Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Actividades das Federacións

23-24 DE OUTUBRO: IV CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA VETERANOS
23-24 DE OUTUBRO: IV CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA VETERANOS
Data:
23/10/2021
23-24 DE OUTUBRO: IV CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA VETERANOS
DATA: 23-24 de outubro
LUGAR: O Courel
En abril do 2019, as montañas do Caurel foron declaradas pola UNESCO como Xeoparque, o primeiro de Galicia. Unha das causas principais son a paisaxe kárstica que poseen e que deron lugar á grande cantidade de cavidades exploradas por espeleólogos, principalmente galegos, e que siguen tendo un grande interese, polos recentes descubrimentos. O obxectivo deste campamento é homenaxear a aqueles que adicaron parte das súas vidas a practicar este deporte-ciencia, e tamén facer unha posta en valor deste territorio, que serva para a súa protección e desenvolvemento sostible.
O IV Campamento de Veteranos terá lugar este ano no Acampamento O Courel (Espasante-Seoane), onde se centralizarán as saídas tanto ás cavidades da zona, como aos roteiros guiados por Xeoparque, alternativa para aqueles veteranos federados que non desexen entrar nas covas e os acompañantes.

Levarase a cabo a VIII Gala da Espeleoloxía Galega, coa entrega de galandóns aos clubes e
deportistas nomeados pola FGE que cumpriron 25 anos federados.
Para poder participar no campamento é imprescindible ter 6 anos de federado e estar en posesión da licenza do ano en curso, expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (ás das federacións integradas na CEC).

PROGRAMA DAS ACTIVIDADES
Datas e lugar de realización: 23-24 de Outubro 2021 – Serra do Courel (Lugo).
Data límite de inscrición no Campamento: 18 de Outubro ou ata completar o aforo do campamento.
Pernocta: Acampamento do Courel
Cavidades que se poden visitar: Sima Teixeira, Cova da Ceza, Valdabraira, Arcoia,
Buraca das Chollas, Tara do Tarelo, Tralacosta, Caho do Lindeiro, Sima das Chollas, Cova o Eixe e Sima Aradelas.
Sábado 23 de outubro
11:00 Recepción participantes e entrega de documentación no Acampamento O
Courel.
12:00 Planificación actividades.
14:00 Xantar
17:00 Saídas programadas por equipos as cavidades da zona. Roteiro alternativo:
Visita ao Museo Xeolóxico Quiroga e Exokarts Val das Mouras
21:30 Cea.
Proxección de fotos e vídeos en lembranza de antigos compañeiros espeleológos
Domigno 24 de outubro
10:00 Saídas programadas por equipos para prácticas espeleolóxicas ás
cavidades da zona. Roteriro alternativo: Visita ao Castro da Torre e visita
interpretada Aldea BIC de Seceda e Ruta das Alvarizas na contorna.
14:00 Xantar
17:00 Clausura oficial do IV Campamento Galego de Veteranos da FGE.

PREZOS
Federado con reserva de bungalow: 20€
Acompañante con reserva de bungalow: 25€
Cea Gala Veteranos: 14€
**Os federados e acompañantes na zona de acampada aboraran directamente a tarifa establecida polo Acampamento Courel á administración do Campamento

Data limite de inscrición:
18/10/2021



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net