Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

22-23 outubro. ACTIVIDADE DE MONTAÑA Á FONSAGRADA
22-23 outubro. ACTIVIDADE DE MONTAÑA Á FONSAGRADA
Data:
22/10/2016
Organiza:
Sección Senderismo-Montaña
DATA: 22-23 de outubro
LUGAR: A FONSAGRADA (LUGO)
DIFICULTADE: media
SAÍDA: sábado 22 ás 6 da mañán

ACTIVIDADE MONTAÑA-SENDEIRO 22-23 DE OUTUBRO
FIN DE SEMANA POLA FONSAGRADA
Sairemos cediño o sábado pola mañá, ás 6.00 horas deberemos estar xa en ruta. Levaremos preparada unha mochila de ataque porque xa iremos cara ao lugar do inicio da actividade. Faremos actividade o sábado e o domingo.
Sábado.- Dende a aldea de Vilardíaz daremos comezo esta andaina que nos levará por vilas abandonadas, soutos, veremos corripas e outras construcións tradicionais. O camiño levará unhas 7 horas e será un sube e baixa constante. Esta é unhas das rutas máis espectaculares que se poden facer no concello de A Fonsagrada.

Domingo.- Raiando entre Asturias e Lugo, percorreremos o desfiladeiro de Bustelin. Con inicio na ponte colgante de Rio de Porcos. Será un pouco máis curta que a ruta do día anterior, pero igualmente fermosa.
O aloxamento será no Albergue Cantábrico, na Fonsagrada.

PREZOS:
DESPRAZAMENTO: 29€ (socios) 40€ (non socios)
ALOXAMENTO: 10 Euros, (media pensión 26 euros)

Albergue Cantábrico:
Dispón de habitacións con liteiras provistas de roupa de cama.
O prezo do albergue é: 10 euros
Almorzo e cea: 16 euros
O albergue dispón de habitacións dobre e individuais. Pendente de confirmar disponibilidade
Nota: o albergue ten cociña para quen queira facer uso dela.
Data limite de inscrición:
19/10/2016



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net