Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

29 de maio. SERRA DO BARBANZA
29 de maio. SERRA DO BARBANZA
Data:
29/05/2016
DISTANCIA: circular de18 KM.
DIFICULTADE: FACIL
TEMPO ESTIMADO : 5 H.
HORA DE SAÍDA: 8:30h dende o local do Club.

Antigamente, toda a costa atlántica europea, estaba cuberta por un denso bosque que o home foi eliminando durante séculos de explotación, quedan actualmente recunchos que todos coñecemos, como as Fragas do Eume ou a Devesa da Rogueira entre outros, imos percorrer a “Devesa de Nimo” na serra do Barbanza, bosque autóctono de carballos, abeduis, salgueiros, loureiros, acivros, musgos e grandes fentas e lianas, cuberta vexetal que se mantén pola gran humidade durante todo o ano.

Partiremos do Esteiro do Tambre, zona protexida pola Red Natura 2000, cunhas boas vista da Ponte Nafonso, logo de cruzar a ponte colgante sobre o Tambre, chegaremos á Area Recreativa, o edificio central foi proxectado polo arquitecto galego Antonio Palacios en 1932, de alí sae una senda de pescadores, que se vai estreitando a medida que nos diriximos á garganta, ladearemos o cañon por unhas pasarelas de madeira ata chegar á fraga, onde, se temos sorte, atoparemos os restos do “Ermitorio de San Gregorio” e do “Monasteiro de Corentia” (construcións medievais que un grupo de arqueólogos están intentando datar). No último treito a senda desaparece, !Pero nada que os nosos montañeiros non poidan superar!. A volta podémola facer polo mesmo sitio, ou para os mais atrevidos pola canle do encoro de Barrié de la Maza, a canle ten un muro duns 50 cm., e algunhas barandas, con boas vistas sobre o val e a garganta.

É unha ruta para gozar, para cheirar a fraga, escoitar a auga e sentir o musgo nos pés, ás veces terá que ser nas mans , iso si, Auga terémola a fartar!! (levade un calzado que agarre ben).
Nota: Como xa sabedes, dependendo dos que sexamos desprazarémonos en autobús ou en coches particulares, polo que cando vos anotedes indicar se tedes posibilidade de levar coche, aboaráselles ós condutores os gastos .

PREZOS: SOCIOS 11€ SOCIOS SEN LICENCIA: 13€ NON SOCIOS: 17€
Data limite de inscrición:
26/05/2016



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net