A Asamblea do 25 de Outubro aprobou o Calendario Electoral do que vos imos informando:
-O 26 de Novembro por vacante no cargo de Presidente se procede a constitución dunha Comisión Xestora en cumprimento dos Estatutos do Club, segundo o Artigo 43. A Comisión Xestora está constituida por: Concepción Núñez, Concepción Gilino, Concepción Barciela, Antonio Caldelas, Marcos Rodríguez, Iago Rodríguez, Rosa Soliño, Elvira Álvarez e Juan José Vázquez. As súas funcións son Xestionar o Club ata o nomeamento do novo Presidente e convocar eleccións antes de seis meses.
- Rematado o prazo, NON se presentaron candidatura á presidencia. En próximos días procederase a constituir a Comisión Xestora que convocará novas elección, de acordo co regulamento, no prazo máixmo de 6 meses.
Facemos unha chamada a socias e socios, como asociados temos o dereito e o deber de participar na organización e xestión do Club, se non o facemos o Club desaparece.
-Do 06 ao 17 de Novembro podedes presentar as vosas candidaturas á Presidencia. ANIMÁDEVOS!!
-O 6 de Novembro publicación do Censo Electoral Definitivo.
-O 5 de Novembro último día para efectúar unha reclamación
-O 30 de Outubro tedes á vosa disposición o acceso ao Censo Electoral Provisional
-Asemblea extraordinaria: 25 outubro. Constitución Xunta Electoral
Data limite de inscrición:
17/11/2019