetena.com www. campingescarra.com. CARTOGRAFIA: EDITORIAL ALPINA – SERIE E-25 : MAPAS (2) : VALLE DE CANFRANC E PANTICOSA-FORMIGAL. PROGRAMA PROVISIONAL : Sábado , día 4 de agosto : chegada ó camping entorno o medio dia , montaxe de campamento e tempo libre. Nas proximidades do camping pódese realizar actividade de descenso de barrancos, paseo ata o embalse de Lanuza , pantano de Escarra o agradable ascensión a Punta del Cantero. Domingo: día 5 de agosto. ANAYET E VERTICE DO ANAYET. Saída bus: 8 da mañán. SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús ata a estación de esquí de Formigal. Partindo do coñecido como Corral de las Mulas (1,627m.) , dirixirémonos seguindo a traza do GR-11 ata ó aparcamento de “Anayet” , iniciando a continuación a subida polo barranco de Culibillas ata os Llanos e Ibóns de Anayet (2.227 m). MONTAÑA: Dende os Ibóns de Anayet continuaremos a ascensión ata o collado e do Pico de Anayet (2.574 m) , que presenta trepada fácil (IIº) . Baixando de novo o collado continuaremos con ascensión ó Vértice de Anayet ( Pico El Garmo) ( 2.555 m) . Dende eiqui prolongaremos a saída en travesía ata Pico de Las Arroyetas (2.557 m) e regreso a estación de Formigal. Lúns: día 6 de agosto . Saída bus: 8 da mañán. Autobús ata Balneario de Panticosa. SENDEIROS: Saída dende Baños de Panticosa , refuxio da Casa de Pedra (1,636 m). seguindo o GR-11, subiremos polo “ Cuesta del Fraile” ata os embalses de Bachimaña ( 2,200 m ) , continuando ata os “Ibones Azules” (2,450 m). Descenso a Baños de Panticosa. MONTAÑA: Continuación en ascensión ata collado do Inferno ( 2,721 m) e ascensión os “Picos del Infierno” ( 3,083 m). ( pasos de IIº con importante caída). Descenso a Panticosa. Martes: día 7 de agosto. Saída bus : 8 da mañán. Autobús ata puerto de El Portalet e aparcamento de Araille – Val d´Anéou ( Francia). SENDEIROS E MONTAÑA: 1ª opción: Ascensión polo col de Soum de Pombie ata lago e refuxio de Pombie. 2ª opción: continuación e realización do “Tour du Midi” ( volta circular) , pasando polo col e lago de Peyreget , bosque de Arazures, val e lago de Bious Artigues, subida al col Long de Magnabaigt, pla de Quebe, col de Suzón, e refuxio de Pombie, para regresar o aparcamento. 3ª opción: Ascensión o Midi d´Ossau. Realízase con escalada por placas e chimeneas ( IIº e IIIª) ( só para expertos autónomos en ascensións de alta montaña con escalada). Mercores: 8 de agosto Saída bus: 8 de mañán. Autobús ata o embalse de La Sarra ( Sallent de Gállego) SENDEIROS E MONTAÑA: Embalse de la Sarra (1,500 m) – tomaremos o sendeiro GR-11 seguindo polo rio de Aguas Limpias, Paso del Onso – Llano Cheto ata o embalse e refuxio de Respomuso (2,200 m). MONTAÑA: Continuaremos polo Ibón de Campoplano, e seguiremos con forte subida o barranco de Campoplano ata o collado de la Facha ( 2,664 m), dende eiqui ascensión por forte pedrera a Punta Lagardére e Gran Facha ( 3,005 m.). ( ascensión fácil). (Queda en estudio a posibilidade de intentar a ascensión o Balaïtus ( 3,144m), dadas as suas características horarias e de dificultade) Xoves: 9 de agosto. Saída bus: 8 da mañán. Autobús a Baños de Panticosa SENDEIROS: Saíndo de Baños de Panticosa ( 1,636 m) , tomaremos o sendeiro GR-11( dirección Val de