Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

10-11 de Decembro: FIN DE SEMANA NO PARQUE BAIXA LIMIA
SERRA DO XURÉS
Data:
10/12/2011
Organiza:
Club Montañeiros Celtas
FIN DE SEMANA NO PARQUE BAIXA LIMIA- SERRA DO XURÉS
DÍAS 10-11 DE DECEMBRO
Saída o sábado ás 7.30 horas de mañá,
Sairemos dirección Muiños para coller o sendeiro que, desde a Rectoral de Muiños ascende
por bosque ata chegar á Ermida de Clamadoira. Continuaremos por unha zona de monte baixo ata Prado, onde seguiremos pola beira esquerda do río Salas ata chegar ao torrente de Salgueiro , que seguiremos ata o aldea que leva o mesmo nome.
Salgueiro foi abandonado a principios do s.XX, sendo mercado pola Xunta de Galicia que ten a idea de restáuralo. Dende Salgueiro continuaremos ata o refuxio que a FGM ten en Alvite.
O domingo faremos un sendeiro que desde os Miliarios de Ponte Nova, cerca de Lobios, nos
levará a camiñar por unha parte da antigua calzada romana que unía Braga con Astorga. Este camiño únese logo ao sendeiro que sigue á corga da Fecha que seguiremos río arriba, vendo pozas de augas cristalinas, fervenzas… Este último tramo será de ida e volta.
Quen non queira facer a subida pola corga da Fecha pode continuar ata as termas ata que chegue o resto do grupo. Non esquezades o bañador.

Debedes levar o imprescindible para durmir no refuxio e para facer cea almorzo e cea.

O sábado debedes levar preparada a mochila de ataque e outra mochila, co necesario paradurmir e para facer cea e almorzó que deixaredes no autobús e que a organización seencargará de levar ao Refuxio, onde o encontraredes unha vez finalice a actividade

Saída apta para todos. Montaña e Sendeiros.
Saída o 10 de decembro as 7.30 horas dende Celtas
Pararemos a almorzar en Bande, máis ou menos.
Tedes que levar unha mochila de ataque e deixar o resto no bús, e a organización encargarase de trasladar todo ao refuxio.É necesario levar saco, cocinilla, e comida para todos os días, (cea sabado, almorzo domingo e comida do domingo)quen queira ir ás termas, levar bañador, toalla, chanclas....etc
Animádevos e contamos con vós.
Data limite de inscrición:
05/12/2011



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net