Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

1 de febreiro: PR Trilho do Glaciar e do Alto Vez
1 de febreiro: PR Trilho do Glaciar e do Alto Vez
Data:
01/02/2015
Organiza:
Sección Montaña/Sendeiros
PR Camiño do Glaciar e do Alto Vez

Tipoloxía: circular, con tramo lineal

Distancia: 13,44km
600 m de desnivel, terreno resbaladizo
Duración aproximada: 7:00h
Tipo de chan: camiños rurais de montaña
Grao de dificultade: 7 horas de pateo, 2 horas de subida.

Sairemos as 9.30h fronte ao club.Iniciaremos a ruta as 11.15 aprox. na aldea de Porto Cova ( parroquia de Sistelo ) pertencente ao concello de montaña de Arcos de Valdevez no veciño Portugal.

A medida que camiñemos polos chamados alí carreteiros ( por presentar sinais de rodadas dos carros de vacas ) iremos observando diversos elementos paisaxísticos de singular beleza, como son as brandas ou inverneiras, eiras, regadios, espigueiros ( conxuntos de canastros ), e socalcos. Tamen veremos as estranas formas xeolóxicas dos bloques graníticos.

Pouco a pouco, entraremos no val glaciar da Serra da Peneda, por onde un antigo glaciar ( xa extinto) foi modelando a superficie da montaña formando os característicos vales en U.Pasaremos por varias brandas, algunhas ainda en uso, ao noso redor poderemos observar agrupacións de carballos ( Quercus robur ) e remataremos no punto de inicio dende onde poderemos achegarnos ao castelo dos vizcondes de Sistelo ( e ve-lo dende fora ).

Na volta a casa posibilidade dunha "parada técnica" en Monçao onde degustar " uma bica cuma nata " que nos quente o corpo e o espírito.

Recoméndase roupa de abrigo, bastóns e frontal ( polo que puidera pasar... ;-) .

Coches particulares

Prezos:

Socios (con licenza): 8€
Socios (sen licenza): 10€
Non socios (con licenza): 12€
Non socios (sen licenza): 14€
Data limite de inscrición:
28/01/2015



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net