Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

28 de Marzo-1 de Abril: Semana Santa en Palentinas
28 de Marzo-1 de Abril: Semana Santa en Palentinas
Data:
28/03/2013
Organiza:
Sección Montaña
Este ano aproveitado que o luns é festivo en Vigo, teremos un día máis nestas datas. Aquí tedes máis polo miúdo o programa que temos pensado:

Xoves 28 de marzo.-
Sairemos as 8:30h da mañá e á metade de camiño faremos unha parada para facer un sendeiro. O rematar iremos cara o Albergue “Espigüete” en Guardo .
Venres 29 de marzo.-
Montaña.- Ascensión ao Curavacas (2.520 m.),dende Vidrieros. Dificultad e media-alta.
Sendeiro.- Saída dende Vidrieron ata o Pozo Curavacas. Percorrido de ida e volta. Dificultade media-baixa. Aprox. 15 km de percorrido. Se hai neve, será unha estupenda actividade para tomar contacto coa neve.
Sábado 30 de marzo.-
Montaña.- Ascensión a Peña Prieta e Tres Provincias (2.536 m.), un dos cumios máis altos da Cordilleira Cantábrica, iniciando o recorrido dende Cárdaño de Arriba.
Sendeiro: Dende Cardaño de Arriba, iremos co grupo de montaña ata a Laguna de las Lombas. Regreso polo mesmo camiño Dificultade media-baixa.
Domingo 31  de marzo.-
Montaña.- Ascensión ao Pico Espigüete (2.450 m.) que aínda que de menor altura é quizais o pico mais salientable da Montaña Palentina.
Sendeiro: partindo con todo o grupo dende Cardaño de Abajo iremos bordeando a base de Espigüete pola súa cara norteasta a Cascada de Mazobres. Dificultade baixa.  

IMPORTANTE :
a) Debido a época do ano -a finais de marzo-, atoparémonos con bastante neve polo que é imprescindible ter un bo manexo das técnicas de crampóns e piolet. Imprescindible estar federado para subir aos cumios.
b) Tede en conta o desenvolvemento do programa estará suxeito as condicións meteorolóxicas, e pode cambiarse se fose preciso.
c) Máis información na páxina web e no club


O Prezo é de 145€ para socios (lembrade que se vos apuntades antes do 19 de marzo so pagaredes 138€). Para non socios serán 210€ se pagan antes do 19 de marzo e 230€ se pagan despois deste día. O prezo inclúe transporte e aloxamento en réxime de media pensión (pernocta, almorzo e cea).
Data limite de inscrición:
26/03/2013



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net