Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

XURÉS
ROCA D'ANAMAN (LUA CHEA DE WESAK)
Data:
17/05/2011
Organiza:
S.D MONTAÑISMO + SENDEIRISMO
Segundo a tradición Himalaia,vixente, a hora exacta da primeira lúa chea de maio (11:10 hora local), abrese unha porta ao universo,pola que baixan os raios de luz que, te iluminan e te reforzan enchendo o teu corpo de enerxía.
Algúns irán recibi-los na parte superior do D'Rock Anam, o monte e a subida mais fermosa de toda Galicia.
Outros, os amigos sendeiristas o recibirán na campa da hermida de Nosa Señora d'Anam. Os montañeiros continuarán a cima do Pedroso (1303 m) e na baixada, xa todos xuntos iremos a comer a un prado con cascada e poza nudista (se admite textil) finalmente, despois de 9,2 km chegaremos a Cainheiras, o punto de partida e a unha hora e media de Vigo.
O gráfico de ruta e perfil adxunto é para os montañeiros.
Nós os sendeiristas só relax nada de subir ​​a roca D'Annam, e o Pedroso.
Opinións: Podese levar mantel de cadros azules e vermellos, tortilla de patacas, ensaladilla rusa, filetes empanados, pan, viño ou o que queiras.
Recomendacións: Patalón longo, zapatos de montaña, toalla e bañador se o usas.
Hora de Saída: 07:45 horas dende o club.
Hora de Chegada: 20:00 horas aproximadamente.
Prezo bus:
Socios federados en montaña: 13€
Socios non federados: 15€
Non socios: 18€
Unha aperta!
Data limite de inscrición:
13/05/2011
Crónica
O día das Letras Galegas, 27 montañeiros de 29, recibiron a enerxía da lúa no cume do Rocha D ´ anaman tras pasar unha pequena cheminea e unha dificil trepada sen material de escalada.
Xa todos cheos de enerxía fomos a descansar á hermita de Nosa Senhora de Numao.
Dende alí e sempre deixando o Rocha D'anaman á nosa esquerda, fómolo rodeando por senllas de animais e prados floridos, pasando polo cume do Pedroso, tras descansar nun prado de amarelas margaridas cunha fría poza recolleunos o autobús no punto de saída Cainheiras e levounos a Castro Liboreiro e levounos a degustar pan de millo e de centeo, chegando a VIgo ás 20:20 horas.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net