Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

16 a 18 setembro: TRAVESÍA MACIZO OCCIDENTAL PICOS EUROPA
16 a 18 setembro: TRAVESÍA MACIZO OCCIDENTAL PICOS EUROPA
Data:
16/09/2016
DATA: 16 a 18 de setembro
LUGAR: PEÑA SANTA-PICOS DE EUROPA-MACIZO OCCIDENTAL
DIFICULTADE: ALTA
SAÍDA: VENRES 16 DE SETEMBRO ÁS 17:00 DESDE O CLUB
PREZOS BUS :
SOCIOS CON LICENZA 51 EUROS
SOCIOS SEN LICENZA 53 EUROS
NON SOCIOS 69 EUROS
DOUS SOCIOS FAMILIA 98 EUROS

PREZO PERNOCTA
DARASE INFORMACIÓN EN VINDEIROS DÍAS

TRAVESÍA CIRCULAR RODEANDO PEÑA SANTA no MACIZO OCCIDENTAL DE PICOS DE EUROPA

• Venres día 16 de setembro: Saímos o venres 16 ás 17:00 h dende o Club (se imos en autobús) e chegaremos sobre as 00:00 h á Vega de Enol (calculamos unhas 7 horas de viaxe en bus) onde pernoctaremos no refuxio de Vega de Enol. O refuxio ten liteiras para 20 persoas, inda que caben ata 27 persoas excepcionalmente.

• Sábado 17 de setembro (distancia:19 km, desnivel positivo: 1.200 m, duración aproximada: 9 h). Almorzamos no refuxio (1.100 m) e marchamos cara ó sur pasando por varias vegas (Enol, Pandecarmen, Vega la Piedra, Vega Canraso, Rondielle) ata chegar ó refuxio de Vegarredonda (1.410 m) onde pararemos para coller augar na fonte, pois no recorrido hai moi poucas. A partir do refuxio, desaparece a vexetación e a pedra calcaria gris cúbreo todo. Ademais, o camiño comeza a inclinarse moito. Seguimos en dirección sur cara ó antigo refuxio de Vegarredonda, remontando o incipiente río Junjumia. Ó chegar a Llampa Cimera, o camiño bifúrcase e seguimos ó este, pasando ó pé do muíño rochoso de Porru Bolu (2.025 m). Continuamos subindo ata o Mosquil de Cabollada (2.246 m) para logo ir alternando descensos e ascensos lixeiros típicos dos “jous” (dolina, depresión Kárstica): Jou Lluengu, Jou Las Pozas, Horcada Las Pozas (2.115 m), La Llerona ata chegar a Vega Huerta (2.040 m) onde termina a ruta do día e onde faremos vivac (cada un debe levar a súa propia tenda, saco e cea). En Vega Huerta hai un refuxio non gardado con capacidade para 4 persoas (8 se se apertan moito) pero non está garantido que haxa sitio. Tamén hai unha fonte que é difícil, pero non imposible, que se seque no verán, pequenas pradeiras de herba onde poder vivaquear comodamente e unhas vistas impresionantes da muralla sur de Peña Santa. Se chegamos pronto, e inda hai forzas, podemos ascender ata os Moledizos (2.295 m, 6 km en 3 horas).

• Domingo día 18 de setembro (distancia:14 km, desnivel positivo:300m, duración aproximada: 6 h): Almorzamos e recollemos o noso vivac mentres vemos amencer polo macizo central. Saímos en dirección Oeste e en lixeiro descenso pola Pedroza Carbanal ata chegar á gudiña dos Portao de Cuba (1.957 m), un oasis chan e verde entre tanta pedra e desnivel. Abaixo vense Caín e o comezo da ruta do Cares. Xiramos á esquerda cara ós Basares para entrar ó Jou Santu polo paso encaixado do Boquete (2.015 m). Cruzamos o impresionante Jou Santu flanqueado por altas torres (Peña Santa, Piedra Luenga, Alba, Canal Parda) ata a gudiña do Jou Santu (2.112 m) e pasar ó Hou dos Asturinos. Dende aquí comeza un descenso pronunciado polas Barrastrosas ata volver ó refuxio de Vegarredonda (1.410 m), e logo ó refuxio de Vega Enol de novo. O autobús recolleranos sobre ás 16:00 h e chegaremos a Vigo sobre as 23:00 h.

NOTA: existe a posibilidade de que todas aquelas persoa que queiran ir a esta zona, pero que non estean interesadas en facer a travesía, teña a posibilidade de ir no bus e reservar aloxamento no Refuxio de Vega de Enol para dous días. Neste caso a actividade que realicen sería libre.
Data limite de inscrición:
13/09/2016



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net