Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Actividades das Federacións

8 DE SETEMBRO: XXXI MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
8 DE SETEMBRO: XXXI MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
Data:
08/09/2019
DATA: 8 de Setembro
LUGAR: San Clodio - Ribas de Sil
SAÍDA: 07h30 de Praza de España
CHEGADA: 20h30 a Praza de España

Tendo presente a importancia da recente declaración de Parque Xeolóxico das Montañas de O Courel pola Unesco, decidimos que a mellor maneira de rendirlle homenaxe a estas terras é organizar alí a Marcha Galega de Montañeiros Veteranos o día 8 de Setembro.
Esta actividade está reservada a federadas e federados pola Federación Galega de Montañismo e que teñan máis de 40 anos.

Programa Día 8
9h15: Recepción Participantes
9:30h: Comezo XXX Marcha Galega Montañeiros Veteranos
14h45: Xantar Conxunto
17h30 Entrega de Agasallos e clausura
A ruta é circular de case 15km e realizarase polo PRG180 que discrure pola beira do Sil a carón do gran meandro de A Cubela, polos bosques de castiñeiros e prados de Castro, Moreiras e Torbeo.

Prezos
- Autobús: 10€
- Xantar:12€

O día 7 propoñemos unha actividade opcional que consiste nun pequeno roteiro para visitar a Mina do Covallón que comezará ás 16h.
- Aloxamento: en Pavillón de deportes e en hotel. O prezo no Pavillón é de balde por xentileza do Concello de Ribas de Sil.
O prezo en Hotel:
cuarto doble 33€
cuarto individual: 22€
Non hai transporte organizado para os que queiran ir o día 7, polo que terán que ir polos seus medios.

ANÍMADEVOS!!


Data limite de inscrición:
23/08/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net