Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

15 DE FEBREIRO: CEA ANUAL 2020
15 DE FEBREIRO: CEA ANUAL 2020
Data:
15/02/2020
Coma todos os anos no vindeiro mes de febreiro celebraremos a nosa cea anual na que homenaxearemos os nosos socios que levan 25 anos compartindo momentos e aventuras con todos nós. Os homenaxeados son: Emilio Ballesteros Casal, Daniel Ballesteros Posada, Andrés Ballesteros Posada, Carlos Carracedo Rodríguez, Teresa Díaz-Salgado Pérez, Jose Manuel Suárez Gago, Carlota Mielgo González, Virginia Mielgo González, Alejandra Suárez González, Patricia Suárez González, André Lores Varela e Concepción Núñez Bar.

Este ano a cita para compartir unha boa cea, risas e baile será no Hotel Tryp Los Galeones o 15 de febreiro ás 21h00.

MENÚ 35€:

APERITIVO BENVIDA
ENTRANTES
ROBALIZA Á DONOSTIARRA CON VERDURAS DE TEMPADA ou MEDALLÓNS DE SOLOMILLO DE IBÉRICO AO MEL E MOSTAZA CON PISTO DE HORTALIZAS
BISCOITO DE CHOCOLATE E NOCES CON XEADO DE MANDARINA

MENÚ VEXETARIANO 27€:

APERITIVO BENVIDA
CREMA DE CABAZA E CENOIRA
WOK DE SETAS E CHAMPIÑÓNS
FRESAS CON MOUSSE DE YOGURT

MENÚ INFANTIL(<12 ANOS) 16€:

CROQUETAS E MINI PIZZA
MILANESA DE TERNERA CON PATACAS DADOS
POSTRE

E para continuar o acontecemento, contaremos cunha actuación musical en directo para ben rematar a noite.

Último día para anotarse: 13 de febreiro

Hotel Tryp Los Galeones Avda de Madrid, Nº 21 36204 Vigo




Data limite de inscrición:
13/02/2020



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net