Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

31 outubro - 2 de novembro: Círculos Cántabros. Actividade realizada conxunta co Club de Montañeiros de Pontevedra A Roelo
31 outubro - 2 de novembro: Círculos Cántabros. Actividade realizada conxunta co Club de Montañeiros de Pontevedra A Roelo
Data:
31/10/2015
Organiza:
Club Montañeiros de Pontevedra A Roelo
Saída día 31/outubro ás 8.00 Horas Pontevedra lugar habitual
e 8.30 horas Vigo, Kiosko Praza España.

CÍRCULOS CÁNTABROS ( CC ) ( SIERRA VILLABANDÍN E CIRBANAL) :

Que é Círculos Cántabros ? : Coñecer e pisar toda a Cordilleira Cantábrica e os seus ramais Montes de León e Picos de Europa, facendo círculos. Deberíase chamar Cordales Cantábricos, pero Círculos Cántabros ten máis forza.

Iniciamos na Reserva da Biosfera ( 2004 ) e Parque Natural de Babia e Luna ( 2015 ). Terras de transhumancia e repouso de pastores estremeños e reis leoneses,de cabalos e mastines,de ovellas merinas e cabras vermellas. Terras de montañeiros.

"Estás en Babia, ensimismado y algo despistado, nunca perdido." E no outono, a estación da cor.

Haberá saída de Montaña (M) e de Sendeiro (S) perfectamente marcado,non guiado

CC 1 PENOUTA - LAGO TXAO 31/Outubro ( Sierra de Villabandín)

Sierra de Villabandín, fronteira de Babia e as Omañas, miradoiro privilexiado da cantábrica, con incontables vales enmarcados pola súa V interna e cordales secundarios.

Saída e chegada Riolago ( 1240 )

(S) Lago Txao i/v
(M) Lago Txao , Cordal , Penouta ( 2099 ) , Lago Bustagil

CC 2 VALGRAN - CAÑADA. LAGO BUSTAGIL

Saída e Chegada Riolago

(S) Diminuto lago Bustagil i/v
(M) Collado EntreLobos (1751), Peña Blanca (1846), Braña Vieja(2007), Alto de Terreros (2056), Valgran (2081), Peña Las Arenas (2112), La Cañada o Alto de la Vega da Muñeca (2151),Ferrera ( 2109),Barracóns.

Os (S) terán tempo estes dous días para visitar o pulcro Riolago, Palacio de Quiñones,Panadería-repostería Alonso (Forno de Leña) e deambular en busca da casa do escribano ou maduras peras vermellas.

CC 3 CIRBANAL .- PEÑA LA SILLA . CHOZO BARRADAL

Estes dous illados montes calizos unen Pajares con Ubiña-La Mesa

Saída e chegada Balneario Caldas de Luna.

(S) Pasteiros de altura no chozo o Barradal i/v
(M) Tunel Negrón (1200), aldea abandonada de Cacabillos (1350), Pasteiros, Collada Barradal,Faldeo N, Peña La Silla (2078), Cirbanal (2081), Faldeo S, Cacabillos.
A ida e volta a Cacabillos son por marxes diferentes.

TERREO :

Pistas gandeiras, camiños de pedra, sendas, verdes prados. monte limpo, minúsculas manchas piornos e escobas.

LOGISTICA :

Aloxamento en Teleclub de Huergas de Babia, GRATUÍTO. Dispón de Cociña,estufas de leña,auga,mesas,bancos,fonte externa. Non ducha.Levar esterilla e saco,etc..
Posibilidade de Almorzo 2 € e Cea 6 €.
(embutido ibérico e empanadas) no Moriscal (Pepe o seu dono,Club de Montaña Babia, facilito este aloxamento). Hai que anotarse para encargar as empanadas.
Opcional : Contacto e reserva por parte de cada interesado.O club faise cargo dos desprazamentos para as saídas.
Refuxio Torrebarrio

FGM 986.20.87.50 5€ p/p
Albergue O Rebezo en Torrebarrio 687.73.43.37 e 987.59.42.02
Durmir e almorzar 20 € p/p .
Cea por encargo 8 €
Hotel Vale San Emiliano en San Emiliano 987.594.150 35 € p/p media pensión.

SÓ FEDERADOS

Día 31 preparada mochila de ataque. Para o bus e a camiñar.
Día 2 o bus non volve ao aloxamento,cargar todo no bus e mochila de ataque para a ruta. Hai fonte de auga tépeda en Caldas para aseo ao terminar de camiñar.

Prezo bus:

*Federado socios club (AROMON e Celtas) 35,00 €
*Federados outros clubs 48,00 €


*Levar frontal (por se acaso faise de noite na caminata)
*Hai que levar comida para o primer día no autobús xa que nada máis chegar comezará a pateada (non se para a comer).


Para dúbidas e contacto nas saídas Víctor 622.00.48.30
Data limite de inscrición:
28/10/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net