Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

26-27 novembro. SENDEIRO/TRAVESÍA POLO CATOUTE
26-27 novembro. SENDEIRO/TRAVESÍA POLO CATOUTE
Data:
25/11/2016
DATA: 26-27 de novembro
LUGAR: Pico Catoute (León)
DIFICULTADE: media/alta
SAÍDA: 25 de novembro, ás 17:00 h
CHEGADA: 27 de novembro, ás 21:00 h

Esta é unha saída onde hai posibilidade de facer unha travesía pola zona do Catoute, ou sendeiro pola mesma zona.

TRAVESÍA:
Durmimos o venres en Casa Salomé.
O sábado, despois de almorzar, comezamos travesía desde o lugar de Salentinos, dirixíndonos cara o pico Catoute (2.117 m), facendo cumio no día, e descendendo para facer noite na Braña de la Peña.
O domingo, despois de recoller campamento, realizaremos a ascensión ao pico Valdeiglesias (2.136 m), para logo baixar cara Salentinos, onde nos recollerá o autobús.

SENDEIROS:
O sábado, os de sendeiros realizarán o mesmo percorrido que os de travesía, subindo o Pico Catoute, para baixar a Salentinos, onde os recolle o autobús, para levalalos a facer noite en Casa Salomé (Toreno)
O domingo, volven a Salentinos para realizar a ascensión do Pico Valdeiglesias, onde se reunirán cos de travesía, para logo descender de novo a Salentinos.

ALOXAMENTO: Casa Salomé (Toreno). Prezo de media pensión 22 €
PREZO BUS: 29 € socios federados. 41 € non socios
Data limite de inscrición:
23/11/2016



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net