Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

31 OUTUBRO e 1 NOVEMBRO - RIBEIRA SACRA - SAÍDA ÁS 08:30
31 OUTUBRO e 1 NOVEMBRO - RIBEIRA SACRA - SAÍDA ÁS 08:30
Data:
31/10/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
Ben, outra vez á Ribeira Sacra e imos encantados porque ten tanto que ver que cada vez que imos dános para percorrer zonas distintas ás outras saídas. Como sabedes comarca que colle parte das provincias de Lugo e Ourense se está postulando para ser declarada patrimonio da humanidade, dende logo que ben merecido o ten. É unha gran extensión cunha foresta ben conservada que se mostra espectacular no outono, o Cañon do Rio Sil é impresionante. Todo o que vira ao redor da súa produción vinícola, a súa gastronomía, as súas antiquísimos, afamados e bellísimos mosteiros...
Ademas nesta ocasión imos ter anfitrións excepcionais, persoas que desde as asociacións poñen en valor todos os aspectos da zona, por suposto tamén o sendeirismo. Asi o sábado recibiranos Manuel Sarmiento, promotor do GR-162. Este carreiro de longo percorrido o ten dividido en catro etapas e levásenos á que considera mais destacada, a etapa de Belesar.
O domingo recíbenos Paula Verao da asociación de Sober " O colado do Vento" será ela a encargada de acompañarnos a outra zona da Ribeira Sacra, seguro que preciosa tamén pois ambos viven namorados da súa terra e vannos a mostrar o que consideran mellor dela.
Imos procurar tamén que nos quede tempo suficiente para á tarde percorrer Monforte de Lemos, onde pasaremos a noite. Monforte é o pobo cabeceira da comarca, a maioría non para cando vai de viaxe e agora comprobardes que bonito e animado zona vella ten, cada un cea onde queira, a oferta é moita e boa.
Non deixedes de anotarvos, sen dúbida A Ribeira Sacra no outono cos amigos do club será un éxito mais.
Data limite de inscrición:
29/10/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net