Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

18-19 DE XULLO: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN EN BAMIO
18-19 DE XULLO: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN EN BAMIO
Data:
18/07/2020
LUGAR: Camping Rio Ulla. Bamio

DATAS: 18 e 19 de Xullo

Este ano voltamos á costa (cámping, praias, illas, churrasco, ….). O lugar escollido é a ría de Arousa, aloxándonos no Cámping Río Ulla (www.campingrioulla.com), situado no lugar de Bamio, na desembocadura do Río Ulla e a 2 km de Carril, onde se atopa a Illa de Cortegada. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12h, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.


PREZOS ALOXAMENTO:
0-5 anos de balde
6-12 anos: Socios de balde / Non socios 8€ 
>12 anos: Socios 10€ / Non socios 15 € 
*Para os que o desexen hai posibilidade de reservar o camping a noite do venres ao mesmo prezo.

**O prezo do coche no camping NON está incluido.


O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar un percorrido pola Ría de Arousa.
PREZOS ALUGUER KAIAK:
Kaiak dobre: 30 € (15€ por persoa)
Kaiak simple: 20 €
Haberá dúas quendas para as saídas en Kaiak.

Hai a posibilidade de visitar a Illa de Cortegada, para o que imos contar cunha embarcación que nos achege ata alí. Haberá 2 saídas: o sábado as 11h30 para facer unha pequemarcha alí e o sábado as 17h00 para unha visita de 2h máis ou menos. Prazo para inscribirse á actividade de Cortegada ata o 14/07
VISITA A ILLA DE CORTEGADA (sábado ás 11h30 e 17h00)
Menores de 3 anos: de balde
Nenos socios: 5€
Adultos socios con licencia: 9€
Adultos socios sen licencia: 10€
Nenos non socios: 6€
Adultos non socios: 12€

NOTA: Ao anotarse hai que indicar as actividades que se queren realizar (sendeiro, bici, kaiak, visita Illa Cortegada)


Agardámoste!!



Agardámoste!!
Data limite de inscrición:
16/07/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net