Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
06.08.2019
DATAS: Do 06 ao 16 de agosto LUGAR: Illas Azores (Terceira, Pico e San Miguel) (Portugal) PRAZAS AGOTADAS! Viaxe: Vigo-Oporto-Terceira-Pico-San Miguel-Oporto-Vigo 6 agosto: Saída de Oporto 7:00h, chegada a Terceira sobre ás 11h. 16 agosto: Chegada a Oporto 0:15h O 2019 naceu cunha idea distinta de pasar o tradicional campamento de agosto: botar unha ollada a terras volcánicas. Conos volcánicos, coladas de lava, grandes lagoas,… farannos vencer grandes desniveis para explorar o mundo volcánico de As Azores. As Azores é un aquipélago de 9 illas portuguesas, illadas no medio do océano atlántico, onde se ubica o pico de máis altura de todo Portugal. Exploraremos as illas de Terceira, Pico e San Miguel, con posibilidades de visita a San Jorge e/ou Hortas e tamén a Santa María. O aloxamento realizarase nas Pousadas da Xuventude, albergues e en cuartos colectivos de liteiras (En Terceira e en San Miguel hai 2 cuartos dobles). Equipaxe: Facturación ata 23kg e bolsa/maleta de man 56x45x25cm (sen límite de peso) Prezos: - Prezo viaxe: socios con licencia polo Club: 250€. Socios con licencia por outro Club 270 €. Non socios 300€. (inclúe desprazamento Vigo-Oporto-Azores-Vigo) - Prezo transporte illas: 170€. Inclúe: Transporte de Terceira a Pico en Barco, de Pico a San Miguel en avión e transporte preciso de aeroportos a Pousadas e para as rutas previstas. - Prezo Aloxamento: 220€ socios adultos, menores 165€. Socios con licencia por outro Club 240€. Non socios 250€. Outras opcións consultar na oficina. Prazos de pagos: - 150€ inscrición - 220€ ata o 25 de abril - 270€ antes do 30 de xuño Varios: - Imprescindible licencia de montaña con cobertura na zona - Recomendable: Tarxeta europea seguridade social Información das rutas próximamente PRAZAS LIMITADAS!
01.06.2019
DATAS: 1 e 2 de xuño LUGAR: Quiroga (Lugo) SAÍDA: 8:00h. o día 1 dende Concheiro (Avda Madrid) CHEGADA: 20:30h o día 2 a Concheiro (Avda Madrid) Nesta ocasión desenvolveranse as dúas etapas no concello de Quiroga. Tamén temos previsto visitar unha albariza e o Museo Xeolóxico e o Museo Etnografico, tamén en Quiroga. Aproveitando que esta actividade se realizará na Semana dos Xeoparques Europeos faremos as rutas en colaboración co Club de Montaña Formigueiros de Quiroga e a Asociación Montañas do Courel. O sábado faremos a ruta do sinclinal deitado das montañas do Courel, desenvolverase en torno ao río Ferreiriño, desde o alto do Boi a Campodola e Leixazós, con parte do camiño tradicional a Pacios da Serra. O domingo faremos unha ruta etnográfico-cultural-literaria, comeza en Cruz de Outeiro, pasando por Casa do Vello ata Quiroga. Ao remate visitaremos o museo etnográfico. Prezos - Autobús: Socios 28€ (25€ Inscrición ata o día 24 de maio) Socios con licencia por outro Club 30 (27€ antes do 24 de maio) Socios ata 30 anos: 15€ Non socios: 36€ (Inscrición ata o día 24 de maio 33€) - Aloxamento: Albergue de Quiroga Noite: 10€ Almorzo: 3€ Posibilidade de encargar Cea Non perdades a ocasión de vivir O Courel!
