Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Infantil

11 DE SETEMBRO: ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN INFANTIL
11 DE SETEMBRO: ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN INFANTIL
Data:
11/09/2021
DATA: 11 de setembro
LUGAR: Museo Liste (Vigo) e Monte Galiñeiro
HORA: 10h no Museo Liste
HORA DE CHEGADA: 19h30 no Club
O día 11 de setembro retomamos as actividades da sección infantil cunha xornada de orientación.

Comezaremos a actividade no Museo Liste, visitando unha exposición sobre cartografía e
orientación. Para meternos no tema.

Logo colleremos o bus que nos levará ao Galiñeiro. Na zona do Parque Forestal de
Vincios, preto do Refuxio do Club explicarase o desenvolvemento da actividade. Existirá
un percorrido determinado, marcado nun mapa. En cada punto/control haberá unha
baliza/control, cunha pinza para ticar. A Marcha consistirá en localizar todas as balizas e
voltar ao punto de partida. Faranse equipos. Cada un terá unha ficha para ticar as
balizas/controis e un mapa co percorrido e a localización das balizas. Daranse
explicacións básicas para interpretar o mapa en base a catro aspectos: lenda,
interpretación, orientación e escala. A continuación os equipos sairán, en intervalos de
tempo, acompañados por alomenos dun adulto, para facer a marcha (ao seren unha
marcha non se contabilizará o tempo empregado). Ao remate, no punto de partida, cada
equipo entregará a ficha co ticado das balizas. Se tedes búsola, levádea.

Tedes que levar: Comida, algo de picar, bebida, roupa cómoda, bota
de trekking, gorra e crema solar.

PREZOS:
Socias/os: 10€
Non socias/os: 15€


Data limite de inscrición:
08/09/2021



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net