Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

2 ao 10 de Agosto: XXVI CAMPAMENTO EN PIRINEOS 2013
2 ao 10 de Agosto: XXVI CAMPAMENTO EN PIRINEOS 2013
Data:
02/08/2013
Organiza:
Sección Montaña
MACIZOS DE BACHIMALA E POSETS
(Campo Base "Cámping “Los Vives" Saravillo Huesca)

Día 2 de agosto venres
Saída de Vigo Ás 0:00 horas cara Saravillo 976,6 Km +/-14 horas de viaxe.

Día 3 de agosto sábado
Chegada a Saravillo sobre o medio día, montaxe do campamento no cámping. Descansar da viaxe e recoñecemento do terreo ( situar o bar e demais instalacións).

Día 4 de agosto domingo
Ascensión ao Cotiella (2.912 m) Sarovillo - Refuxio de Lavasar - Ibón de Plan - Circo Ribereta - Cotiella +/- 5 horas.

Os sendeiristas subirán ata o Ibón de Plan e volverán polo mesmo sendeiro.

Día 5 de agosto luns
Ascensión ao Gran Bachimala (3.174 m). Subiremos en autobús ata Plan (6,5 km) Saída de Plan seguindo o val do Cinqueta para rematar no val de la Pez (refuxio de Tebernés. Seguiremos pola conca do torrente do Bachimala ata acadar os seus lagos dos que nos desviaremos para chegar ao cumio do Bachimala +/- 8 horas. Os sendeiristas seguirán polo ruta dos lagos e regreso

Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no cámping que nos evitará a pista do Cinqueta.

Día 6 de agosto martes
Val de Pineta Monte Perdido. Saída en autobús cara Tellasin, Bielsa para rematar no parador de Pineta (34,5 Km.). Desde aquí ascenderemos ata o balcón de Pineta onde ascenderemos ao Monte Perdido (3.355 m) pasando polo seu glaciar.

Necesitaremos crampóns, piolet e unha corda. Sairemos de Plan moi cedo.

Os sendeiristas subirán ata o balcón de Pineta e descenderán

Día 7 de agosto mércores
Travesía sendeirista de Plan ata Benasque. Sairemos de San Juan de Plan con intención de tomar unha cervexa en Benasque. Á volta farémola polo mesma ruta ou ben nos recollerá o autobús en Benasque.

Día 8 de agosto xoves
Ascension ao Posets (3.375 mt). Sairemos de Plan polo val do Cilqueta ata chegar ao refuxio de Viadós, seguiremos ascendendo ata a cabala del Clot. Una vez chegados ao diminuto glaciar acadaremos a Punta Norte e cristeando coroaremos o Posets-Llardana +/-7 horas. Os sendeiristas farán o sendeiro Plan, Ibón Basa La Mora, Collado del Ibón, Plan

Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no cámping que nos evitará a pista do Cinqueta.

Día 9 de agosto venres
Faremos o sendeiro Lafortuna- Ainsa. Sairemos de Saravillo en autobús ata Lafortunada (14 Km) e utilizado a rede de sendeiros de Sobrarbe chegaremos ata Aínsa pasando polos bares de Escalona e Laspuria. O autobús recolleranos en Aínsa para volver a Plan.

Deixaremos todo preparado para o día seguinte, xa que sairemos moi de mañanciña. Para rematar iremos cear como Deus manda (con viño e todo).

Día 10 de Agosto sobado
A poder ser sairemos sobre as 7 a.m. cara Vigo para non chegar moi tarde.

CONDICIÓNS DOS PARTICIPANTES:

Moitas ganas de pasalo ben
Licencia federativa (indispensable nas actividades de montaña)
Boas botas, bastóns e chuvasqueiro, ademáis casco, piolet e crampóns para a montaña. Material colectivo, unha corda que porá o Club. Non hai que esquecer o frontal e a pastilla.
Boa forma física e mellor sentido do humor.
Respeto e responsabilidade ante os demais.


PREZO BUS:

se pagas antes do 23 de xullo:
SOCIOS: 121€ NON SOCIOS: 180€

despois do 23 de xullo:
SOCIOS: 145€ NON SOCIOS: 190€
Data limite de inscrición:
26/07/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net