Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

25 DE OUTUBRO: PEQUEMARCHA RÍO XABRIÑA. ACTIVIDADE CANCELADA
25 DE OUTUBRO: PEQUEMARCHA RÍO XABRIÑA. ACTIVIDADE CANCELADA
Data:
25/10/2020
ACTIVIDADE CANCELADA
DATA: 25 outubro
LUGAR: Paraños (Covelo)
COMEZO: 10:20H Paraños (Punto de encontro: ás 10:30h ao lado da gasolineira na N120 Km632 aprox. (Seguindo a A52 Vigo-Ourense, tomar a saída 282 en dirección a Santiago de Covelo pola PO5001, no cruce coa N120 dirixirse cara Ponteareas)

REMATE: 18h00 en Paraños

PREZOS:
Nenos menores de 2 anos 0€
Nenos socios: 2 euro
Nenos non socios: 4 euros
Adultos socios con licencia: 2€
Adultos socios sen licencia: 3€
Adultos non socios: 5€

O fermoso río Xabriña espéranos no mes de outubro coas súas augas cristalinas e tonos outonais. Comenzando na parroquia de Paraños realizaremos un roteiro circular por bosque de ribeira, seguindo parcialmente o percorrido do PRG119. O PRG119 foi acondicionado pola Comunidade de Montes de Paraños o que é de agradecer por darnos a oportunidade de coñecer, valorar e conservar a súa/nosa riqueza natural e etnográfica.

Comerase durante o percorrido, levar calzado e ropua axeitada, auga, gorro, crema solar, etc.

Camiñaremos por levadas e pontellas de muiño en muiño. A ver se temos sorte desta vez e vemos como o o muiño do Roupeiro converte o gran en fariña.

Visitaremos tamén o Lagar da Cera e o Centro Interpretativo.

Atención: Prazas limitadas
Data limite de inscrición:
22/10/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net