Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

3 ao 12 de Agosto: Pirineos.
3 ao 12 de Agosto: Pirineos.
Data:
03/08/2012
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
PIRINEOS 2012
Val de Tena – Sallent de Gállego – Aragón

Este ano eleximos o Val do Tena , cabeceira do rio Gállego, no norte de Huesca.
No seu entorno situánse os tres miles máis occidentales do Pirineo. Somentes neste sector existen 18 tres miles, 11 principales e 7 secundarios, . así como numerosas concas lacustres de orixen glaciar , entre as que destacan os ibóns ( lagos) de Arriel, Respomuso, Bachimaña, ibóns Azuis e Bramatuero.
Ascenderemos os principais cumios do sector : Anayet, Vértice do Anayet, Argualas, Algas, Picos do Inferno , Gran Facha, etc. e bordearemos e intentaremos , según condicións e horarios , a ascensión os míticos Midi D´Ossau e Balaïtus .

Saída: día 3 de agosto as 24 horas dende avda. Camelias fronte o club,(carga de autobús as 23.30 h.)
Regreso : día 11 de agosto, con saída entorno as 8 da mañán para chegar a Vigo entorno as 21 horas, aproximadamente.
Precio do autobús:
Aloxamento: Camping Escarra – Escarrilla -Sallent de Gállego – Huesca.
Precio aloxamento: 6 € persoa / noite e 6 € tenda/noite.
Precio bungalow (completo) : 142,56 para 6 persoas e 120,96 €. para catro persoas.
O camping dispón de hotel, restaurante-cafetería, supermercado, piscina e zona de cociña .
O camping sitúase a escasos metros do pobo de Escarrilla no que existen todo tipo de servicios .

Precio de autobús:
· SI TE ANOTAS ANTES DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE:
SOCIOS: 137€ NON SOCIOS: 168€

· SI TE ANOTAS DESPOIS DO 19 DE XULLO O PREZO É O SEGUINTE:
SOCIOS: 151€ NON SOCIOS: 185€

INFOMACION TURÍSTICA: www.valledetena.com
www. campingescarra.com.
CARTOGRAFIA: EDITORIAL ALPINA – SERIE E-25 :
MAPAS (2) : VALLE DE CANFRANC E PANTICOSA-FORMIGAL.

PROGRAMA PROVISIONAL :

Sábado , día 4 de agosto : chegada ó camping entorno o medio dia , montaxe de campamento e tempo libre. Nas proximidades do camping pódese realizar actividade de descenso de barrancos, paseo ata o embalse de Lanuza , pantano de Escarra o agradable ascensión a Punta del Cantero.

Domingo: día 5 de agosto. ANAYET E VERTICE DO ANAYET.
Saída bus: 8 da mañán.
SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús ata a estación de esquí de Formigal. Partindo do coñecido como Corral de las Mulas (1,627m.) , dirixirémonos seguindo a traza do GR-11 ata ó aparcamento de “Anayet” , iniciando a continuación a subida polo barranco de Culibillas ata os Llanos e Ibóns de Anayet (2.227 m).
MONTAÑA: Dende os Ibóns de Anayet continuaremos a ascensión ata o collado e do Pico de Anayet (2.574 m) , que presenta trepada fácil (IIº) . Baixando de novo o collado continuaremos con ascensión ó Vértice de Anayet ( Pico El Garmo) ( 2.555 m) . Dende eiqui prolongaremos a saída en travesía ata Pico de Las Arroyetas (2.557 m) e regreso a estación de Formigal.

Lúns: día 6 de agosto .
Saída bus: 8 da mañán.
Autobús ata Balneario de Panticosa.
SENDEIROS: Saída dende Baños de Panticosa , refuxio da Casa de Pedra (1,636 m). seguindo o GR-11, subiremos polo “ Cuesta del Fraile” ata os embalses de Bachimaña ( 2,200 m ) , continuando ata os “Ibones Azules” (2,450 m). Descenso a Baños de Panticosa.
MONTAÑA: Continuación en ascensión ata collado do Inferno ( 2,721 m) e ascensión os “Picos del Infierno” ( 3,083 m). ( pasos de IIº con importante caída). Descenso a Panticosa.

Martes: día 7 de agosto.
Saída bus : 8 da mañán.
Autobús ata puerto de El Portalet e aparcamento de Araille – Val d´Anéou ( Francia).
SENDEIROS E MONTAÑA: 1ª opción: Ascensión polo col de Soum de Pombie ata lago e refuxio de Pombie.
2ª opción: continuación e realización do “Tour du Midi” ( volta circular) , pasando polo col e lago de Peyreget , bosque de Arazures, val e lago de Bious Artigues, subida al col Long de Magnabaigt, pla de Quebe, col de Suzón, e refuxio de Pombie, para regresar o aparcamento.
3ª opción: Ascensión o Midi d´Ossau. Realízase con escalada por placas e chimeneas ( IIº e IIIª) ( só para expertos autónomos en ascensións de alta montaña con escalada).

