Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Cultural e MedioAmbiente

29 DE XUÑO: PEQUEMARCHA ILLA SAN SIMÓN
29 DE XUÑO: PEQUEMARCHA ILLA SAN SIMON
Data:
29/06/2019
DATA: 29 de Xuño
SAÍDA: 11H do Club (rúa Camelias)
CHEGADA: +- 20H a estación Marítima de Vigo

Para darlle a benvida o verán e xa que non puidemos ir ás Illas Cíes este sábado iremos visitar a Illa de San Simón.
Quedaremos enfrente do Club (na rúa Camelias onde o parque) as 11h. Alí nos subiremos ao autobús que nos levará ao Museo Meirande, onde coñeceremos historias sobre piratas e a batalla de Rande. Despois de visitar o Museo, comeremos todos xuntos e xogaremos mentres que agardamos polo barco que nos levará á Illa de San Simón. Alí faremos unha visita guiada desta pequena pero incrible illa que agocha moitas historias... Ao rematar, volveremos coller o barco que nos levará de volta a Vigo.

Non vos esquezades da comida, auga, gorra, crema solar e de ganas de pasalo moi moi ben!!!

Prazas limitadas
Data límite de inscripción o 27 de xuño

PREZOS:
NENOS SOCIOS: 5€
NENOS NON SOCIOS: 7€
ADULTOS SOCIOS: 10€
ADULTOS NON SOCIOS: 13€



Data limite de inscrición:
27/06/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net