Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

17, 18 e 19 de Maio: Picos de Europa
17, 18 e 19 de Maio: Picos de Europa
Data:
17/05/2013
Organiza:
Sección Montaña
Estaremos no sector de Torre bermeja, no Macizo Occidental (León) ou El Cornión, que é a zona máis extensa de Picos de Europa e onde está representada toda a beleza paisaxística de Picos de Europa.
O refuxio de Vegabaño, onde pernoctaremos está a 1.320m nunha fermosa pradería e rodeado de impresionantes fragas de faias que son os maiores que existen en España (Cajigal de Hito). Ao subir ó Puerto de Dobres hacia Posada de Valdeón atravesaremos os enormes faiais.
Moi preto do refuxio teremos o río Dobra, atravesaremos pequenas pontes sobre torrentes entre árbores. Emprenderemolo ascenso á prodixiosa fraga de Cuesta Fría por unha nídia senda que serpentea entre faias e pasa ó lado do fornido Roblón (unha gran faia que precisa de varias persoas para poder rodeala).

Día 17
Chegada a Soto de Sajambre, onde tenremos dúas opcións:
1ª opción:
Quen non queira facer a ruta, pode ir hacia o refuxio de Vegabaño, a unha hora de distancia andando ou ben podemos tratar de ter unha furgoneta que nos transporte o material.
2ª opción:
Soto de Sajambre-Canto Cabronero-Peña Beza (1.963m) de dificultade moderada, de 7h cun desnivel de 1.000m aproximadamente cunha pequena mochila de ataque.
Día 18
MONTAÑA
Vegabaño-Torre Bermeja pasando polos Moledizos-Canal da Travesona- Canal de Pambuches-Posada de Valdeón onde nos recollerá o autobús. Ruta “cañera”

SENDEROS
Vegabaño-Cajigal del Hito (bosque de hayedos)-Puerto de Dobres-Llampa Luenga (fraga de faias)-Posada de Valdeón onde volveremos todos xuntos en autobús ao refuxio.
Día 19
Vegabaño-Puerto de Dobres-Puerto de Panderruedas onde nos agarda o autobús para regresar a casa.
Se o tempo non nos permite estas actividades temos outras posibles rutas cortas:
Subir ao Pico Jario (1913m) ou a La Cotorra
Subir ao Jario y Samaya
¡ANIMADEVOS! Vaivos encantar a zona
Data limite de inscrición:
10/05/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net