Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

16 e 17 de xullo: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN
16 e 17 de xullo: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN
Data:
16/07/2016
CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN
DATA: 16 e 17 de xullo
LUGAR: CAMPING O CORGO. MUGUEIMES (MUIÑOS) PARQUE NATURAL DE OUTEIRO DE CELA

Este ano trocamos a costa polo interior. Na provincia de Ourense, gozaremos da paisaxe que envolve ao encoro de Salas, aloxarémonos no camping O Corgo, situado á beira do encoro das Conchas no Parque Natural de Outeiro de Cela. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici, percorrendo as inmediacións do encoro. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.
O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar a recomendable visita ás ruinas romanas, e á zona de baño augas termais.

Esperámoste!!

Prezos aloxamento:
* CAMPING:
- Socios adultos: 7,00€
- Non socios: 9,00€
- Menores (ata 14 anos) de balde
* ALBERGUE:
- Socios adultos: 10,00€
- Non socios: 12:00€

Prezos de piragua:
- Piragua individual: 10,00€
- Piragua remo banco móbil: 15,00€
Opcionalmente pode reservarse xantar e almorzo no albergue: xanta ou cea, 8 euros; almorzo, 3,5 euros.
Hai piscinas con acceso dende o camping, con custe de 1,5 euros/día para menores de 14 anos e 2euros/día maiores

Data limite de inscrición:
13/07/2016



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net