Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Bici de Montaña

19 DE SETEMBRO: BICI DE MONTAÑA MOSTEIRO DE ACIVEIRO E SERRA DO CANDÁN
19 DE SETEMBRO: BICI DE MONTAÑA MOSTEIRO DE ACIVEIRO E SERRA DO CANDÁN
Data:
19/09/2021
DATA: 19 de setembro
HORA: 10:00
LUGAR:Mosteiro de Aciveiro (Forcarei)
Nivel de dificultade: medio

Percorrido en bici de montaña pola Serra do Candán con saída e chegada no Mosteiro de Aciveiro.

O mosteiro sitúase na parroquia de Santa María de Aciveiro, concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, no montañoso interior da provincia de Pontevedra. Está situado a carón do antigo camiño de Vendas de Narón a Folgoso a unha altitude de case mil metros, preto do antigo camiño que uniría Lucus Augusti coa costa pontevedresa atravesando a soidade da Serra do Candán na época romana.

A ruta será pola mañan e terá unha duración de máis ou menos 3 horas. Desde o mosteiro, dirixirémonos ata a Ponte medieval de Andón, para desde alí adentrarnos na Serra do Candán, subindo ao seu cumio e voltando ata o mosteiro.


Data limite de inscrición:
16/09/2021



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net