Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

10-12 outubro: PARQUE NACIONAL DE SOMIEDO
10-12 outubro: PARQUE NACIONAL DE SOMIEDO
Data:
10/10/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
Somiedo foi o primeiro espazo asturiano declarado Parque Natural.
Declarouse en 1988, e no ano 2000 declarouse Reserva da Biosfera
O territorio se organiza en catro vales principais, sucadas por
outros tantos ríos que lle dan nomes: Saliencia, Valle, Somiedo e Pigüeña. A poboación é duns 1.600 habitantes aproximadamente sendo Pola de Somiedo la capital del concello.
Data limite de inscrición:
05/10/2015
Crónica
A ACTIVIDADE:
Sairemos á noite do venres para o sábado, á 2.00 da madrugada
Chegaremos ao albergue sobre ás 7.30 da mañá.
Almorzaremos alí, e logo de deixar as cousas nas habitacións do
albergue faremos a actividade:
SÁBADO DÍA 10:
SALIENCIA-CAMIÑO REAL DE LA MESA-PORTO DE SAN LORENZO
Actividade lineal que empeza na mesma aldea de Saliencia subiremos pola
Foz dos Arroxos para enlazar co camiño Real que nos levará ata o Porto
de San Lorenzo onde nos esperará o autobús.
Dificultade: fácil
Tempo estimado: 6 horas
DOMINGO DÍA 11:
ALTO DA FARRAPONA- LAGOS DE SALIENCIA PICO ALBO OCCIDENTAL(2075m)- -
PICO RUBIO (2049m)-ALBO ORIENTAL (2103m)- ALTO DE LA FARRAPONA
Será unha actividade circular. Dende Saliencia o autobús déixanos no
alto da Farrapona. Aquí iniciamos camiño para dirixirnos ao primeiro
dos lagos, o lago de la Cueva, pasando por pista e prado. Veremos as
entradas das antigas minas de ferro. Logo deixaremos o camiño para
dirixirnos cara aos Cumios. O regreso farémolo buscando camiños ,
veremos o lago Calabazosa e o lago Cerveriz, para volver de novo ao
lago Cuevas e de aí ao inicio da ruta.
Dificultade: Media
Tempo estimado: 6 horas
DÍA 12:

2)VALLE DEL LAGO- EL PUERTO DE SOMIEDO
Dende Valle del Lago subiremos ata El Puerto de Somiedo, pasando
pola braña de Sousas-
*As actividades poderán sufrir modificacións, a criterio da
organización
ALOXAMENTO NO ALBERGUE DE SALIENCIA, podedes consultar a súa
páxina web: www.alberguesaliencia.es
Lembrade que:
• Na aldea de Saliencia non hai tendas, só está o bar do
albergue e outro máis.
• Se alguén precisa pan para bocatas debe encargalo no momento
do almorzo, despois non se recollen encargos.
• Levade preparada unha mochila para a actividade do primeiro
día con todo o que precisedes.


IMPORTANTE A TER EN CUENTA:

No pobo de Saliencia NON hai tendas, está o Albergue e outro Bar, polo que o que queira pan para bocadillos deberá indicalo á hora do almorzo, e o día de chegada, Sábado, á mesma chegada,. A partir das 11 da mañá non se pode encargar, polo que hai que ter en conta este feito.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net