Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

8 de marzo: CAMIÑANDO POLA SERRA DO SUIDO
8 de marzo: CAMIÑANDO POLA SERRA DO SUIDO
Data:
08/03/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
CAMIÑANDO POLA SERRA DO SUIDO

Tipoloxía: Sendeiro
Distancia: 19,00km
557 m de desnivel, sendeiro – crestería
Duración aproximada: 7:00h
Tipo de chan: camiños rurais de montaña, sendeiro, crestería sen senda.
Grao de dificultade: 7 horas de pateo, ( 3 horas de subida. )

Continuamos descubrindo a natureza na Serra do Suído con esta bonita proposta para recrearnos nunhas construccións antigas e tradicionais moi importantes da Serra do Suido: O foxo do lobo, o chozo, a poza de Piñeiro e o pico Bidueiros.
A vella e fortemente erosionada formación granítica da Serra do Suído, caracterizada pola combinación de pendentes abruptas nas súas caeiras con planaltos na liña de cumes, representa o límite meridional da Dorsal Galega, e a fronteira administrativa entre as provincias de Ourense e Pontevedra.

Sairemos as 9.00h fronte ao Club. Una vez pasado Covelo e Maceira, deixaremos parte dos coches en Fofe e seguiremos ata Piñeiro (10 m.), onde iniciaremos a ruta.

Subiremos por sendeiro ata Poza Piñeiro, con una ascensión suave, A Poza de Piñeiro foi construída para almacenar auga destinada a regar os campos e hortas dos veciños de Piñeiro, con riguroso turno de rega; ladearemos a Poza e seguiremos cresteando ata Pico Bidueiros (943 m) no seu punto xeodexico, se acompaña o día, sorprenderanos unha curiosa panorámica.


Baixaremos as brañas, na caeira leste do Coto de Bidueiros, onde se asenta o conxunto etnográfico de Bidueiros formado polas chozas, currais e sesteiros destinados á explotación gandeira dos pastos deste macizo, denominados no seu conxunto “Campos de Barcia de Mera”.
Os chozos, construídos na súa totalidade en pedra servían de refuxio aos pastores. (Estas brañas chegaron a ter 16.000 cabezas de gando, según nos conta un veciño de Piñeiro).

Despois do almorzó, cruzaremos o seguinte val e chegaremos “O Foxo do Lobo”.
A primeira referencia escrita deste elemento, recóllese nun pleito, da Real Chancillería de Valladolid do ano 1653, un litixio veciñal pola posesión e uso de terreos de pasto no Suído, entre a parroquia de Barcia de Mera e as que constituían por aquel entonces o Val do Tielas, Campo e Fofe. No prego noveno, fálanos da posesión, uso, mantemento e xestión compartida polas tres ferigresías dun “foso” para a realización de “monterías y correrías de venados y otras fieras. O que nos leva a pensar como sería a vida nestos montes no siglo XVII.
E xa feito un cumio de casi mil metros, seguiremos baixando polo camino de laxiñas ata chegar a Fofe.

Recoméndase roupa de abrigo, bastóns e frontal (polo que puidera pasar... ;-)

Dependendo dos asistentes iremos en bus ou en coches particulares.


Hora de saída 09:00h (chegada 19:00h)



Data limite de inscrición:
06/03/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net