Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

29 abril-1 maio: SAÍDA DE FERRATAS E SENDEIROS EN PICOS DE EUROPA- LA HERMIDA
29 abril-1 maio: SAÍDA DE FERRATAS E SENDEIROS EN PICOS DE EUROPA- LA HERMIDA
Data:
29/04/2017
DATAS: 29-30 abril e 1 de maio
LUGAR: La Hermida (Cantabria)
SAÍDA: venres 28 abril, ás 12 da noite desde o club
CHEGADA: luns 1 de maio, ás 21:00 h

Esta saída montañeira combina actividade de ferratas con sendeiros de montaña, nunha paraxe moi montañeira, como é o desfiladeiro de La Hermida en Cantabria.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Saímos o día 28 de abril ás 12 da noite.
Chegamos ás 7 da mañá ao pobo La Hermida (Cantabria), almorzamos (no propio albergue dan almorzo a quen reserve con antelación) deixamos as cousas no albergue e imos ao centro de recepción para que nos dean uns consellos e quen teña que alugar material o poida recoller.

-Día 29 de abril:
a) Opción vías ferratas:
Faremos a integral da vía ferrata principal de La Hermida (http://www.ferratalahermida.com/images/poster_via_ferrata_recorridos_w.pdf). A metade de vía, esta divídese en dous. Un tramo continua en ascenso ata rematar en cova Ciloña (desnivel de 700 metros), e outro tramo continua en travesía horizontal cruzando dúas pontes tibetanas. Intentaremos facer os dous tramos se nos da tempo e nos quedan forzas.
b) Opción sendeiros: realizarase un sendeiro pola zona.

-Día 30 de abril:
a)Faremos unha preciosa ruta montañeira moi aérea, chamada a "Pasá del Picayo" que enlaza o pobo de San Esteban con Tresviso (http://www.karstic.es/lugar/pasa-del-picayo/). A ruta pasa por canles, outeiros, camiños tallados na pedra, cables, covas e pasos estreitos... non lle falta de nada. Iso si, require esforzo: 19 Km e 1.000 metros de desnivel acumulado. (http://www.montesdeasturias.com/Picos/picayo.htm)
b)Tamén haberá opción de sendeiro.

-Día 1 de maio:
a) Opción vías ferratas:
Faremos a curta pero explosiva ferrata do pozo Milar (200 metros nunhas 2 horas) que remata cun salto en tirolina. http://www.ferratalahermida.com/tarifas/70-el-milar
b) Opción turista:
Visita libre ao pobo de Potes. O autobús levará e traerá o que desexe pasear polo precioso pobo de Potes.

Sobre as 14:00, xa comidos, emprenderemos a viaxe de regreso a Vigo para chegar aprox sobre as 21:00.

Material necesario para as vías ferratas (pódese alugar na oficina de recepción da ferratas):
Arnés.
Casco.
Cabos de ancoraxe con disipador.
Estar federado (polo seguro).
Material opcional:
Guantes
No centro de recepción das vías ferratas da Hermida se pódese alugar o material para todo o día. Si vas a necesitar alugar material ou pedir prestado ao club, hai que reservalo ao facer a inscrición da saída. As tarifas son:
Arnés. 5€
Casco: 5€
Cabos de ancoraxe con disipador: 8€

Para facer as vías ferratas non fai falta ter coñecementos de escalada. Só é necesario ter un mínimo de forma física, estar federado, ganas de pasalo ben e, evidentemente, non ter vertixe. O primeiro tramo de vía ferrata que faremos o domingo é o máis facíl. Está recomendado para principiantes e nenos. Co cal, se tes dúbidas se gustarache ou crees que non podes facelo, sempre poderás probar e, terminado ese primeiro tramo sinxelo, decidir se continuas coa vía ferrata ou abandonar. Ao longo das vías ferratas hai varios "escapes" sinalizados por se alguén quere retirarse e baixar andando ata o albergue.

En caso de mal tempo que impida facer a vía ferrata, realizaremos unha ruta de sendeirismo ou visita a algunha cova da zona.

PREZOS:

Prezo bus: Socios: 48€ Non socios: 60€
Aloxarémonos no albergue La Hermida (http://www.alberguelahermida.com) que está a pé das vías ferratas: Media pensión 23 euros (2 dias 46 euros). Solo durmir 10 euros (2 días 20 euros)
Almorzo 1er día: 3€ euros
Data limite de inscrición:
26/04/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net