Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

18 de xaneiro: Pena Corneira-Leiro
18 de xaneiro: Pena Corneira-Leiro
Data:
18/01/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
Empezamos a camiñar nun dos pobos mais importantes do Ribeiro, Leiro. Pasando polas súas rúas veremos polas súas casas nobres e de boa pedra, o que nun dia foi un pobo de grande animación. Ao longo da ruta pasaremos por algún pobo da zona aínda que todos mais pequenos pero moi bonitos e rurais e como non rodoeados de viñedos, despois transitaremos moitos quilómetros por unha zona dun bosque autóctono na súa maioría moi ben conservado. O punto mais importante pono a ascensión a Pena Corneira, gran penedo dende o que teremos unhas bonitas vistas de gran parte desta bisbarra. Finalmente e antes de volver á casa, pararemos en Leiro de novo para pasear un pouco a súa parte de río e tomar a merecida cervecita.

Saída as 9:00h.

Coches particulares

Prezos

Socios: 12€
Non socios: 16€
Data limite de inscrición:
16/12/2014



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net