Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
01.01.2021
DATA: 1 de xaneiro LUGAR: Galiñeiro: aparcamento area recreativa Monte Galiñeiro HORA: 11:30 Como ven sendo costume nos últimos anos, comenzaremos o 2021 subindo ao querido monte Galiñeiro, clásica ascensión de Ano Novo en Montañeiros Celtas para brindar e compartir os primeiros pasos do 2021 e despedir este raro 2020. Quedamos ás 11:30 na area de recreo para comenzar a ascensión ao cúmio. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
21.11.2020
DATA: 21 de novembro HORA: 7h VOLTA: 22 de novembro pola tarde Ruta circular: Travesía integral Teixedal de Casaio, Peña Surbía, Peña Negra, Peña Trevinca  Dificultade: alta Desprazamento en coches particulares. Máximo 12 persoas e reservado a socios e socias federados. 
31.10.2020
DATA: 31 de outubro - 1 de novembro HORA SAÍDA: 07h da mañá dende o Club con parada en Concheiro HORA REGRESO: 21H LUGAR: A Seara ***ACTIVIDADE RESERVADA A SOCIAS E SOCIOS FEDERADOS Sábado: Dende a Golada da Seara pola Serra dos Cabalos, con impresionantes vistas sobre o val do rio Selmo e o cordal de Pía Paxaro-Formigueiros, ata a entrada de Ferramulín e subindo o río Selmo ata Vieiros, por levadas, onde Diego Hermida nos fará unha visita de caracter etnográfico pola aldea "A aldea de Vieiros é unha aldea autosuficiente nacida no xeo e mantida con vida grazas ao lume, mediante un pequeno percorrido coñeceremos o seu abundante patrimonio etnográfico integrado nunha  marabillosa contorna", continuando despois ata a Seara. Ao remate desprazarémonos a durmir a Quiroga. Levar a mochila de ataque e calzado preparado para comenzar a actividade ao baixar do autobús. Domingo: Ascenso ao Pía Paxaro ou ben dende Vilarbacú ou dende a Seara polo camiño da mina. Aloxamento en Quiroga no albergue en grupos como máximo de  3 . Agrupadevos en grupos de 2 ou 3 e anotade en observacións con quen queredes compartir PREZOS: Coa situación actual agardamos poder realizar a actividade pero por se non se pode pregamosvos que non paguedes ata un par de días antes da actividade. Autobús: Socios: 26€ Aloxamento (Cea e almorzo en Chapacuña) Aloxamento 12€ Cea: 12€ Almorzo: 3€ Visita etnográfica a Vieiros: 5€
10.10.2020
DATA: do 10 ao 12 de outubro LUGAR: Ancares HORA DE SAÍDA: 7h da mañá do club con parada en Concheiro. PREZOS: AUTOBÚS:  Socio: 42€ Non Socio: 58€ ALOXAMENTO: Mesón Novo: cuartos dobles con baño (18€ persoa e noite). Prazas limitadas e por orde de inscrición. Pousada Campa da Braña: litera (10€ persoa e noite). Hai que levar saco de durmir. Nas literas hai sábanas, e hai un salón con sofá, microondas e fregadeiro (Sen loza). cuarto doble sen baño (14€ por persoa e noite) cuarto individual sen baño (22€ por persoa e noite) Almorzo: 3€ persoa Cea:11€ persoa Programa: Sábado : Saíremos dende Vigo ás 7h da mañá, descargamos na pousada e dende o alto de ancares comezamos a ascensión ao pico Miravalles. (Sendeiros e montaña) Domingo: Montaña. Dende o alto de Ancares, subida ao Pico Cuiña, Penalonga, Mostellar, Pico Lanza e saída a Piornedo onde nos recolle o bus.                Sendeiros: Circular por Pereda de ancares. Luns: Subida a tres Obispos. (Sendeiros e montaña) Travesía: Se o tempo o permite hai posibilidade de facer travesía cruzando a serra, dende o alto do puerto ata o albergue. ** Só para socios montañeiros con experiencia. Cando reservedes, lembrade coller 1 noite, e se queredes 1 cea e 1 almorzo. **É necesario ter licenza de montaña ou seguro.
