Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

2-10 de Agosto: Pirineos
2-10 de Agosto: Pirineos
Data:
02/08/2013
Organiza:
Sección Montaña
MACIZOS DE BACHIMALA E POSETS
(campo base "Cámping los Vives", Saravillo, Huesca)

Día 2 de Agosto,venres:
Saída de Vigo ás 0:00 horas cara Saravillo, 976,6 Km +/- 14 horas de viaxe.

Día 3 de Agosto, sábado:
Chegada a Saravillo sobre o medio día, montaxe do campamento no cámping. Descansar da viaxe e recoñecemento do terreo (situar o bar e demáis instalacións).

Día 4 de Agosto, domingo:
Ascensión ó Cotiella (2912 m) Saravillo - Refuxio de Lavasar - Ibón de Plan - Circo Ribereta - Cotiella +/- 5 horas.
Os sendeiristas subirán hata o Ibón de Plan e voltarán polo mesmo sendeiro.

Día 5 de Agosto, luns:
Ascensión ao Gran Bachimala (3174 m). Subiremos en autobús hata Plan (6,5 km). Saída de Plan seguindo o val do Cinqueta para rematar no val de La Pez (Refuxio de Tebernés). Seguiremos pola cunca do torrente do Bachimala ata alcanzar os seus lagos dos que nos desviaremos para alcanzar o cumio do Bachimala + / - 8 horas.
Os sendeiristas seguirán pola ruta dos lagos e voltar.
Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no cámping que nos evitará a pista do Cinqueta.

Día 6 de Agosto, martes:
Val de Pineta - Monte Perdido.
Saída en autobús cara Tellasin, Bielda, para rematar no parador de Pineta (34,5 km). Desde aquí ascenderemos ata o balcón de Pineta onde ascenderemos ó Monte Perdido pasando polo seu glaciar.
Necesitaremos crampóns, piolet e unha corda. Saldremos de Plan moi cedo.
Os sendeiristas subirán ata o balcón de Pineta e descenderán.

Día 7 de Agosto, mércores:
Travesía sendeirista de Plan ata Benasque. Sairemos de San Juan de Plan coa intención de tomar unha cervexa en Benasque. A volta a faremos pola mesma ruta ou ben nos recollerá o autobús en Benasque.

Día 8 de Agosto, xoves:
Ascensión ó Posets (3375 m). Sairemos de Plan polo val do Cinqueta ata acadar o refuxio de Viadós, seguiremos ascendendo ata alcanzar a cabaña de Clot. Unha vez chegados ó diminuto glaciar acadaremos a Punta Norte e cresteando coroaremos o Posets-Llardana +/-7 horas.
Os sendeiristas farán o sendeiro Plan, Ibón Basa La Mora, Collado del Ibón, Plan.
Para a actividade de montaña poderemos contratar servizo de furgoneta no camping que nos evitará a pista do Cinqueta.

Día 9 de Agosto, venres:
Faremos o sendeiro Lafortunada Ainsa. Sairemos de Saravillo en autobús ata Lafortunada (14km) e utilizando a rede de sendeiros de Sobrarbe chegaremos ata Ainsa pasando polos bares de Escalona e Laspuña.
O autobús nos recollerá en Ainsa para voltar a Plan.
Deixaremos todo preparado para o día seguinte, xa que sairemos moi de mañanciña. Logo iremos cear como Deus manda (con viño e todo).

Día 10 de Agosto, sábado:
A poder ser sairemos sobre as 7 a.m. cara Vigo para non chegar moi tarde.

Condicións dos participantes:
1. Moitas ganas de pasalo ben.
2. Licenza federativa (indispensable nas actividades de montaña).
3. Boas botas, bastóns e chuvasqueiropara os sendeiristas, ademáis casco, piolet e crampóns para a montaña. Material colectivo, unha corda que porá o Club. Non hai que esquecer o frontal e a pastilla.
4. Boa forma física e mellor sentido do humor.
5. Respeto e responsabilidade ante os demáis.

Aloxamento:
Camping "Los Vives", Saravillo (Huesca).

Máis info próximamente nesta web ou na oficina do Club.
Data limite de inscrición:
24/07/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net