Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

11 e 12 de Febreiro: Trevinca
Saida invernal…ummm.. que frio ¡!!!!
Data:
11/02/2012
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
Datas: 11-12 de febrero 2.012
Zona: Macizo de Trevinca – vertiente zamorana.
Saida, o dia 11 de febrero, sábado, as 7,30 da mañán con puntualidade (carga e embarque as 7,15 h.) da avda. das Camelias fronte o club.
Itinerario por carretera ata San Martín de Castañeda – Sanabria.
Pernocta do refuxio San Bernardo ( agrupación deportiva zamorana).
PROGRAMA:
Existen tres opcións:
1ª opción: con pernocta no refuxio.
Sábado: sairemos do parking, existente na lagoa “de los Peces” ((*) sempre e cando o autobús chegue ata alí polas condicións da carretera, neve ou xeo.), pasaremos pola lagoa de Cubillas dirixindo os nosos pasos ata a zona alta de La Plana, pasando polas proximidades do cumio coñecido como Riopedro ( 2.000 m), para intentar chegar ata o cumio do Picón ( 2.076m.) regresando dende aquí ata a lagoa “ de los Peces” e refuxio.(*)
Domingo: sairemos (*) do parking da lagoa “ de los Peces”, dirixindo os nosos pasos ata as proximidades da lagoa Ventosa e a continuación ata a presa de Vega de Conde. Dende aquí as lagoas de Lacillo e Moncalvos ( 2.044m.) con regreso polo mesmo camino.
Imprescindible equipamento de abrigo invernal e recomendable raquetas , crampóns ,en caso de neve.
2ª opción : travesía.
Igual percorrido que a opción 1 ata os cumio do Picón, dirixindonos a continuación ata Portilla de Morena Cavada, para pernoctar no circo formado entre os Altos do Valle e Trevincas. Posibilidade de realizar ascensió ó Trevinca Norte e Peñas Negras.
Pola mañán continuación da travesía con ascensión ó Trevinca Sur ( 2.124 m.), Alto de Xurbial ( 2.051m) e Piatorta ( 2.024m)., posibilidade de continuar ata Moncalvo e descender polas lagoas de Lacillo ou realizando descenso ata a presa de Vega de Conde, Lagoa Ventosa e parkin de lagoa “de los Peces”.
Imprescindible equipo de abrigo e pernocta invernal. Raquetas e crampóns.
3ª opción: excursións autónomas dende o refuxio.
Visita ou paseos polas proximidades do refuxio, visitando a lagoa de “Los Peces”, camino de la cueva, Piedra Fincada, San Martín de Castañeda, etc.
Importante equipamento de abrigo invernal.

PRECIO AUTOBÚS: 25 €.
PRECIO REFUXIO: 12 €.
Data limite de inscrición:
09/02/2012



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net