Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

18-19 de SETEMBRO: PEQUECAMPAMENTO EN PINTENS
18-19 de SETEMBRO: PEQUECAMPAMENTO EN PINTENS
Data:
18/09/2021
DATA: 18 e 19 de setembro
LUGAR: Pinténs - Hio, Cangas
SAÍDA: sábado 18 a  partir das 12 h no cámping Hio *(Posibilidade de ir o venres)
REGRESO: domingo 19  ás 19:00 h

Repetimos zona, volvemos ao camping Hio en Pinténs. Pequecampamento en tenda de campaña, unha fin de semana para descubrir todo o que nos rodea, rutas, praia, e moitas cousas máis.
O sábado faremos unha ruta nocturna ao Facho de Donón (ceamos no Facho, hai que levar a cea) e o domingo disfrutaremos da praia e entorno.

Como recordatorio: tenda de campaña (¿ou queredes durmir ao pairo?), saco de durmir, esterilla, gorra, crema solar, toalla, sombrilla, comida, auga, frontal, etc., e todo o necesario para camiñar cómodo e para darse un baño.

PREZOS:
Socios: adultos 10 €, nenos 8 €;
Non socios: adultos 14 €, nenos 12 €.
Nenos de 0-3 de balde
(estes prezos inclúen só acampada, non incluén o coche)
Nota: Sería posible ir o venres para o camping abonando o prezo de dúas noites.

*Proximamente darémosvos máis información sobre as actividades


Data limite de inscrición:
15/09/2021



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net