Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

PIRINEOS
Data:
29/07/2011
Organiza:
Sección de Montaña
Salida 29 de Julio desde el club a las 00:00 horas
Regreso: 6 de Agosto al mismo sitio.
ZURIZA – VALLES DE ANSÓ Y HECHO

ZURIZA – VALLES DE ANSÓ Y ECHO


- PROGRAMA E DESCRIPCIONS -

Este Pirineo ten unha natureza atractiva e exhuberante e está cuberto por importantes masas arbóreas, denominadas “selvas” entre as que sobresáe o bosque Irati, a segunda mancha verde de Europa, a selva de Oza e outras, con importantes bosques de fallas, abetos e carballos entre as súas principais especies , no que resulta fácil observar especias animais como o cervo, corzo, sarrio, xabarín, etc, coa presencia esporádica do oso nos altos cumios. Os seus habitantes viven fundamentalmente da gandeiría e da riqueza dos bosques. A altitude dos picos oscila entre os 2.000 e os 2.500 metros de altitude exceptuando o Bisaurín, que sobrepasa con creces esa altura. O relevo agreste destas montañas contrasta con montañas de formas suaves e redondeadas .
A estancia realizarase en Zuriza , primer enclave pirenaico, situado no oeste da provincia de Huesca. O camping de Zuriza, lugar que será a nosa base durante esta actividade, é algo máis que un simple enclave turístico, xa que está situado nun lugar fantástico, no corazón dun circo de montañas onde é posible realizar innumerables ascensións con itinerarios sinxelos nun ambiente de montaña idílico e de disfrute.
Tomando o camping como base e coa utilización oportuna do autobús para levarnos os diferentes puntos de inicio realizaremos ascensións e diversos percorridos as montañas e lugares máis interesantes.
As montañas máis importantes da zona e que visitaremos maioritariamente son o Pico de Orhi ( 2.021 m.), Pico de Anie, m.), Ezcaurri ( 2.049m), Chipeta Alto ( 2.189m), Petraficha ( 2.185 m), Petrechema ( 2.360m. ), Chinebral ( 2.312m.), Acherito ( 2.202 m.) , Mesa de los Tres Reyes ou –Hiru Erregen Mahaia ( 2.248 m) , Bisaurin ( (2.670m) e Serra de Alanos.
Ó longo desta semán pasaremos por diveros tramos do GR-11 ( senda Pirineica ), barrancos e altos pastos con expléndidos paisaxes.
Coñecerémos a Selva de Oza, os ibóns de Acherito e Estanés, e visitaremos diveros restos arqueolóxicos como dólmenes , etc.

CARTOGRAFIA RECOMENDABLE:
Mapas E-25 – Editorial Alpina – Valles de Anso y Echó e Valles de Belagua e Roncal.

PROGRAMA E PRECIOS:
Saíremos de Vigo ( Avda. Camelias-plaza Alba Plena, fronte o club ) o vernes 29 de xullo as 24.00 h.
Viaxaremos toda a noite e pola mañan realizaremos unha excursión para coñecer a Foz de Lumbier ou Arbayun , cuestión que debera ser tida en conta preveéndo no viaxe comida de ataque e roupa adecuada para unha marcha sinxela.
Continuaremos viaxe para chegar ó camping de Zuriza , hacia o medio dia ou primeiras horas da tarde, procedendo a continuación a realizar o montaxe do campamento.
O longo dos seguintes días realizaremos as diversas actividades programadas en dous niveis : marchas e ascensiónas as montañas máis significativas da zona e marchas por sendeiros de montaña. Estas últimas discurriran por sendeiros de montaña , non sinalizados e nalgúns casos poden consistir na realización dun sector da saida de montaña con regreso polo mesmo camiño de ida , sen guia – acompañante. A duración estimada das saídas de montaña non baixan das nove horas e as de sendeiros estímanse a lo menos nunha duración de 6-7 horas, polo que é importante e necesario estar nun adecuado estado de forma física.
O regreso a Vigo realizárase o sábado 6 de agosto con chegada estimada a Vigo entorno as 9 da noite.
Precio do autobús : 130 € (incluye el acceso del bús a zonas de pago)
O aloxamento realizarase no camping de Zuriza, baixo a modalidade de camping con tenda e medios propios .O precio do camping é de 4,50 € por persoa e 4,50 tenda/dia.
No camping existe restaurante, supermercado e servicio diario de pan, pero non existen pobo nas proximidades, polo que é preciso aprovisionarse do necesario con anterioridade. ( cuestión que se irá facilitando na medida do posible ó regreso dalgunha saída).
E de destacar que dado a escasa entidade das vías de aproximación a algúns lugares de saída pode ser necesario realizar aproximacións andando por pista de entre 4-6 kilómetros.


