Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

14 E 15 DE MARZO: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPAS 13 E 14. ACTIVIDADE CANCELADA POR MOR DO CORONAVIRUS
14 E 15 DE MARZO: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPAS 13 E 14 ACTIVIDADE CANCELADA
Data:
14/03/2020
DATAS: 14 e 15 de marzo
LUGAR: Rugando (O courel)
SAÍDA: 7:00h. o día 1 dende o Club, con parada en Concheiro
CHEGADA: 20:30h o día 2 ao Club con parada en Concheiro
DIFICULTADE: media

Seguimos percorrendo o Xeoparque Montañas do Courel voltando a pernoctar na Ferrería do Rugando.

Están previstas os seguintes percorridos:

Sábado: Ascenso ao Montouto (1.541m) pola devesa do Cervo, coroando opcionalmente o Rinán e a Cova Ladrón e descenso a Vilarmel e Rugando.

Domingo: De Rugando a Soldón da Seara, polo antigo camiño, pasando por Vilarmel, Outeiro e O Mazo.

Cumes e Vales, Érbedos, revolos, carballos, sobreiras e soutos acompañannos no noso camiño

Vivir O Courel, con Montañeiros Celtas!!!

PREZOS
Autobús:
Socios 26€
Socios sen licencia polo club 29€
Socios ata 30 anos: 15€
Non socios: 36€
Aloxamento:Antiga Ferrería de Rugando
Noite en cuarto compartido: 30€
Noite na sala con saco e esterilla: 5€
Acampada: 0€
Almorzo: 5€
Cea: 18€
Media Pensión: 22€

Só hai 24 prazas na Casa Rural en cuartos compartidos. Os demais poderán acampar ou pernoctar con saco e esterilla nunha sala da propria ferrería.
Antiga Ferrería de Rugando


Vive O Courel con Montañeiros Celtasl!
Data limite de inscrición:
11/03/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net