17.05.2019
DATAS: 17 a 19 de maio LUGAR: Cubillas de Arbás (León) SAÍDA: 17 de maio ás 6:00h do Club REGRESO: 19 de maio ás 21 horas no Club. Na ponte das Letras Galegas, disfrutaremos dun entorno calizo, para camiñar, ascender picos, atravesar unha ferrata e sobre todo compartir uns días no medio do que máis nos atrae: a montaña. Nesta ocasión en Cubillas de Arbás en León. Día 17 de Maio Opción FERRATAS: Deixamos as mochilas no albergue e alí recolleremos o material reservado para facer as ferratas. Dende o propio albergue iremos directamente a pé á ferrata das Flores: http://www.naturocio.net/wp-content/uploads/2017/01/Panel-informativo-Ferrata-Final.pdf Ten unha duración estimada de 2 - 3 horas. Ao terminar a ferrata, continuaremos a ascensión ata chegar ao pico da Brazosa (1.937mts) e logo descender polo Reguerón ata o albergue. Opción SENDEIROS: Dende o propio albergue ascenderemos á cercana Peña Barragana (1.863 mts.) pola cabaña do pastor e o outeiro Ferreras. O descenso ao albergue farase por unha canle oposta á ascensión. http://www.rutasmontanaasturias.com/2017/01/barragana-cubillas-arbas.html Día 18 de maio Opción MONTAÑA: Dende Casares de Arbás ascenderemos ás Tres Marías e unha boa colección de cumes. Primeiro subiremos á pena Palero (1.883 mts), que aínda que parece inaccesible sen corda, pódese chegar ao cume cunha pequena trepada na que hai que utilizar as mans. Logo, a María de En medio (1.913 mts), María dos Corros (1.964 mts.), Pena Esquina (1.955 mts). https://www.cotoyapindia.com/2015/05/las-tres-marias-y-pena-esquina.html Opción SENDEIROS: Ruta do Val de Arbás (12 km de percorrido e 470 metros de desnivel acumulado): Sáese dende Casares de Arbás, rodearemos as penas das Tres Marías pasando polo refuxio, outeiro Gistreo e atravesando un piñeiral que da paso ao val de Viadangos. Descendendo xunto ao río chegamos á aldea de Viadangos de Arbás. Dende o pobo se ascende ata a fonte e o outeiro do Turrón, que baixa de novo ata Casares. https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/valle-de-arbas-25810764 Día 19 de mayo: Opción MONTAÑA: Dende Cubillas de Arbás ascenderemos a Pena Barragana (1.863 mts.) pola cabaña do pastor e o outeiro Ferreras. Dende alí crestearemos para ir pasando polos cumes que se poñan a tiro: Pena negra (1.852 mts) Pena do Prado (1.853 mts), para logo descender polo val do regato Aronga ata o Caldas de Luna. Opción SENDEIROS: Saíndo tamén dende Cubillas de Arbás iremos dirección ao outeiro Aronga (1.631 mts) para logo baixar polo regato Aronga ata Caldas de Luna. No pobo existe unha bonita igrexa, un balneario, unha fonte e unha fermosa fervenza no Regato de Pincuejo. En Caldas de Luna nos agarda o autobús aos dous grupos para levarnos de volta a Vigo. PREZOS: Autobús: Socios: 50 € (42 € inscrición e pagado antes do 6 de maio). Non socios: 60 € (50 € inscrición e pagado antes do 6 de maio) Aloxamento no Albergue Naturocio Valle de Arbas (Cubillas de Arbás): Albergue: 10€/noite Almorzo: 3€/día Cea: 9€/día Prezos de aluguer do material para ferrata (hai que reservar): Arnés, casco, disipadores e luvas: 12€ Só disipador: 6€
17.04.2019
Datas: do 17 ao 21 de abril Saída: 17 abril ás 12 da noite do Club Regreso: 21 de abril ás 20 horas no Club. PRAZAS AGOTADAS! Lugar: Teverga (en asturiano, Teberga) é un concello da comunidade autónoma do Principado de Asturias. Limita ao norte con Belmonte de Miranda, Grao, Yernes y Tameza, e Proaza; ao sur coa provincia de León, ao oeste con Somiedo e ao leste con Quirós e Proaza. Antigo concello mineiro, actualmente basea a súa economía na agricultura e no emerxente turismo, sobre todo coa recente inauguración do Parque da Prehistoria en terras teverganas. Na súa accidentada xeografía destacan a pena Sobia cunhas impresionantes paredes verticais de pedra calcaria e o Camín Real do Porto da Mesa. Premio Pobo Exemplar de Asturias 2013, Reserva da Biosfera e Parque Natural das Ubiñas-A Mesa, Teverga é terra de paso cara á meseta a través do porto de Ventana e parte do Camín Real da Mesa, tramo da Senda do Oso e sede do Parque da Prehistoria. Calendario de Actividades: Xoves 18 abril. Chegada a Teverga: 6:30 horas Almorzo e preparación mochila Sendeiro: Ruta Peña Sobia (8 horas). Dificultade moderada Venres 19 abril Travesía Brañas de Teverga-Lagos Saliencia-Peña Orniz-Torrestío (dia 1). Dificultade alta Sendeiro Brañas de Teverga (7 horas). Dificultade moderada Sábado 20 abril Travesía Brañas de Teverga-Lagos Saliencia-Peña Orniz-Torrestío (dia 2). Dificultade alta Sendeiro Camin real de la Mesa: Puerto San Lorenzo-Torrestío (8 horas). Dificultade moderada Domingo 21 abril Sendeiro: Puerto Ventana-Pico Ferreirúa (4h). Dificultade moderada Aloxamento Albergue: 10€/noite Almorzo: 2,50€/día Cea: 8€/día Media Pensión: 20€/día Pensión completa: 27,50€ Prezos. autobús Socios: 75 € (65 € inscrición e pagado antes do 1 de abril). Non socios: 90 € (80 € inscrición e pagado antes do 1 abril) As inscripción faranse vía este enlace:
