Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

31 de maio: Integral Xabriña
31 de maio: Integral Xabriña
Data:
31/05/2015
Xabriña…. bonito nome, precioso río…. Imos facer o INTEGRAL XABRIÑA
Pois por aí imos camiñar o vindeiro 31 de maio.
Desde o club plantexamos un percorrido novedoso (por iso o de Integral Xabriña) para coñecer ben o río. Todo o río. Desde o seu nacemento, ao lado da Franqueira, ata o seu abrazo co Tea, en Mondariz (ao lado do balneario). Colleremos o tramo alto do xabriña, conectaremos co sendeiro do mesmo nome, continuaremos polo sendeiro de Mouriscados e continuaremos ata Mondariz. A destacar a arquitectura e enxeñería populares, e a frondosa e variada vexetación do bosque de ribeira.
O roteiro ten de todo: todo para abaixo, seguindo o río, pola sombra, haberá onde repoñer auga no 1º tramo, e haberá aventura: non se descarta cruza-lo río, descalzos; non esquezades o frontal, vaise por sendeiros de pescador, con tramos por levadas e con tramos curtos de lameiros, …e con enorme terraza cervexeira ao final…. Total: 21 Km aprox.
Sairemos do club ás 8:30 horas da mañá, estando previsto o regreso ao club ás 21 da tarde.


PREZOS

10€ SOCIOS

13€ NON SOCIOS
Data limite de inscrición:
28/05/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net