Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

Felechosa, Aller, Fontes do Inverno (Asturias)
Actividade de Montaña Ponte da Constitución 4-5-6-7-8 Decembro.
Data:
04/12/2010
Organiza:
Seccion Montaña
A beleza desta paisaxe e a atracción da leonesa estación de esquí no porto, destacando a localidade de Felechosa, a 13 km do alto, pola vertiente Asturiana.
No Concello de Aller, entre as belezas naturais encóntranse as Fouces do Piñeiro e as do Aller, profundas gargantas escavadas por estes ríos na calcaria de montaña. Ademais, o concello ofrece unha gran variedade de rutas que seguen os camiños dos pastores tradicionais dende os pobos do fondo dos vales ata as fermosas brañas imposibles de adiviñar dende abaixo, e o Teixo de Santibañez de la Fuente.
A súa orografía moi abrupta con quebradas e frondosas montañas, algunhas con pendentes que van entre os 40 e os 50 graos. O 60% do seu territorio é de interese paisaxístico xa que son terreos sumamente accidentados. As súas abas teñen abundantes bosques, diferenciando distintas especies de árbores segundo as zonas na que nos encontremos, así na zona alta temos o haxa, e nas zonas medias e baixas o castaño.
Tamén se pode acceder a cumios emblemáticos como o Torres (2.100 m), o Toneo, Pena Redonda, o Retriñón, Pena Mea...
Data limite de inscrición:
03/12/2010
Crónica
...........CALEAO- FELECHOSA Domingo 5 de Decembro 2010.(Silvia Bermudez)..............
Nos deixa a a todos os participantes autobús despois de percorrer mais de 60 km. , por carreteira, comezamos xornada as 10:45 por unha cómoda pista(2 km. antes do núcleo urbano de Caleao) que cruza o río e ascende lixeiramente. Despois iniciamos unha segunda parte continuamos a ascensión pola pista para coller o desvío á dereita.
E despois iniciamos unha serpeante ascensión por un camiño tallado na rocha da montaña á beira do susurreante río. Tras cruzar unha ponte de madeira chegamos a un alto no camiño onde repuxemos forzas ao tempo que os nosos ollos gozaban dunhas vistas espectaculares.
Nese Punto deixamos o camiño do desfiladeiro dos Arrudos e collemos a una desviación cara a dereita exactamente en La Fontona, seguindo o arrollo que leva a mesmo nome en dirección ao Collado da Piornosa( 1.381 m), a neve complicou unha sinuosa ascensión pola ladeira do monte, onde as persoas mais intrépidas abriron a pegada que marcou o camiño do grupo. Esta parte da marcha discurrio por unhas brancas lombas con pinceladas verdes e unha decoración propia do Nodal, con numerosos acivros salpicados de froitos vermellos.
Xantamos chegando ao Collado e despois de un pequeno percorrido chegamos a o outro Collado de La Tabierna (onde existe varias casas de pastoreo) o grupo se separo en dous camiños alternativos uns descenderon ao outeiro en dirección ao Val e outros continuar sen perder altura até chegar a un outeiro mais elevado chamado do Mollóm, ali atopamos unha bucólica casa montañeira e nos deleitamos de una vistas preciosas do val, e analizando a ruta que baixaba con un forte desnivel se decidiu, retomar o camiño do resto de grupo mais fácil, aínda que mais longo.
Despois de percorrer o val pasando por unha fonte nas Ordaliegas e a altura da Mormera, iniciamos un fermoso camiño serpeante tallado na pedra, propios de paredes de alta montaña, que rematou nunha pista.
Para chegar a Felechosa o primeiro grupo que marchaba diante decidiu, ao chegar a pista ir por un camiño máis directo a Felechosa , rodeando o monte Cebarón ,deixando o monte a súa esquerda pola senda de San pedro, o segundo grupo deixou o monte a súa dereita e tras descender pola pista o bo rato decidiu deixar o comodidade da pista e aventurarse por un camiño un tanto incerto, ao principio xa que parecía pechado, pero deixamos a as nosas vidas en mans do GPS de Pedro, e carreiro arriba e carreiro abaixo, xa noite pechada , silveiras que te agarran e o chan escorregadizo con efecto ventosa, a banda sonora de esta parte foi ”chop-chop” de lama e o asubiar do vento, cada 10 m. algún preguntaba Pedro e por aquí e contestaba que “si” “si” con bastante certeza, pero non pareciamos moi convencidos.
Finalmente , e gracias á luz dos frontais, chegamos Felechosa sobre as 19:30, os montañeiros mais dementes do grupo, os outros xa estaban no albergue unha hora antes, limpamos as nosas botas en unha fonte e gozamos de unha ducha reparadora, cea e cama.

....................SENDA DO VAL DE TURON, por Mª Elvira Alvarez.................................
O domingo 5 de decembro o grupo de sendeiros fixo a saída da SENDA VERDE DO VAL DE TURON, unha camiñada de 18 km, e un desnivel de 400 m., que resumimos:
O autobús déixonos en Figaredo onde se inicia este bonito paseo. Puidemos gozar de antigas instalacións de lavado de carbón, centrais eléctricas e talleres ferroviarios, é un pouco un museo ao aire libre da minaría asturiana, diferentes pezas de maquinaria de minaría ao longo de todo o percorrido.
Esta senda verde fíxose utilizando as antigas vías do tren carboeiro, ademais de pasar polos núcleos de poboación de Ponte-Villandio e o Outeiro, pásanse os túneles de Biesca e os Pisóns, e por dúas pontes ferroviarias de ferro coñecidas como de Arnizo de 40 m. e o dos Pisóns de 37 m. A senda remata en La muiñeira. Pero debido ao mal tempo existente nestes días o letreiro deste lugar desapareceu, e vímonos un pouco perdidos, polo que decidimos seguir subindo ata encontrar a estrada, para entón fixeramos 3 km ata chegar a Huería de Urbíes, e aínda que xa nos sentiamos cansado, se pagou a pena poder ver a paisaxe tan bonita deste pobo asturiano.
O día amenceu gris e chuvioso, que foi mellorando ao longo do camiño, mesmo chegou a saír o sol. O chofer recolleunos para levarnos de regreso a Felechosa, xa que o outro grupo chegaba directamente ao albergue.
Unha ruta moi interesante e bonita. Se tedes ocasión facela, pero ata Hueria de Rubíes.
Elva.
...............FOCES DO PIÑEIRO DENDE FELECHOSA por Mª Elvira Alvarez...................
Á nosa chegada a Felechosa o sábado 4 puidemos gozar dunha bonita paisaxe nevado. Despois de comer decidimos facer a ruta que sae dende o albergue de Felechosa ata as fouces do Piñeiro. O camiño estaba totalmente cuberto de neve e, sen chegar fíxose de noite polo que regresamos.
O mércores pola mañá, e xa sen neve, posto que nos días da ponte o tempo foi bastante bo, decidimos repetir.
O camiño sempre ascendendo e moi ben sinalizado transcorre por un val coas paredes das fouces ao fondo e unha paisaxe de abeleiras, carballos, teñas, e acivro Nos encontramos con varias fontes de auga e pequenas cabanas. Chégase ata unha primeira ponte onde xa vemos as altas paredes calcarias das foces, aquí o camiño estréitase, sendo a súa anchura nalgunhas ocasións de non mais de cinco ou seis metros. Ao pouco tempo chegamos á segunda ponte dende onde vemos unha gran fervenza con abundante auga do desxeo, en fin unha paisaxe espectacular.
A partir de aquí regresamos, agora tócanos baixar.
Comemos no albergue e ás 14,30 h. regresamos.
Elva.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net