Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Espeleoloxia

24 xuño. XORNADA DE ACHEGAMENTO AO DESCENSO DE CANÓNS E A ESPELEOLOXÍA
24 xuño. XORNADA DE ACHEGAMENTO AO DESCENSO DE CANÓNS E A ESPELEOLOXÍA
Data:
24/06/2017
DATA: 24 de xuño
LUGAR: Folgoso do Courel (Lugo)
SAÍDA: sábado 24 de xuño ás 8.00h. dende Concheiro (Avda. Madrid, Vigo).

Un ano máis organizamos esta actividade para que probedes a descender mediante cordas e material de progresión vertical un río da nosa xeografía, pola tarde iremos a unha cova para que poidades coñecer a espeleoloxía.

Trátase dunha actividade dun só día (será o sábado 24 de xuño), e iremos en coches particulares. Temos que desprazarnos á zona Folgoso do Courel (Lugo).

Faremos a actividade de descenso de canóns pola mañá no rego de Feienteiras, en Folgoso do Courel, haberá que camiñar un rato ata chegar ao inicio do descenso, uns quince minutos, e para saír do río, unha media hora. Recomendable levar unhas mallas e camiseta para non rabuñarnos moito coa vexetación (despois a roupa levarase en bidóns estancos ata o final da actividade).

Para a actividade de barrancos deberedes traer:
     - Traxe de neopreno longo (para protexernos da auga fría e dos roces).
     - Escarpíns (sen sola), para meter dentro das botas.
     - Calzado que agarre ben os nocellos (botas de montaña vellas ou similares)
     - Bañador, toalla e roupa de recambio.
     - Comida para cando acabemos.
O club proporcionará o material de seguridade necesario para esta actividade (casco, arnés, descendedores, cordas, material de instalación e sacas)

Pola tarde iremos a algunha cova da zona, sinxela, de desenvolvemento horizontal (non imos baixar colgados por cordas). Haberá que arrastrarse, pero tamén sitios amplos.

Deberedes traer:
     - Mono de tela ou roupa vella que non importe ensuciar.
     - Calzado que agarre ben os novellos (botas de montaña vellas ou similares) para meter na cova.
     - Roupa de recambio (incluído calzado).
     - Guantes se se quere.
     - Lanterna frontal se se ten.
O club proporcionará o material necesario para esta actividade (cascos, cascos con iluminación eléctrica e sacas)

Podedes apuntarvos ás dúas actividades ou a unha delas.

PREZOS PARA CADA ACTIVIDADE:
Socios federados: 3€
Socios non federados: 6€
Non socios: 12€
Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes.

Será necesario que dispoñades de licencia federativa que vos cubra a actividade de descenso de canóns, ben da Federación Galega de Espeleoloxía ou ben da Federación Galega de Montañismo (modalidade Zurich B ou superior).
Se non se dispón de seguro federativo, tramitarásevos un seguro de actividades para esta actividade.

Encontrarémonos con aqueles que so participen na actividade de espeleoloxía ás 16.30 diante da igrexa de Folgoso do Courel.
Desprazamento en coches particulares.

Xa podedes anotarvos no club, temos prazas limitadas.
Data limite de inscrición:
21/06/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net