01.08.2020
DATAS: do 01 ao 08 de agosto HORA SAÍDA: 1 de agosto ás 7 da mañá HORA CHEGADA: 08 de agosto sobre as 20h Este ano o destino escollido para o verán é a Montaña Palentina. Altas montañas de roca espida, fervenzas, lagos... Sairemos de Vigo o sábado día 1 de agosto. Chegada a Cervera de Pisuerga sobre as 16h onde estableceremos o campamento. DOMINGO 02/08: MONTAÑA: Pico Murcia (2.341m) dende Cardaño de Arriba. SENDEIRO: Co grupo de montaña, camiño cómodo ata a base do pico e sendeiro ben trazado. Actividade lineal.  LUNS 03/08. MONTAÑA: Espiguete (2,450m) tamén coñecida coma o Cervino español. SENDEIRO:Co grupo de montaña cara a Fervenza do río Mazobre, para continuar ata o fermoso colado de Arra. MARTES 04/08. MONTAÑA E SENDEIRO: Percorrido polo espectácula románico palentino coas súas pequenas, pero moi intersantes ermidas e capelas románicas e prerrománicas. MÉRCORES 05/08: MONTAÑA: Curavacas, saíndo dende o pobo de Vidreiros, outra das emblemáticas montañs das Palentinas. SENDEIRO: Opción 1: "Senda do oso", sendeiro moi sinxelo con pouco desnivel. Sairemos dende o camping. Opción 2: Sendeiro dende Vidrieras ao Val de Pineda. XOVES 06/08: MONTAÑA: Peña Prieta, saindo dende Cardaño de Arriba. SENDEIRO: dende Cardaño de Arriba a Pozas Lomas. VENRES 07/08: MONTAÑA E SENDEIRO: Tejeda de Tosande, partindo de Dehesa de Montejo, por unha pista que nos leva a un impresionante bosque de teixos, dos poucos que quedan. SÁBADO 08/08: SAÍDA as 9:00 con destino a Vigo con parada para percorrer a paraxe das Tuerces. Aloxaremonos no Camping Fuentes Carrionas que está á beira do Pisuerga e ao pé da Montaña Palentina. Hai opción de coller bungalow ou en tenda de campaña. Hai 2 bungalows para 4 persoas e 1 para 5. Non esquezades o traxe de baño, xa que ten piscina. PREZOS: Bus Socio: 115€  Bus Non Socio:135€ Aloxamento: Bungalow : 175€ semana por persoa Acampada : 65€ semana por persoa ***Os participantes que non se desplacen dende Vigo no autobús terán que pagar 5€ cada vez que tomen parte dunha das actividades previstas.
27.06.2020
DATAS: 27 e 28 de Xuño LUGAR: Rugando (O courel) SAÍDA: 7:00h. o día 27 dende o Club, con parada en Concheiro CHEGADA: 20:30h o día 28 ao Club con parada en Concheiro DIFICULTADE: media Seguimos percorrendo o Xeoparque Montañas do Courel voltando a pernoctar na Ferrería do Rugando. Están previstas os seguintes percorridos: Sábado: Ascenso ao Montouto (1.541m) pola devesa do Cervo, coroando opcionalmente o Rinán e a Cova Ladrón e descenso a Vilarmel e Rugando. Domingo: De Rugando a Soldón da Seara, polo antigo camiño, pasando por Vilarmel, Outeiro e O Mazo. Cumes e Vales, Érbedos, revolos, carballos, sobreiras e soutos acompañannos no noso camiño Vivir O Courel, con Montañeiros Celtas!!! PREZOS Autobús: Socios 25€ Socios sen licencia polo club 26€ Socios ata 30 anos: 15€ Aloxamento: Antiga Ferrería de Rugando Noite en cuarto compartido: 30€ COMPLETO Noite na sala con saco e esterilla: 5€ Acampada: 0€ Almorzo: 5€ Cea: 18€ (ensaladilla e xarrete) Media Pensión: 22€ Só hai 24 prazas na Casa Rural en cuartos compartidos. Os demais poderán acampar ou pernoctar con saco e esterilla nunha sala da propria ferrería. Antiga Ferrería de Rugando Vive O Courel con Montañeiros Celtasl!
