Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

1, 2, 3 de Novembro: Val de Quirós
1, 2, 3 de Novembro: Val de Quirós
Data:
01/11/2013
Organiza:
Sección montaña
Na ponte de todolos santos ímonos ó vale de Quirós (Asturias) conocido porque alí comeza a famosa senda do oso (unha das máis bonitas vías verdes que existen) e por unha das mellores escolas de escalada do país.

Sairemos en bús dende o club o xoves 31 de Outubro ás 24:00 e chegaremos a Quirós sobre as 6 da mañá. Despois de almorzar, comezaremolas rutas:

Venres 1 de novembro:
- Sendeiros: Ruta Bermiego - Desfiladeiro as Xanas - Villanueva (Distancia: 20 Km, duración: 7 horas). O bús deixarános no pequeno pobo de Bermiego (760 mts.), onde se atopan un teixo e un carballo centenario declarado monumento natural, e subiremos hata o Pando da Mortera (1.111 mts.) pasando polas brañas de Linares. Dende alí será practicamente todo un lento descenso por prados, cabanas, bosques e pobos típicos asturianos hata un final espectacular: o desfiladeiro das Xanas. Trátase dun estreito camiño escavado na rocha con "pico e barrena" para atravesar o angosto canón do río Xanas, parecido ó do río Cares pero de menor lonxitude anque igual beleza. O desfiladeiro remata no pobo de Villanueva onde agarda o autobus para levarnos ó albergue.
- Montaña: Ruta Bermiego - Moncuevu - l'Angliru - Gamonal - Aciera (Distancia: 17 Km, duración: 7 horas). Sairemos dende Bermiego (760 mts.) e compartiremos camiño con ruta de sendeiros hata o Pando da Mortera, onde nos desviaremos hacía o leste para adentrarnos na serra de Aramo, subir á cima d Moncuevu (1.718 mts), baixar ás cabanas e lagos do l'Angliru (si, si.... é onde remata a famosa etapa ciclista). E si o tempo e as forzas nolo permiten, subiremos ó pico La Gamonal (1.710 mts) para logo baixar hata o refuxio en Aciera (430 mts.) atravesando terreo karstico e prados.

Sabado 2 de novembro:
- Sendeiros: Ruta portos de Agüeria (Distancia 14 Km, duración: 6 horas) O autobús levarános hata o pobo de Lindes (940 mts.) onde arranca o camiño que vai subindo entre prados, cabanas, bosques de carballos e faias en pleno outono. Outra vez, pasaremos por outro desfiladeiro: a Foz Grande. A subida continua entre faias e algún teixo, hata chegar ás vegas de Agüeria, sempre ós pés do Peña Rueda e co pico Fontán de frente. Atravésanse unha paisaxe kárstica e de modelado glaciar hata o collado de Lingleo a 1.632 mts. (punto máis alto da ruta). A partir de aquí descéndese hacía o pobo de Ricabo (670 mts) onde nos agardará o autobús.
- Montaña: Ruta Lindes-Peña Rueda- Ricabo (Distancia 16 km., duración 6,5 horas). A saída a compartiremos no seu inicio e seu final coa ruta de portos de Agüeira que fará a sección de sendeiros. Nas cabanas de Manín (1.280 mts.) separaremonos para subir hata Peña Rueda (2.152mts.). Despois baixaremos pola cara noroeste hata a Portiechas onde enlazamos de novo coa ruta de Agüeria e que nos levará hata Ricabo (670 mts) nun cómodo paseo.

Domingo 3 de noviembre:
Sendeiros e montaña: Ruta Aceira - Villamejín (Distancia 5 Km, duración 2,5 horas). Sairemos dende o refuxio (430 mts.) en dirección norte hata o collado de Aciera (681 mts.) para logo baixar ó pobo de Villamejín onde nos agardará o autobús para levarnos a Vigo. Para os máis fortes e rápidos, hai a opción de subir ó pico Forcá (1.108 mts) dende o collado de Aciera. Outra posibilidade é baixar a Proaza dende o refuxio hata Proaza con bicletas alquiladas pola senda do oso.



Hora saída 31 outubro as 24:00 horas dende Celtas

Hora chegada 3 de novembro as 20:00 horas a Celtas

Prezo Bus:

Socios: 50€ Non socios: 75€

Se pagas despóis do 21 de outubro:

Socios: 65€ Non socios: 95€

Pernocta Refuxio “El llano”

Pernocta federados: 6€ Non federados: 12€

Desayuno: 4.5€ Cea: 12€

Media Pensión: Federados: 22.5€ Non federados: 28.5€

O lisatado xa está aberto. Pechamos lista o 24 de outubro.

Máis información próximamente.
Data limite de inscrición:
24/10/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net