Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Actividades das Federacións

1-2 DE FEBREIRO: PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS - FGM 2020
1-2 DE FEBREIRO: PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS - FGM 2020
Data:
01/02/2020
ORGANIZA:
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO E CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: 1 DE FEBREIRO DE 2020
Villablino (León) - Somiedo a La Cueta

 Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta

Lugar da actividade: Travesía entre O porto de Somiedo - Cueta
Lugar da partida: Santa María do Porto de Somiedo 1.480 m.
Lugar de Chegada: A Cueta 1.446 m.
Data actividade : Sábado 1 de Febreiro do 2020 
Altitude máxima:069 m. Penachana
Desnivel : 960  positivos 1.000 negativos
Horario previsto: esquí: 5 h, raquetas:  5 h
Compromiso: forte
Orientación: SE – SO
Mapa: Parque Natural de Somiedo, A babia e Laciana Norte 1:25.000(andrados)
Dificultade: AD (Algo difícil)  Roteiros que entran xa no ámbito de Esquí de Montaña, pasaxes técnicos, pendentes longas de 35º, con tramos curtos de 40º-50º , a exposición xa é importante.
Para raquetas dificultade media con experiencia en roteiros de sendeirismo e montañismo. Capaz de andar 4 – 6 horas en ascenso percorrendo 600 m a 900 m de desnivel con mochila, sen esquecer o descenso.

Lonxitude total percorrido : 13  
Pendente máxima: 45º pasaxe SO Penacha
Descripción actividade:
Iniciamos o roteiro no amplo camiño que parte do extremo norte de Santa María do Porto Somiedo, , adentrándose polo NE  do Val de Ordial , colado dos pozos Fordachana e dende alí as ladeiras orientadas a SE , pasando por el Putracon 1.913 m. podemos alcanzar a Cima da Peña Salgada,.

Dende alí a primeira baixada pola loma meridional  do Pico, chegando ao fondo do Val de Brañaqueimada.

Dende alí iniciase o ascenso ao Penecha 2.069 m. pasando polo Alto do Rañadoiro 1.747 m., se fai una travesía horizontal a dereita, sen perder altura, e pasa por enriba dunha cabana para subir directamente cara a unha marcada canle profunda e estreita, facela con crampóns e piolet e os esquís na mochila, se é necesario.

Existen varias líneas de descenso, canta máis ao SE son máis fáciles. Despois ven un camiño máis relaxado que percorre todo o val ata chegar a Cueta.

Hora saída: 09:30 horas dende o aparcadoiro preto do restaurante O Coronel Porto Somiedo.
Procurar chegar con tempo xa que non se retrasa a hora de saída, xa que teremos problemas para conseguir sitio para aparcar os vehículos.

Loxística de vehículos: Deixaremos un par de vehículos na Cueta antes da actividade, a primeira hora, que trasladaran despois aos conductores dos outros vehículos que están no punto de saída no Porto de Somiedo.
Material: Deberá levarse material propio para unha actividade de alta montaña en inverno.  Débese revisar que o material de esquí e raquetas está en bo estado. Gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida. Material adicional: Piolet e crampóns. Obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda. 
Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e o lugar da actividad en función das condición metereolóxicas e da neve.
Albergue: dúas noites (venres e sábado) con almorzo a 43,50€
A cea do sábado custa 10,90€ pode encargarse aparte e temos que confirmar o número de persoas.

Camping Laciana Natura.

Dirección: CL-631, 63, 24112 Villablino, León

Teléfono: 620 28 70 72.

Temos reservadas 30 prazas.

Inscripcións :  Enviado a ficha de inscripción cos datos a  Club Montañeiros Celtas ou neste enlace.
Avisos a os participantes: Se abrirá un grupo de Whatsapp, para avisar a os participantes de posibles cambios de data, ou ruta.
Obrigatorio: Ficha Federativa en vigor ano 2020.


Data limite de inscrición:
29/01/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net