Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

17 DE OUTUBRO: PEQUEMARCHA EN CASTELO DE ARDAN
17 DE OUTUBRO: PEQUEMARCHA EN CASTELO DE ARDAN
Data:
17/10/2021
DATA: 17 de outubro
HORA: 11h
LUGAR: Area recretiva Chans de Cela-Bueu
Repetimos Morrazo, esta vez nas lindes de Bueu-Marín-Moaña. Quedaremos ás 11h na área recreativa Chans de Cela-Bueu. Podemos chegar desde autovía do Morrazo saída Moaña en dirección Marín (PO 313). Ao chegar á nave de Fervenza, collemos á esquerda e logo seguimos a estrada collendo nos cruces sempre á dereita.

Faremos a pequemarcha desde a área recreativa, visitando o mirador de Chans-despegue de parapente, o castelo de Ardán con espectaculares vistas á illa de Tambo e ría de Pontevedra e o xacimento arqueolóxico da mámoa Forno das Arcas.

No Chans de Cela hai espazo dabondo para xogar. Remataremos ás 18h.

Lembrade traer calzado cómodo, roupa segundo a previsión do tempo, comida, auga,...

PREZOS:

Socios: adultos con licenza 1€, sen licenza 2 €, menores: ata 3 anos de balde, menores +3anos 1€;

Non socios: adultos 5 €, menores 3 €.


Data limite de inscrición:
15/10/2021



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net