Mercores: 8 de agosto
Saída bus: 8 de mañán.
Autobús ata o embalse de La Sarra ( Sallent de Gállego)
SENDEIROS E MONTAÑA: Embalse de la Sarra (1,500 m) – tomaremos o sendeiro GR-11 seguindo polo rio de Aguas Limpias, Paso del Onso – Llano Cheto ata o embalse e refuxio de Respomuso (2,200 m).
MONTAÑA: Continuaremos polo Ibón de Campoplano, e seguiremos con forte subida o barranco de Campoplano ata o collado de la Facha ( 2,664 m), dende eiqui ascensión por forte pedrera a Punta Lagardére e Gran Facha ( 3,005 m.). ( ascensión fácil).
(Queda en estudio a posibilidade de intentar a ascensión o Balaïtus ( 3,144m), dadas as suas características horarias e de dificultade)

Xoves: 9 de agosto.
Saída bus: 8 da mañán.
Autobús a Baños de Panticosa
SENDEIROS: Saíndo de Baños de Panticosa ( 1,636 m) , tomaremos o sendeiro GR-11( dirección Val de Ara), ascensión a Ibones del Brazato, prolongación ata Pico de los Batanes(2,894 m) , Pico Bacias ( 2,760 m.) ou Picos del Brazato (2,701m).
MONTAÑA: Saíndo de Baños de Panticosa ascensión polas Mallatas ata Picos de Las Argualas ( 3,046 m) e Garmo Negro ( 3,066 m).

Vernes: 10 de agosto
Saída bus: 8 da mañán.
SENDEIROS E MONTAÑA: Autobús a embalse de La Sarra, GR-11 ( Aguas Limpias)- Paso del Onso y Pico de Arriel ( 2,822 m) ou alternativa con continuación ata Paso del Pino – Embalses de Arriel , Cuello de Arrémoulit, continuando a Lgos e refuxio d´Arremoulit ( Francia) con descenso a parquink e Caillou de Soques.


Debe lembrarse que tóda-las actividades de sendeiros e montaña, son especialmente exixentes debido os fortes desniveis a salvar en cada xornada así como pola dureza salvaxe do terreo , polo que é imprescindible un adecuado estado de forma física. As persoas que carezcan do adecuado estado de forma, características físicas , simple apetencia ou limitar as saidas a un determinado punto ou horario, deberán asumir que realizarán o regreso o punto de inicio da saída polos seus propios medios sen acompañamento organizativo.
Recomendable: licencia federativa actualizada en montaña.
No relativo a equipo e vestimenta deberá preveerse a posibilidade de mal tempo, choiva e frio, habitual nestas montañas, así como a posibilidade de tormentas , especialmente a hora de levar un adecuado equipo de acampada. Igualmente deberá preveerse un adecuado equipo de protección contra o calor e sol así como sistema de hidratación.
Existe a posibilidade de aprovisionarse no camping e pobo, e cada ún deberá proveerse da comida de “ataque” necesaria para viaxes e diferentes xornadas.

DADAS AS DIFICULTADES QUE NON PON A DIRECCION DE CAMPING, QUE ESTE ANO NON NOS GARANTIZA UN MINIMO DE ESPACIO , FAISE IMPRESCINDIBLE COORDINAR E AGLUTINAR Ó MAXIMO O NUMERO DE PERSOAS A DORMIR POR TENDA, PREFERIBLEMENTE AGRUPADOS EN 2/3 PERSOAS, ESTANDO CONDICIONADOS A UN MÁXIMO DE 15 TENDAS. IGUALMENTE FAISE NECESARIO DEIXAR O MÁXIMO DE COMODIDADES EN CASA.

IMPRESCINDIBLE FACER UNA PREINSCRIPCION VERBAL NO CLUB DE CARA A PODER COORDINAR A TOTALIDADE DE ASPECTOS DA SAIDA ( RESERVA DE CAMPING E AUTOBÚS ) E UNHA INSCRIPCION DEFINITIVA E PAGO EFECTIVO DO IMPORTE DO BUS-CAMPING E BUNGALOWS ENTORNO O 15 DE XULLO.

DADAS AS DIFICULTADES QUE NOS PON O CAMPING SI ALGUEN VAI REALIZAR A SAIDA CON VEHÍCULO PROPIO DEBERÁ REALIZAR A SUA RESERVA DE PLAZA NO CAMPING O MARXEN DA ORGANIZACIÓN.
Data limite de inscrición:
26/07/2012



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net