Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

3 de Febreiro, proxección
Conferencia Perú, moito máis que nevados
Data:
03/02/2012
Venres 3 de Febreiro ás 20:30hno local social do club.


O título da proxección é: PERÚ, MOITO MÁIS QUE NEVADOS.

Os que participamos na viaxe e a contaremos somos: Ricardo Veiga Rial, Raimundo Fernández Calvo e Manuel Veiga Rial. (Todos empadroados en Vigo, pero socios do Club Alpino Ourensán).

Durante os meses de xullo e agosto de 2011, tres "vigheses" de pro (ou de contra -según se mire-), marchámonos á Cordillera Blanca de Perú, coa intención de realizar varias escaladas. Era a nosa primeira experiencia andina e á vista do que aló atopamos, de seguro, que non será a última. Na proxección falamos do entorno e das diferencias que nos atopamos no Perú, con respecto ó que estamos acostumados aquí en Europa, das nosas primeiras sensacións ó estar por riba dos 5.000 m., e, por suposto das actividades que realizamos.

Aínda que non fixemos todo o que tíñamos previsto, e nos quedamos sin acada-los desexados 6.000 m., si que nos troxemos na saca varias actividades de diferente tipo: un par de ascensión de estilo andino (o Pisco e o Vallunaraju), unha escalada clásica en xeo (a vía Ferrari ó Alpamayo), e unha escalada clásica en rocha (a vía "La del 85" á Esfinge).
Data limite de inscrición:
03/02/2012



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net