Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

1-8 DE AGOSTO: MONTAÑA PALENTINA
1-8 DE AGOSTO: MONTAÑA PALENTINA
Data:
01/08/2020
DATAS: do 01 ao 08 de agosto

HORA SAÍDA: 1 de agosto ás 7 da mañá

HORA CHEGADA: 08 de agosto sobre as 20h

Este ano o destino escollido para o verán é a Montaña Palentina. Altas montañas de roca espida, fervenzas, lagos...

Sairemos de Vigo o sábado día 1 de agosto. Chegada a Cervera de Pisuerga sobre as 16h onde estableceremos o campamento.

DOMINGO 02/08: MONTAÑA: Pico Murcia (2.341m) dende Cardaño de Arriba. SENDEIRO: Co grupo de montaña, camiño cómodo ata a base do pico e sendeiro ben trazado. Actividade lineal. 

LUNS 03/08. MONTAÑA: Espiguete (2,450m) tamén coñecida coma o Cervino español. SENDEIRO:Co grupo de montaña cara a Fervenza do río Mazobre, para continuar ata o fermoso colado de Arra.

MARTES 04/08. MONTAÑA E SENDEIRO: Percorrido polo espectácula románico palentino coas súas pequenas, pero moi intersantes ermidas e capelas románicas e prerrománicas.

MÉRCORES 05/08: MONTAÑA: Curavacas, saíndo dende o pobo de Vidreiros, outra das emblemáticas montañs das Palentinas. SENDEIRO: Opción 1: "Senda do oso", sendeiro moi sinxelo con pouco desnivel. Sairemos dende o camping. Opción 2: Sendeiro dende Vidrieras ao Val de Pineda.

XOVES 06/08: MONTAÑA: Peña Prieta, saindo dende Cardaño de Arriba. SENDEIRO: dende Cardaño de Arriba a Pozas Lomas.

VENRES 07/08: MONTAÑA E SENDEIRO: Tejeda de Tosande, partindo de Dehesa de Montejo, por unha pista que nos leva a un impresionante bosque de teixos, dos poucos que quedan.

SÁBADO 08/08: SAÍDA as 9:00 con destino a Vigo con parada para percorrer a paraxe das Tuerces.



Aloxaremonos no Camping Fuentes Carrionas que está á beira do Pisuerga e ao pé da Montaña Palentina. Hai opción de coller bungalow ou en tenda de campaña. Hai 2 bungalows para 4 persoas e 1 para 5. Non esquezades o traxe de baño, xa que ten piscina.



PREZOS:

Bus Socio: 115€ 

Bus Non Socio:135€

Aloxamento:

Bungalow : 175€ semana por persoa

Acampada : 65€ semana por persoa

***Os participantes que non se desplacen dende Vigo no autobús terán que pagar 5€ cada vez que tomen parte dunha das actividades previstas.



Data limite de inscrición:
23/07/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net