Ara), ascensión a Ibones del Brazato, prolongación ata Pico de los Batanes(2,894 m) , Pico Bacias ( 2,760 m.) ou Picos del Brazato (2,701m). MONTAÑA: Saíndo de Baños de Panticosa ascensión polas Mallatas ata Picos de Las Argualas ( 3,046 m) e Garmo Negro ( 3,066 m). Vernes: 10 de agosto Saída bus: 8 da mañán. SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús a embalse de La Sarra, GR-11 ( Aguas Limpias)- Paso del Onso y Pico de Arriel ( 2,822 m) ou alternativa con continuación ata Paso del Pino – Embalses de Arriel , Cuello de Arrémoulit, continuando a Lgos e refuxio d´Arremoulit ( Francia) con descenso a parquink e Caillou de Soques. Debe lembrarse que tóda-las actividades de sendeiros e montaña, son especialmente exixentes debido os fortes desniveis a salvar en cada xornada así como pola dureza salvaxe do terreo , polo que é imprescindible un adecuado estado de forma física. As persoas que carezcan do adecuado estado de forma, características físicas , simple apetencia ou limitar as saidas a un determinado punto ou horario, deberán asumir que realizarán o regreso o punto de inicio da saída polos seus propios medios sen acompañamento organizativo. Recomendable: licencia federativa actualizada en montaña. No relativo a equipo e vestimenta deberá preveerse a posibilidade de mal tempo, choiva e frio, habitual nestas montañas, así como a posibilidade de tormentas , especialmente a hora de levar un adecuado equipo de acampada. Igualmente deberá preveerse un adecuado equipo de protección contra o calor e sol así como sistema de hidratación. Existe a posibilidade de aprovisionarse no camping e pobo, e cada ún deberá proveerse da comida de “ataque” necesaria para viaxes e diferentes xornadas. DADAS AS DIFICULTADES QUE NON PON A DIRECCION DE CAMPING, QUE ESTE ANO NON NOS GARANTIZA UN MINIMO DE ESPACIO , FAISE IMPRESCINDIBLE COORDINAR E AGLUTINAR Ó MAXIMO O NUMERO DE PERSOAS A DORMIR POR TENDA, PREFERIBLEMENTE AGRUPADOS EN 2/3 PERSOAS, ESTANDO CONDICIONADOS A UN MÁXIMO DE 15 TENDAS. IGUALMENTE FAISE NECESARIO DEIXAR O MÁXIMO DE COMODIDADES EN CASA. IMPRESCINDIBLE FACER UNA PREINSCRIPCION VERBAL NO CLUB DE CARA A PODER COORDINAR A TOTALIDADE DE ASPECTOS DA SAIDA ( RESERVA DE CAMPING E AUTOBÚS ) E UNHA INSCRIPCION DEFINITIVA E PAGO EFECTIVO DO IMPORTE DO BUS-CAMPING E BUNGALOWS ENTORNO O 15 DE XULLO. DADAS AS DIFICULTADES QUE NOS PON O CAMPING SI ALGUEN VAI REALIZAR A SAIDA CON VEHÍCULO PROPIO DEBERÁ REALIZAR A SUA RESERVA DE PLAZA NO CAMPING O MARXEN DA ORGANIZACIÓN.
07.07.2012
Saldremos a las 11 desde el club. · Sábado pola tarde temos varias opcións: podedes disfrutar da praia o ir visitar o hórreo de Carnota o tamén hai un pequeno recorrido circular de 4 horas saindo do porto de Quilmás e pasando por Caldebarcos e volta a Porto Quilmás. De aquí voltaremos a Carnota e dormiremos no polideportivo de Carnota (en principio cedido polo ayuntamento) · Domingo: Faremos O Pindo – Ézaro un percorrido circular de dificultade moderada onde veremos veremos a caída da cascada Xallas e de ahí voltaremos a Carnota SE PAGAS ANTES DO 2 DE XULLO O PREZO É: SOCIOS: 19,5€ NON SOCIOS: 29€ SE PAGAS DESPOIS DO 2 DE XULLO O PREZO É: SOCIOS: 21,5€ NON SOCIOS: 32€
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net