Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

15 de febreiro: Seixo-Cerdedo
15 de febreiro: Seixo-Cerdedo
Data:
15/02/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
Voltamos o "espazo sagrado" - o "Olimpo Galego " da man do do estudioso do entorno D. Carlos Solla, autor de varios libros entre eles : Monte do Seixo - o santuario perdidos dos Celtas. .
Con saida dende Cerdedo ascenderemos o seu cumio como subían e subes os peregrinos do noroeste peninsular para invocar os favores das deidades que alí habitan. Este antiguo santuario , emprazado na cabecera do val do río Lérez e do río Verdugo, na comarca pontevedresa de terra de Montes, era o "centro do mundo " - el "umbilicus mundi" dos pobos célticos.
Deuses,mitos e ritos do Monte do Seixo, servirán de guía para coñecer o significado que se esconde tras cada leenda. E seguindo as importantes pegadas históricas e etnógraficas , algunhas de carácter mítico e máxico. Pasaremos pola Costa da Galgareta, Covaladrós, Fonte de Sanabarrigas, Chan das Mamas ( mamoas ), Lagoas Grande e Medias , polo Pozo da Muller Morta para rematar no Portalén ( Porta do Alén ou do máis alá) e o Marco do vento ( espectacular monolito de seis metros de altura ) , así como o lugar onde "morreu o Home", nomes de lugares que nos transportarán nunha actividade de montaña a unha xeira cultural imprescindible para o coñecemento dunha montaña máxica.
Imprenscisdible, non faltar.

Hora saída: 09:30 horas dende Montañeiros Celtas
Hora chegada: 19:00 horas a Montañeiros Celtas

BUS
Precios:
Socios: 11€
Non socios: 16€
Data limite de inscrición:
13/02/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net