Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

21 e 22 de Xullo: Campamento de Verán: Illa de Arousa.
21 e 22 de Xullo: Campamento de Verán: Illa de Arousa.
Data:
21/07/2012
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
Preparade a sombriña e a toalla, que imos á praia.
O 21/22 de xullo esperamos vervos no Campamento Social de Verán na Illa de Arousa. Ademais da churrascada do sábado á noite, á que estades invitados, realizaremos unha excursión en piragua dende o faro da illa de Arousa ata o
Illote do Areoso, tamén chamado dos mortos, pararemos nunha batea para explicar a evolución deste cultivo na Ría
de Arousa.
O illote do Areoso é un lugar espectacular para a práctica de snorkel,( mergullo sen botella), con augas moi cristalinas e
gran variedade de flora e fauna mariña. Ademais podemos observar as últimas aparicións arqueolóxicas como dolmens e mámoas que os ventos e o traballo das mareas nos foron descubrindo.
A duración aproximada das dúas actividades é dunhas 4h. E pódense facer por separado.
Para os que non se queiran mollar, teremos a posibilidade de percorrer os sendeiros marcados ao redor da illa.
A Sección de Bici fará a “Volta á illa de Arousa” que partindo dende o cámping permitirá coñecer toda a illa. Un
total de 23 quilómetros, practicamente llana para que non haxa escusas, incluso haberá paradiñas para cando apeteza
darse un chapuzón.


Prezo Camping 8€ por persoa, 12€ para NON SOCIOS, grupos de máis de 2 persoas por tenda porque o espazo é reducido

Se pagas antes do 17 de xullo o prezo é o seguinte:
Socios: 18€ Non socios: 27€

Se pagas despois do 17 de xullo o prezo é o seguinte:
Socios: 20€ Non socios: 29,7€

Hora saída: 21 de xullo as 12:00 horas dende Celtas
Hora chegada: 22 de xullo (aprox)20:00 horas a Celtas

O sábado pola tarde hay a opción de facer un sendeiro ou a ruta de bici
Hay posibilidad de alquilar bici media jornada por 10€

O domingo pola mañá hay a opción de facer piragüa ou Snorkel
Prezo alquiler piragüa 15€ prezo snorkel 10€
Data limite de inscrición:
19/07/2012



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net