Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

11-12 de marzo. VIA XVIII-ITINERARIO ANTONINO: ETAPAS 12-13
11-12 de marzo. VIA XVIII-ITINERARIO ANTONINO: ETAPAS 12-13
Data:
11/03/2017
DATAS: 11 e 12 de marzo
SAÍDA: 11 de marzo, desde Montañeiros Celtas ás 8:30 h (Avda. das Camelias)
REGRESO: 12 de marzo, ás 17:00 h, chegada a Vigo ás 20:00 h

SÁBADO 11 DE MARZO
Dende os Codos do Larouco ascenderemos ao alto de Feixeiro (861 m) cunha subida tendida e moi doada. Descenderemos cara o pobo do Larouco para continuar a Petín, onde remataremos a xornada do sábado.
Visita ao museo da Pobra de Trives (Montañeiros Celtas convida á entrada ao museo)

DOMINGO 12 DE MARZO
Saída dende a Ponte da Cigarrosa (A Rúa) dirixíndonos cara Valdegodos, pasando por Cógomo e rematando no Barco de Valdeorras.
Estase xestionando a visita a unha adega.

PREZOS

ALOXAMENTO: Albergue Villamartín de Valdeorras: 17,50 €/persoa. Incluíndo pernota, cea e almorzo. Hai que levar saco de durmir.
BUS: Socios con licenza 21€ Non socios 28€

Data limite de inscrición:
08/03/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net