Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

5, 6, 7, 8 de Abril: Semana Santa 2012: Palentinas
5, 6, 7, 8 de Abril: Semana Santa 2012: Palentinas
Data:
05/04/2012
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
Aloxamento e pernoctas : en réximen de media pensión na Residencia “ El Arbejal” en Cervera de Pisuerga – Palencia.

Precio ½ pensión : 18 €/dia x 3 = 54 €.
Desplazamento en autobús: precio:
SOCIOS 70€.
NON SOCIOS FEDERADOS 87€
NON SOCIOS: 100€

PROGRAMA:
Saída, día 5 de abril ( xoves) as 7,30 h. da mañán ( con puntualidade) da avda. das Camelias, frente o club. ( carga do autobús as 7,15 h) .
Itinerario: Vigo, León, Osorno, Aguilar de Campoo.

Actividade: Percorrido senderista para todos. Inicio no pobo de Mave, percorrendo “La fábrica”, antigua fábrica de fariñas propulsada por agua, canón de “ La Horadada”, e visita ó monumento xeolóxico de “Las Tuerces” para finalizar en Villaescusa de las Torres , onde nos recollerá o autobús para continuar viaxe ata “El Arbejal”.
Para a realización desta actividade é necesario ter prevista de casa vestimenta adecuada de senderismo e pequena mochila coa comida do día.

Dia, 6 de abril ( vernes).
Almorzo e saída en función do servicio . ( hora ideal 8,30 ).
Desprazamento en autobús ata Triollo e Vidrieros.
MONTAÑA:
Ascensión polo “Callejo Grande “ o pico Curavacas. (2.520 m).
Ascensión de dificultade media alta, que sólo se permitirá a persoas federadas en montaña con experiencia e autosuficiencia en uso de piolet e crampóns en pendientes de neve dura – xeo – ata 45º.
SENDEIROS:
Percorrido senderista que partindo do pobo de Vidrieros, disrurre paralelo o rio Carrión bordeando a gran montaña do Curavacas ata a vertente norte, intentando chegar ata o Pozo Curavacas. Dificultade media-baixa. Lonxitude percorrer a gusto dos participantes cunha lonxitude máxima de ida de 15 km. Regreso polo mesmo camiño ata o pobo de Vidrieros.

Dia, 7 de abril ( sábado).
Almorzo e saída en función do servicio.
Desprazamento en autobús ata Cardaño de Abaixo.
MONTAÑA:
Ascensión polo “ Corredor noroeste” ó pico Espigüete (2.450 m.)
Ascensión de dificultade media-alta, ( federados e expertos).

SENDEIROS:
Percorrido senderista que partindo do aparcamento de Cardaño de Abaixo, pasa por Cardaño de Arriba ata ó Alto e Laguna de las Lomas, baixo o Pico de las Lomas- Alto de Fuentes Carrionas.
Dificultade : media. Lonxitude : 10 Km. Tempo ida : aprox. 4 h.

Dia 8 de abril ( domingo).
A determinar en función de diversos factores a resolver pola Organización.
MONTAÑA:
Ascensión ó Píco Murcia. (2.341 m).
SENDEIROS:
Arroyo Mazobres – Sima del Anillo.


A alternativa a esta actividade sería a visita conxunta a Espacio natural de Covalagua no termo municipal de Pomar de Valdivia ( Aguilar de Campoo) e visita según posibilidades de admisión a “La Cueva de los Franceses”.
Regreso a Vigo.
Data limite de inscrición:
15/03/2012



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net