09.04.2020
DATAS: do 09 ao 12 de abril HORA SAÍDA: 9 de abril ás 7 da mañá HORA CHEGADA: 12 de abril sobre as 20h Este ano o destino escollido para a Semana Santa é a Montaña Palentina. Altas montañas de roca espida, fervenzas, lagos... Darémovos máis información nas vindeiras semanas pero xa podedes anotar Espigüete, Curavacas e Pico Murcia entre os destinos escollidos. PREZOS: Bus Socio: 55€ (45€ inscrición e pago antes do 9 de marzo) Bus Socio menores de 30: 35€ Bus Non Socio:70€ Albergue: Prezo noite con almorzo incluído: 15€ noite Cea: 13€
14.03.2020
DATAS: 14 e 15 de marzo LUGAR: Rugando (O courel) SAÍDA: 7:00h. o día 1 dende o Club, con parada en Concheiro CHEGADA: 20:30h o día 2 ao Club con parada en Concheiro DIFICULTADE: media Seguimos percorrendo o Xeoparque Montañas do Courel voltando a pernoctar na Ferrería do Rugando. Están previstas os seguintes percorridos: Sábado: Ascenso ao Montouto (1.541m) pola devesa do Cervo, coroando opcionalmente o Rinán e a Cova Ladrón e descenso a Vilarmel e Rugando. Domingo: De Rugando a Soldón da Seara, polo antigo camiño, pasando por Vilarmel, Outeiro e O Mazo. Cumes e Vales, Érbedos, revolos, carballos, sobreiras e soutos acompañannos no noso camiño Vivir O Courel, con Montañeiros Celtas!!! PREZOS Autobús: Socios 26€ Socios sen licencia polo club 29€ Socios ata 30 anos: 15€ Non socios: 36€ Aloxamento:Antiga Ferrería de Rugando Noite en cuarto compartido: 30€ Noite na sala con saco e esterilla: 5€ Acampada: 0€ Almorzo: 5€ Cea: 18€ Media Pensión: 22€ Só hai 24 prazas na Casa Rural en cuartos compartidos. Os demais poderán acampar ou pernoctar con saco e esterilla nunha sala da propria ferrería. Antiga Ferrería de Rugando Vive O Courel con Montañeiros Celtasl!
01.02.2020
DATAS: 1 e 2 de Febreiro LUGAR: Terras de Cereixido (Lugo) SAÍDA: 8:00h. o día 1 dende o Club, con parada en Concheiro CHEGADA: 20:30h o día 2 ao Club con parada en Concheiro DIFICULTADE: media Co comezo de ano retomamos o proxecto de continuar o percorrido polo Xeoparque Montañas do Courel. Nesta ocasión andaremos as terras de Cereixido, Centeais, Bendollo, etc, onde as oliveiras, soutos e fragas nos acompañarán na fin de semana.. Haberá visitas varias, entre elas, ao xenlleiro teixo de Cereixido, está previsto unha cata de viño e aceite de Quiroga en Bendollo. O sábado realizarase o percorrido dende Cereixido, pola devesa da Cerva e alto da Cerva (1248m), ata Centeais. O domingo, será unha ruta circular comenzando en Bendollo, pasando por Vilar de Mondelo, Chao da Casa e Bendilló. PREZOS Autobús: Socios 26€ Socios sen licencia polo club 29€ Socios ata 30 anos: 15€ Non socios: 36€ Aloxamento: Albergue de Quiroga Noite: 10€ Almorzo: 3€ Cea Sábado:10 € Vive O Courel con Montañeiros Celtasl!
01.01.2020
DATA: 1 de xaneiro LUGAR: Galiñeiro: aparcamento area recreativa Monte Galiñeiro HORA: 11:30 Como ven sendo costume nos últimos anos, comenzaremos o 2020 subindo ao querido monte Galiñeiro, clásica ascensión de Ano Novo en Montañeiros Celtas para brindar e compartir os primeiros pasos do 2020. Quedamos ás 11:30 na area de recreo para comenzar a ascensión ao cúmio. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net