PROGRAMA:
DOMINGO : dia 31 de xullo.
MONTAÑA: saída do camping de Zuriza, sendeiro GR-11 ata Llano de Taxeras, senda polo barranco de Mazandú, collado d´Estribiella, Estribiella ( 2.046 m)., paso de Mazandú, Pico Tortiella ( 1.988 m), Sayestico ( 2.082 m.), Chipeta Alto ( 2.175 m), collado de Petraficha , Petraficha ( (2.188 m), Quimboa Alto ( 2.186 m.), Quimboa Baixo ( 2.064 m), camping.
SENDEIROS: saída do camping, sendeiro GR-11, refuxio Taxeras, collado de Petraficha (1.965 m.) Chipeta Alto ( opcional ) , e continuación polo GR-11, ata Dólmenes de Arroyo e pista ( GR65,3,3) ata Puente de Oza ( bus) .( 4h 20min).

LUNS: dia 1 de agosto.
MONTAÑA: refuxio de Linza, collado de Linza, Foya A Solana, laderas de Budoguia, Mesa de los Tres Reyes ( 2.444m)., volta polo mesmo camiño ou alternativo por Col dÉcoueste, Pico Mouscate, Petrechema ( 2.371m) e Linza.
SENDEIROS: ascensión a Mesa de los Tres Reyes ou alternativa, La Paquiza de Linzola ( Ruta 6) ou Mallo Paco Gamueta ( Ruta 10).

MARTES, dia 2 de agosto.
MONTAÑA: bus ata Puente de Oza, campamento Ramiro el Monje, refuxio do Castillo de Acher, Castillo de Acher (2.384 m), extensión alternativa a Collada de lo Barcal, Achar de los Hombres ( 2.157 m), Secús (2.354 m.), Puerto de Acher, Puente de Oza.
SENDEIROS: Puente de Oza, tramo sendeiro-pista GR65.3.3, Dolmenes de Arroyo, Ibón de Acherito ( ruta 1) o al Chipeta Alto ( ruta 3).

MERCORES, día 3 de agosto.
MONTAÑA: bus ata estación de Abodi, carretera ( 1,5 km ata túnel de Larrau, ascensión o Orhy, travesía cordal este-oeste ata proximidades de La Pierre de St. Martín.
SENDEIROS: A determinar en función accesibilidade autobús:
Bosque de Irati ou Gargantes de Kakueta - Santa Engrace ( Francia.)

XOVES, dia 4 de agosto.
Montaña: bus ata Aragües del Puerto, puente de los corralones, pista ata refuxio de Lízara, ascensión ó Bisaurín (2.670 m). polo collado de Lo Foratón.
SENDEIROS: Mesmo itinerario ata collado de Lo Foratón e desvio a Puntal Alto de lo Foratón (2.154 m.) ,( Ruta 8) ou alternativa a Valle de Los Sarrios (ruta 2).

VENRES: dia 5 de agosto.
MONTAÑA E SENDEIROS : bus ata Puente de Oza, tramo sendeiro-pista GR 65.3.3, dólmenes de Arroyo, refuxio da Mina, dólmenes de Las Fitas, dólmenes de Mallo Blanco, dólmen e Achar de Aguas Tuertas, - tramo GR11 -Puerto de Escalé e dolmén , Ibón de Estanés.
Cea de confraternidade.

SABADO: día 6 de agosto.
Recollida de campamento e saida . Regreso a Vigo, para chegar entorno as 9 da tarde.

Data limite de inscrición:
03/06/2011



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net