06.04.2019
DATAS: 6 e 7 de abril LUGAR: San Clodio (Ribas de Sil - Lugo) SAÍDA: 8:00h. o día 6 dende o Club CHEGADA: 20:30h o día 7 ao Club XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL Nova do Club: Rematados a Vía Antonino e a ruta dos Faros, logo dun proceso de maduración (a cabesa non para), enfrascámonos nun novo proxecto. Durante os últimos anos, os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, están a desenvolver un proxecto común para que a UNESCO recoñeza o seu territorio como Xeoparque Mundial da UNESCO. No verán pasado viñeron coñecer dito proxecto os científicos nomeados pola UNESCO e actualmente está pendiente de avaliación final, que parece que farán na reunión a celebrar no vindeiro mes de abril. Como o Club Montañeiros Celtas non é menos ambicioso, imos desenvolver o noso proxecto no Courel, no seu sentido máis amplo, incluíndo aquelas terras próximas de Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Pobra do Brollón e mesmo Oencia e Vega de Valcárcel. O desenvolvemento do proxecto de Xeoparque supuxo unha investigación enorme nos valores, sobre todo xeolóxicos, que o territorio posúe, e que pasaban desapercibidos para moitas persoas. Como será o noso proxecto? Sinxelo. Percorrer todo O Courel. Levaranos algún tempo, quizáis máis de 2 anos. Moitos coñecemos os valores paisaxísticos pois é como unha segunda casa. Pero con este proxecto disfrutaremos dos enormes valores coñecidos que O Courel atesoura, así como de outros valores menos ou nada coñecidos. Así, aos valores paisaxísticos engaderemos os xeolóxicos, etnográficos, históricos, da minería, botánicos,…. Desenvolverase en fins de semana. Comezaremos polo Concello de Ribas de Sil, cos rutas de Xeomirador de A Pómez e minas de O Vogo, O Covallón e A Escrita e baixaremos ata San Pedro (6 abril) e ruta de Castro-A Cubela-Tordeo (7 de abril). Máis adiante subiremos polo Soldón desde o Sil ata o Montouto e A Seara, iremos ao faial de Busmaior, faremos unha ruta polas devesas, da Seara a Seoane, de Brañas da Serra a Visuña, andaremos por Teixeira, Noceda, río Pequeno, devesa de Paderne, ruta do Ferro e ruta do Mamut,… e isto só é unha parte. Vales, cumes, devesas, camiños, bosques,….serán percorridos por Club Montañeiros Celtas como acto de agarimo de disfrute do que O Courel supón para nós. Ide preparando as botas e mochila, ensaiar as caras de asombro e os sorrisos,… porque ademais completaremos as rutas con visitas e paradas de alto interese cultural (museo xeolóxico de Quiroga, centro de interpretación das covas de Meiraos, centro de interpretación da devesa da Rogueira, xeomiradores, castros, minas,…) Estades avisados!!!! Asegurarvos que os vosos datos no club están completos e correctos e consultar a web. O que avisa non é traidor. Prezos - Autobús: Socios 28€ (Inscrición ata o día 31 de marzo 25€) Socios con licencia por outro Club 30 (27€ antes do 31) Socios menores de 30 anos: 15€ Non socios: 36€ (Inscrición ata o día 31 de marzo 33€) - Aloxamento: En Pavillón de deportes ou hotel. O prezo do pavillón é de balde por xentileza do Concello de Ribas de Sil. O prezo do hotel: cuarto doble 33€, cuarto individual: 22€. - Cea do sábado: 9€ Non perdades a ocasión de vivir O Courel!
15.03.2019
DATAS: 15- 17 de Marzo LUGAR: Babia-Ubiña SAÍDA: Venres 15 pola tarde noite (máis información proximamente) para pernoctar no refuxio de Torrebarrio. O Sábado 16 comezaremos a travesía dende Torre de Babia en dirección ao Montiguero a través da Lagoa dos Verdes. Despois xa pola Cordal e continuaremos ata as Coloradas, Peña los Años ata o Gagucheiro. Dende alí, baixaremos aos portos de Covalacha onde pernoctaremos en tenda. O domingo 17 ascenderemos ao Cuetalbo e continuaremos pola cordal que separa León de Asturias ata Peña Orniz. Denda alí, continuaremos ata o paso entre a Cervata e a Peña Congosto, ata o Trameu e denda alí voltaremos a Torre de Babia. Máis información con prezos e horarios proximamente.
