Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

12-20 de agosto. CAMPAMENTO VERÁN PIRINEOS: BENASQUE
12-20 de agosto. CAMPAMENTO VERÁN PIRINEOS: BENASQUE
Data:
12/08/2017
DATAS: 12-20 agosto
LUGAR: Bensaque (Huesca)
SAÍDA: venres 11 de agosto ás 23:30 h
REGRESO: domingo 20 de agosto ás 9:00 h (hora aproximada de chegada a Vigo)

Celebrando os 75 anos de historia de Montañeiros Celtas, o Club está organizando un campamento de verán na zona de Benasque, aberto a todas aquelas persoas que queiran disfrutar da montaña no mes de agosto.
Poderemos repetir a xesta dos primeiros socios do club, realizando a ascensión ao Aneto e facendo historia coma eles. Haberá sendeiros e montaña a rabear!!
O aloxamento será nun albergue de Cerler, onde temos reservadas 30 prazas, no que nos ofertaron un prezo de media pensión (dormida, almorzo e cea) de 25 € por persoa e día. O albergue conta con máis servicios opcionais: aluguer de roupa de cama e preparación de picnic para as actividades diarias.
Para o desprazamento a Pirineos empregaremos autobús.

PREZOS:
Autobús: 125 € socios, 163 € non socios
Albergue: 25 € persoa e día, incluíndo (MP: aloxamento con literas en habitación múltiple, almorzo e cea)

A QUE AGARDAS!!
DATA LÍMITE: 26 DE XULLO
Data limite de inscrición:
26/07/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net