10.03.2019
DATA: 10 de Marzo Lugar: o Barbanza Saída ás 8h30 Chegada ás 20h30 Arranca esta andaina das aforas da Pobra do Caramiñal. Subiremos por unha pista moi frondosa co ruido cantarín do Río Pedras que deixaremos á nosa dereita. Iremos ganando altura entre muíños abandonados, igrexas e vellas aldeas. Tras cruzar a ponte de Misarela chegaremos á confluencia dos ríos que alimentan o Río Pedras :o Barbanza e o San Xoan. Durante uns 250 metros de desnivel seguimos o curso do San Xoan ladeando unha sucesión sorprendente de fervenzas e pozas naturais ata chegar á columna dorsal da Serra do Barbanza que nos desvela unha das paraxes da xeografía atlántica galega máis imborrable. A nosa andaina xira e se encamina ata os 592 metros do cumio do monte Curota Técnicamente é unha ruta fácil e fisicamente apta a todos aqueles que non se enruguen con 500 metros de desnivel. É aconsellable levar soia de botas en bo estado, especialmente con chuvia, sendo o uso de bastóns moi aconsellable e conveniente incluso a aqueles que por altiva xuventude os desdeñan. PREZOS: SOCIOS: 12€ NON SOCIOS: 15€ Prégamosvos que vos inscribades a través deste enlace:
01.01.2019
DATA: 1 de xaneiro LUGAR: Galiñeiro: aparcamento area recreativa Monte Galiñeiro HORA: 11:30 Como ven sendo costume nos últimos anos, comenzaremos o 2019 subindo ao querido monte Galiñeiro, clásica ascensión de Ano Novo en Montañeiros Celtas para brindar e compartir os primeiros pasos do 2019. Quedamos ás 11:30 na area de recreo para comenzar a ascensión ao cúmio. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
06.12.2018
DATAS: Do 6 ao 9 de decembro LUGAR: Gorbeia ou Urkiola SAÍDA: Día 5 ás 12 da noite no Club REGRESO: Día 9 ás 20:30h no Club Novedosa ponte de decembro: Aloxamento nunha cidade, Bilbao, no albergue All Iron Hostel Bilbao e actividade Montañeira en Gorbea e/ou Urkiola (nos vindeiros días teredes as rutas). Unha ocasión especial para ir á montaña, perdernos polas rúas da vella e nova cidade, participar na súa cultura, e disfrutar do Festival Mendifilm (cine de montaña). Aloxamento: está ubicado moi próximo ao casco vello. Reservade a praza canto antes!!! Prezos: - Autobús: Socias/os: 65€ (55€ inscritos e pagado ata o 23 de novembro) Non socios: 78€ (68€ inscritos e pagado ata o 23 de novembro) - Aloxamento: All Iron Hostel Bilbao, 20€/persoa/noite o prezo do albergue inclúe almorzo, e roupa de cama (toallas non), dispón dunha pequena cociña por se queredes facer as vosas ceas. Ademáis teñen convenio con un restaurante cercano por se queredes encargar menú para a cea por 15€, habería que confirmarlles a cifra aproximada con antelación. Ruta día 6: De Bilbao a Laudio-Llodio: ruta dos contrabandistas A antiga ruta do estraperlo que nos levará polo cordal de Kamaraka, pasaremos polo cinturón de ferro e visitaremos igrexas e a ermida de San Antonio ata chegar aos caseríos de LLodio. Ruta día 7:Gorbeia- cantera de Murua Subida pola senda de Egillolarra e baixada pola de Zubialde. Ruta día 8: Urkiola- Anboto- Urkiola É a ruta máis habitual e cómoda - por camiños balizados e pista- para ascender ao cume de Anboto. Ruta día 9 Regreso con posible visita á vila romana de La Olmeda. Prazo de inscrición: 30 de novembro ou ata completar as prazas Límite de prazas 45
12.10.2018
DATA: 12 de outubro LUGAR: ANCARES LEONESESES SAÍDA: día 12 ás 7h dende o club REGRESO: día 14 ás 20:30h En esta ocasión centrarémonos nos Ancares Leoneses, declarados Reserva da Biosfera dende 2006 polo seu medio natural. Faremos o campamento base en Peranzanes, aloxándonos nas antigas escolas, en albergue e bungalows, dende aí faremos as ascensións e roteiros previstos. O venres, despois de instalarnos nos aloxamentos realizaremos unha ruta polo val do Cúa con visita ao castro de Chano. O sábado ruta montañeira Chano, Moredina, Trallecto, Peranzanes. Máis información nas oficinas do club. Non demoredes a inscrición!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net